..."A aplicación dese plan de emerxencia incluía a evacuación de case 2 millóns de persoas (varios centos de milleiros en menos de tres horas), máis do 15% da poboación total, cara a lugares menos expostos ao paso do furacán; unha operación de evacuación na que non só foi evacuado todo o mundo, incluídos os internos en hospitais e nos centros escolares, que foi maioritariamente (78%) acollido nos fogares doutros cubanos, senón que mesmo as aves de curral e os animais domésticos foron sometidos a ese estrito plan de evacuación. As consecuencias son por todos coñecidas: ninguén morreu logo de que Iván azoutase a illa con ventos de 270 Km/h e rachas de 325 Km/h durante tres días. Non en van, a ONU declarou que "Cuba é un exemplo na prevención de riscos por furacáns, demostrando que é a vontade política e non a abundancia de recursos o que determina a capacidade de reaccionar ante os desastres naturais"... "...se os feitos serven para mostrar algo, isto é que o modelo socialista de prevención de desastres naturais posto en marcha polo Goberno cubano demostrouse máis eficaz no que á salvación de vidas se refire que a ausencia de modelo propio do neoliberalismo."
(ollo á fonte do artigo, "El Correo Gallego")
1 comentário:
A ver se aprenden alguns para ben dos inocentes.
Un saudo.
Enviar um comentário