Quintana pensa coma min, cousa rara ;-P
"Á cabeza de semellante procesión de lamentos, desfilan moitos de cantos formaron a procesión dos caladiños que mirou desarmar en silencio algunhas das empresas que formaban a vangarda da economía productiva galega nas décadas dos oitenta e dos noventa. Fan o que con demasiada frecuencia temos por costume facer por aquí: lamentarse polo leite derramado e desperdiciar tempo e forzas preciosas ou na procura de culpables entre a lista de sospeitosos habituais ou en queixarse do destino dos galegos." Gallaecia fulget, Anxo Quintana
Camilo Nogueira tamén fala
Madrid, Camilo Nogueira
Hoxe na Radio Galega facían a imitación de P.Vázquez pedíndolle ao Florentino Pérez que lle cambiara o nome e lle chamara Fenuestra, rir por non chorar. Se as dúas principais caixas o tentaran xuntas, (posibelmente) agora en Madrid a quen lle ían mercala luz? aos cataláns, aos galegos ou aos vascos? Iso si que ía ter graza.
No diario gratuito Qué! , lin unha carta falando deste tema. Qué asco, JOSÉ CARLOS VALEIJE PÉREZ (VIGO) Polo título pensei se pasou por eiquí, non sei.
Sem comentários:
Enviar um comentário