2.9.05

A Miña Seleción


O meu 11

Porteiro:
Roberto(Sporting)
Defensas: M.Salgado(R.Madrid), Q.Álvarez(Villareal), Rubén(R.Madrid Castilla), I.Bouzón(R.Huelva)
Medios: Oubiña(Celta), Borja(Mallorca), Jonathan(Celta), Nano(Getafe), Fran(ex-Deportivo)
Dianteiro: Nacho Novo(G.Rangers)
(Premer na imaxe para ampliar)
Convocabeis:

Porteiros: Dani Mallo(Deportivo), Diego López(R.Madrid), Aragoneses(Elche), José Juan(C.Murcia), Bello Amigo(P.Ejido), Queco Piña(R.Ferrol), Rubén(Barcelona B)
Defensas: Capi(Zaragoza), Manuel(Eibar), Noguerol(Elche), Aira*, Carlocho e J.Rodríguez(R.Ferrol), P.Coira(Alavés?)
Medios: David Fernández(Celtic), Isaac(Celta), Iván Carril(Deportivo), Julio Álvarez(Murcia), Diego Castro(Málaga B), Corredoira(Numancia), Juanito(R.Ferrol), Viqueira(R.Huelva)
Dianteiros: Pablo Couñago(Málaga), Losada(Valladolid), Changui(Grecia), Moisés(R.Ferrol), Maikel(Tenerife)*, Alexandre Geijo(Xerez)*

*:Na dúbida

Aira nado en Ponferrada(O Bierzo), ex-Depor
Maikel nado en Alemaña, ex-Depor
Alexandre Geijo Pazos nado en Suiza
(pais galegos?)

Podería?
Valdo(Osasuna) nado en Villablino(O Bierzo)

A ter en conta
Fran, Otero, Marcos Vales, Nacho(Compostela)...Non puideron
Galegos polo mundo, emigrantes, fillos de galegos. Ligas extranxeiras como a Suiza...
Xogadores do Celta B, Pontevedra e Ourense.

Quen é Pablo Álvarez
? este?

Adestradores: Arsenio, F.Vázquez, F.Castro Santos, David Vidal, Irmáns Veiga, Luis César, J.Carlos Mendía. Unha opción en pran Vialli sería "O neno" de adestrador/xogador.

A mascota de aduaneiros sem fronteiras
A imagem “http://aduaneirossemfronteiras.org/imaxes/castanhinho.png” não pode ser mostrada, porque contém erros.

Actualizando:
1.-Pablo Álvarez aínda que naceu en Oviedo, é fillo de galegos e viviu na nosa terra. No Sporting chámanlle "galleguín", "gallegol"...(Marca)
2.-Ricardo Cabana, fillo de pai galego. É internacional con Suíza. (María Yáñez)
3.-Outro posíbel adestrador: Luis Suárez

10 comentários:

Anónimo disse...

Esa ficha de Pablo Alvarez está mal. Pablo Alvarez (Pablito) naceu en Lugo, estudiou nos Franciscanos e xogou, ademais do seu colexio, na Comercial e creo que tamén nas categorías inferiores do C.D.Lugo. Isto último non o teño seguro pero vino xogar varias veces coa selección de Lugo entre outros con Trasorras (que se marchou ó Barsa) e con Mateo (que se fora ó Madrid). Recordo un partido contra a selección da Coruña na que xogaba Nano, que tamén marchou ó Barcelona e agora está no Getafe

Colazo disse...

e que é de Trasorras e Mateo?

Anónimo disse...

(son o anónimo do primeiro comento)
Parece que, efectivamente, Pablo Alvarez naceu en Oviedo, aínda que pasou toda a súa infancia e adolescencia en Lugo. Ademáis de darlle ben ó futbol polos anos 90 a 95 tamén practicou atletismo, destacando nas probas de medio fondo (creo que foi campión galego de 1000 metros e participou en compeonatos estatais sub-14).
De tódolos xeitos os futbolistas lucenses máis destacados dos anos 93 a 96 nesas categorías eran Roberto Trasorras do Rácing Vilalbés e Miguel Mateos (que non Mateo) do C.D.Lugo. Trasorras, despois de estar varios anos becado na Masía e xogando nos equipos inferiores do Barsa (entre eles no filial de 2ªDivisión B) fichou polo Real Madrid e na tempada pasada participou no ascenso do filial a 2ªDivisión A. Non sei onde está esta tempada. Creo que se foi do Madrid.
Miguel Mateos fixo o camiño inverso: do Lugo pasou ó Real Madrid e anos despois ó Barsa, con algún período intermedio no Lugo. Non tivo sorte por culpa das lesións e coido que está retirado.

Anónimo disse...

Pablo Álvarez nació en Oviedo, sí, pero vivió hasta los 18 años en Lugo. Se marchó a Mareo nada más terminar COU junto con Gayol (con el que coincidió en el juvenil del Lugo). Aquel equipo tenía también a Alex Lombardero (campeón del mundo con la selección española) e incluso jugó algún partido con ellos Diego López (segundo portero del Real Madrid esta temporada). No contéis con él para la selección gallega. Su familia es de raíces asturianas y orgullosos que se sienten. Pablo ya ha jugado con la selección asturiana.

Trashorras creo que se ha ido al Olimpique de Marsella. Mateos se sigue arrastrando por lo campos. Ahora juega en O Val, en tercera división. Con Materos más que las lesiones, lo que pesa es lo jueguista que es. El año pasado estaba en el Vilalbés en Preferente.

Anónimo disse...

Non empecemos co do celtismo e deportivismo, falamos de selección galega, todos son galegos, e todos os que formen parte da selección serán para nós o millor, empezaran onde empezaran e veñan do equipo que veñan.

Que cada un tira polos xogadores que máis coñece é normal, eu son deportivista e non coñezo se son millores ou peores algúns dos xogadores que se poñen coma once titular, pero unha vez un seleccionador de confianza decida cales son, para min serán os millores, ainda que sexan todos do celta, do pontevedra ou do compostela.

Eu, recoñecendo que quizais a súa evolución non foi moi afortunada, teño unha predilección especial por David (Celtic), é do millor xogador daquí que vin xogar despois de Fran. Tamén gosto bastante do chino Losada, quizais coma segundo dianteiro con Nacho Novo.

Outro caso aparte é o de Michel Salgado, non o podo ver diante, pero se ten que xogar, pois que xogue (eso sí, se él quere representar a Galiza).

Coma entrenador descartaría a Luis Suarez, polo pouco que tirou dende sempre pola terra (nin coma xogador nin incluso sendo seleccionador español). Gústame David Vidal, o resto das opcións tamén me valen, menos o de xogador entrenador, que o neno coma entrenador ainda non fixo nada (e non sei se o fará algún día).

Anónimo disse...

Concordo totalmente co comentario de "birnarem". A min con Michel Salgado pásame o mesmo ca tí, pero hai que recoñecer que hoxe en día é o mellor lateral dereito posible para a selección galega. Outrra cousa é que un medio facha ultrasur queira xogar con Galiza. De seleccionador gustaríame máis Arsenio ou Fernando Vázquez.

Anónimo disse...

Eu penso que se Salgado non quere xogar podería entrar como lateral dereito Manuel Castiñeiras (Eibar)ou Coira (Alavés?). Non sei se pode xogar Quique Álvarez, porque xa participou con Cataluña.

Roberto Iza Valdés disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Roberto Iza Valdés disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Unknown disse...
Este comentário foi removido pelo autor.