21.9.05

Contra-Concertos, parabéns pola iniciativa

Actividades contraculturais autoxestionadas nas festas de Lalín (Pontevedra) para facer fronte por 7º ano consecutivo a unhas festas roubadas ao pobo polo concello do PP. Nove grupos de diferentes procedencias para os que disintan da festa oficial.

FESTAS SI... LUITA TAMÉN
'Os festexos son nosos e non dos poderosos'

VII ANTI-CONCERTOS (Setembro 2005)

SÁBADO 24 ás 23h
---------------------------------------------------
SOAK (Punk-Rock do Morrazo)
TIRO NA TESTA (Punk-Rock de Lalín)
SKACHA (Street-Punk de Vigo)
PUAGH! (Hardcore de Valladolid)

DOMINGO 25 ás 23h
---------------------------------------------------
ÚLTIMA SAKUDIDA (Punk de Lalín)
OFENSIVA (NY-HardCore de Vigo)
SKARMENTO (Punk de Donramiro)
ICTUS (Hardcore de Lugo)
HACHAZO (Brutal-Punk de León)

en LALÍN - Pontevedra
No Pavillón do antigo Colexio Manuel Rivero

Á entrada e de 3 €uros por día
bebidas a prezos populares

ao rematar NON haberá DJ's...
pero continuará a festa con punkchadiscos

Organiza: A.C. Revuelta en el Frenopático

Estas actividades contraculturais non están subvencionadas ni nada polo estilo, máis ben todo o contrario, así que pedimos a colaboración de todos e todas para que saia adiante o mellor posible, además temos que competir coa programación oficial do Concello, que se apropiou fai anos das festas que deberían ser do pobo...
Seguimos por 7º ano consecutivo plantándolle cara, esta vez nun pabellonciño pequeno moi acorde para a situación. En boca do Concellal de festexos (manda carallo, temos a un tio cobrando por facer unha festa para uns poucos), o dos anticoncertos é "una estupidez propia de gente estúpida" así que pedimos a todos os estúpidos que se acheguen ata Lalín a pasar unha boa festa montada sen o amparo dos políticuchos.
http://galiza.indymedia.org/gz/2005/09/4548.shtml

Sem comentários: