"Entre os receptores de mariscos pagados con fondos do Concello de Viveiro, figuran tamén a ex conselleira de Familia Manuela López Besteiro; a esposa dun ex director xeral de Defensa, Beatriz Dávila; a cuñada dun ex director de Costas, Amalia García Otaiza; e os sogros de Rodrigo Rato." "Foi xente que se molestou, que suspendeu as súas vacacións ou as demorou para favorecer ao pobo de Viveiro con concesións e cousas que hoxe poden valer máis de 13.000 millóns de pesetas, razoou no seu momento o ex alcalde." 11/05/2006 Arquivada a querela contra Aja por regalar marisco con cargo ao Concello
Creo, ou mellor dito, teño a seguridade de que os conselleiros, directores xerais, ministros... tódolos cargos políticos, cobran un bo soldo sen necesidade de mariscadas ou piscineos con cartos públicos para que fagan o seu traballo. E se precisan destes agasallos ou peloteos, que o digan antes de presentarse a unhas eleccións.
Non entendo coma o PSOE(con todo o poder mediático afín que ten) lle permite ao PP facer oposición co tema de ETA. Comparando o nº de asasinados con Aznar e con Zapatero, Iñaqui Bilbao ceibe/de Juana Chaos preso, Aznar negociou co "Movimiento de Liberación Nacional Vasco (MLNV)" e Zapatero con ETA, o primeiro acercou presos e ceibou a outros etarras, o segundo referiuse ao atentado da T4 coma un "tráxico accidente"(e de feito ETA avisou pero xogando con lume, xa se sabe). Despois da negociación, Otegui no cárcere e agora case toda a cúpula de Batasuna facéndolle compaña. E de que vale isto? Cando a militancia escollerá outros representantes. Non sei até que punto se puido chegar na negociación pero este PSOE, xa se viu co estatut, ás primeiras de cambio frea e dá a volta. O peor de todo, é que a Xustiza segue indo da man da actualidade política, queimar un retrato do rei(ou de calquera outra persoa) nunca podería ser un delito no século XXI, e máis en Europa. Faime graza escoitar a un Rajoy como querendo dicir que con el iso non pasaría, dan gañas de recibilo queimando fotos súas, pero coma estou contra o cambio climático, eu racharía as fotos e tiraríaas nun contedor amarelo. Vaia defensa da monarquía a do PP, cando non din nada de "Don Federico, que pediu desde as antenas da COPE a abdicación do Rei Juan Carlos, insinúa abertamente que o monarca foi o auténtico muñidor do intento de golpe de estado do 23-F." Ou a outro notas vido de Madrid para dicir "hoxe atopámonos cun nacionalismo máis radical en Galicia". O Bloque tiña que mandarlle ao Beiras ao senado. Despois para profundar no esperpento Rajoy quere buscarlle unha letra ao himno español, por moito que lle poña esa letra, nunca vai soar ben, musicalmente o himno español é anti-létrido. Ou o da ausencia das bandeiras nalgúns concellos, non só porque cando gobernaba Aznar iso xa sucedía, senón porque nalgúns dos concellos do PP aínda hoxe non ondea. En Libertad Digital dende esta foto a esta(onde parei), xa contei 12 concellos pepeiros violadores da lei.
"Somos España", velaí o lema do PP xurdido das "Nuevas Generaciones" para o 12 de Outubro. E que mellor proba de que Galiza non é España que o cartaz pretendido en galego. A nosa casa, a nosa Nación é Galiza e a nosa xente é o pobo galego, que non ten nada que festexar o 12 de Outubro. Con outro cartaz xustifican os FrFr(freaks franquistas) noutra recente e descoñecida asociación, a falta que fai o mínimo do 50% das materias en galego. Os galegos entendémonos pailáns!! Seica, o COE e a SGAE inician o camiño para pór letra ao himno nacional. Pois eu xa atopei unha que me gosta
Por que entón non se pon un límite as vivendas adquiridas por persoa(ou parella) nunha cidade? Por que non se lles obriga(multándoos) a alquilar(fixándolles un prezo máx.) aos propietarios de "x" pisos(senón os están cobrando xa en negro)? En Galiza hai 229.360 vivendas baleiras(das 1.308.363 existentes), en Vigo 17.846 dun total de 122.538(Datos do INE no 2001). Co 14'56% dos pisos baleiros a quen lle pode sorprender o tráfico que temos en Vigo?
Agardo que o mínimo lóxico sexa poder renunciar a cobralo plus e que isto sexa de obrigado cumprimento nos ex altos cargos do Bloque. Sería unha controversia, posto que foi unha emenda coa que os nacionalistas non estiveron de acordo A ver como reaccionarían despois o PP e o PSOE, se o BNG lle demostra a sociedade que eles si "son diferentes".
Tamén dubido da capacidade dun cativo de idade menor ou igual a 3 anos para aprender o hino e menos para comprendelo. Hainos maiorciños que din que insulta aos que non entenden o galego, a todo o mundo menos á lusofonía?... Hai que ser iñorante, e féridos e duros, imbéciles e escuros. Tampouco son partidario de ter que aprendelo como obriga xeral no ensino, si de que un mestre de galego de forma particular lle obrigue a aprendelo hino ou o poema d'Os Pinos, como a min me fixeron coa "Canción del pirata"(con diez cañones por banda...). Si a que se coñezan os Símbolos de Galicia ou a que se cante o hino en actos sinalados(Día das Letras Galegas, ao inagurar o novo curso escolar... ) de memoria ou léndoo. Cando sexan políticos, galegos comprometidos... xa darán exemplo de que o saben. Ou a que un mestre de historia, galego ou castelán, lles amose a definición de nación polos dicionarios da RAG e a RAE e lles abra a xanela para que vexan ou non a nación galega. Aínda que para min chegue con ver que nun territorio hai unha xente que fala maioritariamente un idioma que crearon e evolucionaron eles mesmos, sen ter sido este idioma imposto. Hai algo que une a un pobo nun territorio. A que lles faleda participación de Galiza no IX Congreso de Minorías Nacionais Europeas, organismo adxunto á Sociedade das Nacións, reunido en Berna (Suíza) do 16 a 18 de setembro de 1933. A que lles amose Galiza, a que lles aprenda a respectala, a disfrutala e a compartila.
Tampouco me gosta falar de galeguizar apelidos(de forma voluntaria), cando do que se trata é de des-castelanizar apelidos galegos. Ou o de chamarlle ás escolas infantís normais en Galiza, galescolas. E o que menos me gosta, que ao que eu votei se lle contaxie a demagoxia "para o PP o himno galego é igual que un eructo". Somos diferentes, sodes diferentes Quintana!! Coma se nos fixera falta...