29.9.05
O Coltan
Interesante o que nos conta Imeneo. Non estaba eu ao tanto deste novo petroleo das tecnoloxías.
Arredemo a piques
Hoxe recibín un correo deles, é iste:
Olá, xente. Sen tempo non era, que din @s asisad@s. Aquí estamos de novo despois da parálise posfraguista e o verán máis infernal do século. Como tal vez saibades, o suceso da campaña de HQB atraiu sobre nós o pérfido ollar de moreas de hackers otomanos que acabaron por reventar o noso pequeno mais activo refuxio na rede. O nível de seguranza, nulo, acabou por nos pasar factura. Os destrozos foron relativamente poucos. O módulo de novas, onde está rexistrada a curta biografía de Arredemo, foi abaixo. Porén, o departamento de arqueoloxía arredema está xa a traballar na recuperación da nosa memoria inmediata, que iso de perder a memoria tan axiña non pode ser bó.
Pero ao que imos. Xa antes do ataque, a idea que bulía nas cabesiñas máis técnicas da república arredema era mudarnos a outro xestor de contidos máis acorde ás nosas necesidades e cun uso máis accesible e, xa de paso, máis seguro. E a iso estamos. De aquí a pouco Arredemo estará de novo operativo cun novo pelexo que esperamos sexa do voso agrado, unha vez que os nosos técnicos máis espelidos acaben de desañalo .
A partir de agora imos abrir tamén un proceso de redefinición do proxecto Arredemo no que esperamos seguir contando coa vosa participación. Neste sentido a idea é organizarmos o segundo encontro físico onde apuntalar as liñas a seguir no proceso de organización da rede socio-cultural. Cando o web comece a funcionar poderedes ter toda a información á vosa disposición e aportar ideas a través dos foros e as outras seccións.
Así que, en fin, estamos de regreso, e a parte de pedirvos desculpas por este mes e medio de silencio e un pouco máis de paciencia ata completar o traspaso, queremos anunciarvos que Arredemo entra nunha nova andaina na que todas e todos estades convidados a participar.
Para calquera cuestión lembrade que a conta de correo info@arredemo.info continúa operativa, e prometemos avisar cando o novo sitio arredemo funcione.
Un grande abrazo desde o lado escuro da forza.

27.9.05
Rematou o verán
Aínda que faga bo tempo e algúns sigan indo á praia.
"Aos señoritos non lle gosta a choiva, pero góstanlle as patacas"
Aprobeito para pendurar unhas fotiños, deben ter tres anos, están feitas ca cámara dun siemens s55.
Praia da Fonte(Vigo) con Cangas ao fondo, e a mesma praia pero cas Illas Cíes á vista.
Premer nelas para ampliar

O portal galizalivre.org destruido
Fai uns días que o tiña engadido, na web pódese ler o seu comunicado.
Hai xente que non respeta a liberdade de expresión, hai xente que lle fode moito que na rede podamos falar do que nos dea a gana. En fin, solidarízome co portal Galiza Livre e que para a próxima teñan todo ben gardado.
Aínda que non puideron identificar "feacientemente" a orixe do ataque, galizalivre.org lembra o acoso que sufriron nos últimos tempos por "instáncias policiais, grupos mediáticos e a própria Justiça espanhola" (Vieiros)

Que noxo (II)
Quintana pensa coma min, cousa rara ;-P
"Á cabeza de semellante procesión de lamentos, desfilan moitos de cantos formaron a procesión dos caladiños que mirou desarmar en silencio algunhas das empresas que formaban a vangarda da economía productiva galega nas décadas dos oitenta e dos noventa. Fan o que con demasiada frecuencia temos por costume facer por aquí: lamentarse polo leite derramado e desperdiciar tempo e forzas preciosas ou na procura de culpables entre a lista de sospeitosos habituais ou en queixarse do destino dos galegos." Gallaecia fulget, Anxo Quintana
Camilo Nogueira tamén fala
Madrid, Camilo Nogueira
Hoxe na Radio Galega facían a imitación de P.Vázquez pedíndolle ao Florentino Pérez que lle cambiara o nome e lle chamara Fenuestra, rir por non chorar. Se as dúas principais caixas o tentaran xuntas, (posibelmente) agora en Madrid a quen lle ían mercala luz? aos cataláns, aos galegos ou aos vascos? Iso si que ía ter graza.
No diario gratuito Qué! , lin unha carta falando deste tema. Qué asco, JOSÉ CARLOS VALEIJE PÉREZ (VIGO) Polo título pensei se pasou por eiquí, non sei.

25.9.05
"Por amor a España, casarse siendo homosexual"
Falando de Rajoy, Carlos Alberto Biendicho da Plataforma Popular Gay.
O documento sonoro pode descargarse eiquí .
De ser certo, semella que cada vez quedan menos dúbidas, os votantes do PP deberían estar orgüiosos do seu lider e do seu partido.
Traicioarse a si mesmo, casarse e ter fillos para poder chegar lonxe no partido?. Moi cristiano, moi ben Mariano.

Que noxo
A algúns venlle na madurez a conciencia de ser galegos. Vaia..., a boas horas e aínda por riba para criticar, sen ver que forman parte dos mesmos acomplexados.
"me alegré como si fuera mi dinero, porque era dinero de mi tierra, que haría volver a mi tierra los beneficios de la energía de mi tierra que se produce sobre los valles inundados de mi tierra" (Fernando Ónega)
"esperanzas en el progreso de esta comunidad autónoma no se puede entender que el sector energético sea enajenado al capital gallego. Galicia no cuenta en la energía a pesar de lo que le ha sacrificado: tantos valles inundados por embalses, el curso de infinidad de ríos que podrían tener un extraordinario valor turístico, de ocio o paisajístico. A la producción de energía dedicamos también nuestros recursos mineros. Por su sostenimiento soportamos la pérdida de calidad de nuestra atmósfera. Más recientemente, con los parques eólicos, le ofrecemos las cumbres de montes interiores y costeros, restando posibilidades de uso a enclaves naturales de primer orden." (Santiago Rey Fernández-Latorre)
"Los grandes empresarios de Galicia, aun teniendo hoy en día más cash que los catalanes, van por libre, no tienen un proyecto de país en su cabeza, y conviven con políticos grises de Segunda B, cuya influencia en Madrid es nula y cuya política interna carece de perspectiva." (José Luis Gómez)
Cando tantos renegan da lingua dos seus pais dificilmente van ser nacionalistas ou pensar coma galegos(Eu mesmo)
Estaremos a tempo para "Un País Novo"?
Actualizado 27/7/05
Capitalismo sentimental vs Pero España existe
No combate, o segundo artigo gaña por KO no primeiro asalto.

22.9.05
Galiza vs Uruguay
"Sería bo que existise a posibilidade de disputar torneos oficiais. Escocia ou Gales fanno e non pasa nada. Gostaríame que aquí sucedera o mesmo e que Cataluña, Euskadi ou nós enfrentarámonos a España en Mundiais ou partidos de clasificación. Iso non significaría falar de separatismos nin nada parecido" "Que pense isto non significa que vaiamos entrar en polémicas. Limitarémonos a xogar amigables e punto. Non tentaremos chegar máis alá" (Santiago Domínguez Olveira)
A Absenta ausentoume
Miúda borracheira adolescente collín a semana pasada. Unha festa na casa(mansión playboy) dalguén dos que ledes este blog. E alí a coñecín, sen apenas presentación mandeille o pelotazo. Outros factores(nunca drogas) puideron influir e acelerar o desencadeante, non sei, o caso é que acabei na cama antes de tempo.
Interesante historia a desta bebida:
esta versión aínda debe ser mellor
Interesante historia a desta bebida:
esta versión aínda debe ser mellor
Blogueiros doutros "lares"
Pura casualidade supoño, onte alguén chegou ao meu blog dende estas dúas bitácoras:
http://fetichesexual.blogspot.com
http://smdani.blogspot.com/2005/07/daniel-pajuelo-vazquez-presentacion.html
semella que os seus autores non teñen nada en común, ou si, quen sabe...

21.9.05
Guillermo Cabarcos
Este galego ex-mineiro de Endesa voará do norte ao sur do continente Americán, no "avión monomotor máis pequeno do mundo, pero é moi rápido"
E de seguro que o conseguirá, voa dende 1978 e constrúe as súas propias aeronaves. Chamaralle a súa aventura "Galegos polo mundo" e o 31 de Decembro sairá dende a Patagonia.
Máis información premendo na imaxe

Acedre saúdao cando o vexas pasar
Se vai por riba do Cabo Cañaveral que lle deixe caer un mapa da nosa terra, o que teñen...

Que lembranzas
De cativo, ver ao Mago Antón dende o balcón. Os seus trucos, o demo, o Facundo... nun espectáculo ao ar libre en fronte da miña casa, que luxazo!! Despois tamén iría velo pagando, nunha carpa que montou nunha xira.
Lembreime del por esta entrevista
Recomendo entrar na súa web e baixar os videos de balde(premer nas imaxes, non nos nomes do video). O video do acidente aínda me impresiona agora, vaia axudantes...
O seu mestre semella unha gran persoa(que aprenda Rouco Varela, Gea Escolano...), soaravos da TVG.

Lentes coma pantalla virtual !!
Xa estamos na era "Star Trek" ?
Estas aínda son cantosas de máis, pero en pouco tempo poderemos estar vendo unha película x, un partido do Celta, o meu blog ;-) ... mentres simulamos estar atendendo ao de en fronte.
No mundo seguirá habendo xente sen auga corrente, morrendo de fame. Vivindo no analfabetismo, rodeado de guerras e privados das posibilidades do seu país.
Tan triste coma real

Contra-Concertos, parabéns pola iniciativa
Actividades contraculturais autoxestionadas nas festas de Lalín (Pontevedra) para facer fronte por 7º ano consecutivo a unhas festas roubadas ao pobo polo concello do PP. Nove grupos de diferentes procedencias para os que disintan da festa oficial.
'Os festexos son nosos e non dos poderosos'
VII ANTI-CONCERTOS (Setembro 2005)
SÁBADO 24 ás 23h
---------------------------------------------------
SOAK (Punk-Rock do Morrazo)
TIRO NA TESTA (Punk-Rock de Lalín)
SKACHA (Street-Punk de Vigo)
PUAGH! (Hardcore de Valladolid)
DOMINGO 25 ás 23h

ÚLTIMA SAKUDIDA (Punk de Lalín)
OFENSIVA (NY-HardCore de Vigo)
SKARMENTO (Punk de Donramiro)
ICTUS (Hardcore de Lugo)
HACHAZO (Brutal-Punk de León)
en LALÍN - Pontevedra
No Pavillón do antigo Colexio Manuel Rivero
Á entrada e de 3 €uros por día
bebidas a prezos populares
ao rematar NON haberá DJ's...
pero continuará a festa con punkchadiscos
Organiza: A.C. Revuelta en el Frenopático
Estas actividades contraculturais non están subvencionadas ni nada polo estilo, máis ben todo o contrario, así que pedimos a colaboración de todos e todas para que saia adiante o mellor posible, además temos que competir coa programación oficial do Concello, que se apropiou fai anos das festas que deberían ser do pobo...
Seguimos por 7º ano consecutivo plantándolle cara, esta vez nun pabellonciño pequeno moi acorde para a situación. En boca do Concellal de festexos (manda carallo, temos a un tio cobrando por facer unha festa para uns poucos), o dos anticoncertos é "una estupidez propia de gente estúpida" así que pedimos a todos os estúpidos que se acheguen ata Lalín a pasar unha boa festa montada sen o amparo dos políticuchos.
http://galiza.indymedia.org/gz/2005/09/4548.shtml
FESTAS SI... LUITA TAMÉN

20.9.05
17.9.05
E que lle faría o BNG?
A Brigada Antilumes de Pantón sabotea mural de Galiza Nova
Aprobeito para colgar algunha análise dos incendios:
As tres pragas que provocan o lume
Hai un plan para que non arda o monte?
As tres pragas que provocan o lume
Hai un plan para que non arda o monte?
López Veiga, o candidato discreto
"Se debe evitar transmitir la impresión de que se obtengan beneficios indebidos a razón del cargo"
perdinlle o rastro á foto da xura da bandeira, unha mágoa
16.9.05
Todo un presidente dos USA
"¿El mundo está en manos de un tipo que no sabe cuándo puede ir a mear?" (Xornal.com)
Bush pidiu permiso para ir ao baño a súa secretaria de Estado, Condoleezza Rice.

"Penso que necesitaría un descanso para ir ao baño, ¿é posíbel?"
14.9.05
‘Katrina’ e ‘Iván’: dous modelos, dous países
..."A aplicación dese plan de emerxencia incluía a evacuación de case 2 millóns de persoas (varios centos de milleiros en menos de tres horas), máis do 15% da poboación total, cara a lugares menos expostos ao paso do furacán; unha operación de evacuación na que non só foi evacuado todo o mundo, incluídos os internos en hospitais e nos centros escolares, que foi maioritariamente (78%) acollido nos fogares doutros cubanos, senón que mesmo as aves de curral e os animais domésticos foron sometidos a ese estrito plan de evacuación. As consecuencias son por todos coñecidas: ninguén morreu logo de que Iván azoutase a illa con ventos de 270 Km/h e rachas de 325 Km/h durante tres días. Non en van, a ONU declarou que "Cuba é un exemplo na prevención de riscos por furacáns, demostrando que é a vontade política e non a abundancia de recursos o que determina a capacidade de reaccionar ante os desastres naturais"...
"...se os feitos serven para mostrar algo, isto é que o modelo socialista de prevención de desastres naturais posto en marcha polo Goberno cubano demostrouse máis eficaz no que á salvación de vidas se refire que a ausencia de modelo propio do neoliberalismo."
(ollo á fonte do artigo, "El Correo Gallego")
13.9.05
"O ano do noso poeta nacional"
Titular do Galicia-Hoxe(Grupo Correo Gallego):
"O ano do noso poeta nacional"
Un bo síntoma do cambio, ogallá non quede en convenencias de turno. O nivel cultural deste xornal estame gostando moito, hai bos profesionais detrás. Por certo, engadín novas ligazóns a medios de comunicación galegos, están ao principio. Galicia-Hoxe merecíao.
*Tamén hoxe a popular madrileña Esperanza Aguirre sitúou aos cataláns fora da súa nación.
"O ano do noso poeta nacional"
*Tamén hoxe a popular madrileña Esperanza Aguirre sitúou aos cataláns fora da súa nación.
"Uso preventivo" de armamento nuclear
O que nos agarda
Países e organizacións terroristas das que os informes dos EEUU afirmen que posúen armas de destrucción masiva poden ser obxetivo do "uso de armas nucleares se é necesario" cando falle a "disuasión baseada na ameaza de destrución", segundo o proxecto secreto do Pentágono que foi feito público este domingo polo Washington Post. O informe recomenda a utilización en caso da arma atómica en caso de "ataque inminente de adversarios con armas biolóxicas". (Vieiros)

11.9.05
Fodédevos!! Iste Celta apunta
EL 2-3 DEL CELTA NUNCA DEBIÓ SUBIR AL MARCADOR(Marca)
Un claro penalti de Placente sobre Baptista permitió a Ronaldo firmar el empate(As)
O penalti de Placente non existiu tampouco, a victoria do Celta foi xusta a do Depor...
E outra vez Luar...
Lémbrome do último mitin do Beiras(coma candidato á Xunta) en Vigo, no que un que saltara á palestra lograra uns fervorosos aplausos cando prometeu quitalo Luar da TVG.
Pois ben, 8 anos despois, temos cambio(daquela maneira) e o venres volveu Luar, volveu a discoteca Dona Dana, volveu Gayoso, e as actuacións musicais de sempre(40 principais e vellas glorias españolas).
Por suposto que non estou en contra de programas para a meirande parte da poboación, nin de espazos adicados ás nosas tradicións. Pero o formato Luar non ten evolución posíbel, o presentador(igual co SuperPiñeiro) precisa un descansiño. Fai falla un novo espazo onde teña cabida a nosa música(actual e tradicional), música portuguesa, brasileira e internacional(a hispana asolaga tódolos medios estatais), a nosa cultura e tradición, contacontos, humor, retranca...
Presentador/a/es? Beatriz Manjón e Quico Cadaval(compañeiros da pluma), diferentes e co seu particular atractivo.
O nome para ese programa para tódolos públicos, "Festa Rachada". Rachemos co Luar!!
*O Vai de Baile seguiría.
**As versións de cancións galegas por Bustamante, Rosa... non.
***A versión do tren de Andrés do Barro por Sergio Dalma tampouco.
****As chamadas telefónicas na madrugada, os sms... nunca mais.
9.9.05
Katrina
-¿Cuándo unas terribles inundaciones asolaron Austria y Alemania este verano no hubo saqueos ni asesinatos. Tampoco están ocurriendo en las actuales inundaciones de Japón, como tampoco ocurrieron en el trágico tsunami de diciembre. Sin embargo, si se dieron a gran escala en Nueva Orleans, una ciudad de mayoría negra y administrada y gobernada también por negros. ¿Prejuicios racistas míos, quizás?
*Desconozco si usted tiene prejuicios racistas. El dato en cualquier caso es el dato.
-Diversos periódicos australianos, ingleses, la página web de la Fox, e incluso Reuters han recogido testimonios de turistas que estuvieron en Nueva Orleans, donde decían que los saqueadores y asesinos negros, tuvieron a los blancos como presas predilectas al grito de "Kill the whitey".¿Por qué silencian esto la mayoría de los medios?
*Desconozco el dato, pero sí es cierto que en no pocas ocasiones determinadas informaciones no se dan por temor a parecer racistas. Sucede igual con los delitos en la actual Suráfrica de los que no se suele hablar por no dar la impresión de estar contra el gobierno negro.
A face do neoliberalismo (Encarna Otero)8.9.05
7.9.05
Bronce nos campionatos do mundo
Xosé Antonio Hermida, terceiro mellor ciclista de montaña no campionato do mundo celebrado en Livigno(Italia). ->
Outras novas deportivas
Na volta a España, o primeiro galego na xeral é David Blanco ( 13º a 7:54)
O Príncipe de Asturias do deporte para o "Fernando Alonso 1º, coronado rey del viento. Cuando se sube al buga lleva el mismo sentimiento"
Iste premio non era case póstumo a unha vida deportiva?

4.9.05
2.9.05
A Miña Seleción
O meu 11
Porteiro: Roberto(Sporting)
Defensas: M.Salgado(R.Madrid), Q.Álvarez(Villareal), Rubén(R.Madrid Castilla), I.Bouzón(R.Huelva)
Medios: Oubiña(Celta), Borja(Mallorca), Jonathan(Celta), Nano(Getafe), Fran(ex-Deportivo)
Dianteiro: Nacho Novo(G.Rangers)
(Premer na imaxe para ampliar)
Convocabeis:
Porteiros: Dani Mallo(Deportivo), Diego López(R.Madrid), Aragoneses(Elche), José Juan(C.Murcia), Bello Amigo(P.Ejido), Queco Piña(R.Ferrol), Rubén(Barcelona B)Defensas: Capi(Zaragoza), Manuel(Eibar), Noguerol(Elche), Aira*, Carlocho e J.Rodríguez(R.Ferrol), P.Coira(Alavés?)
Medios: David Fernández(Celtic), Isaac(Celta), Iván Carril(Deportivo), Julio Álvarez(Murcia), Diego Castro(Málaga B), Corredoira(Numancia), Juanito(R.Ferrol), Viqueira(R.Huelva)
Dianteiros: Pablo Couñago(Málaga), Losada(Valladolid), Changui(Grecia), Moisés(R.Ferrol), Maikel(Tenerife)*, Alexandre Geijo(Xerez)*
*:Na dúbida
Aira nado en Ponferrada(O Bierzo), ex-Depor
Maikel nado en Alemaña, ex-Depor
Alexandre Geijo Pazos nado en Suiza
(pais galegos?)
Podería?
Valdo(Osasuna) nado en Villablino(O Bierzo)
A ter en conta
Fran, Otero, Marcos Vales, Nacho(Compostela)...Non puideron
Galegos polo mundo, emigrantes, fillos de galegos. Ligas extranxeiras como a Suiza...
Xogadores do Celta B, Pontevedra e Ourense.
Quen é Pablo Álvarez ? este?
Adestradores: Arsenio, F.Vázquez, F.Castro Santos, David Vidal, Irmáns Veiga, Luis César, J.Carlos Mendía. Unha opción en pran Vialli sería "O neno" de adestrador/xogador.
A mascota de aduaneiros sem fronteiras
Actualizando:
1.-Pablo Álvarez aínda que naceu en Oviedo, é fillo de galegos e viviu na nosa terra. No Sporting chámanlle "galleguín", "gallegol"...(Marca)
2.-Ricardo Cabana, fillo de pai galego. É internacional con Suíza. (María Yáñez)
3.-Outro posíbel adestrador: Luis Suárez
Erecións PPopulares
Namentres nos medios de comunicación falan das posibilidades dos distintos candidatos, os seus electores entreteñen o tempo.
Non sabía eu desta cita, á próxima non ma perdo
(Tío Toti agardamos que nos faga de bo anfitrión)
E se eres dos da boina preme
Un ensaio para as votacións e o baile da Peregrina
Non sabía eu desta cita, á próxima non ma perdo
(Tío Toti agardamos que nos faga de bo anfitrión)
E se eres dos da boina preme
1.9.05
Voume facer Bugallista
A cultura debe ser "a nosa denominación de orixe, a marca de identidade e de calidade do país, a representación máis requintada da nosa capacidade creativa e anovadora e o instrumento máis eficaz para proxectar a nosa imaxe no mundo"->
Agardemos que con Ánxela agora, se fale algo máis e mellor ca esto "Regional gastronomy: is of great reputation for its excellent fish, Empanada Gallega and the Ribeiro wine."
E dunha figura do nacionalismo galego a outra do socialismo ruso

A fame e Kyoto para os USA(e simpatizantes)
Boicot ao próximo cumio das Nacións Unidas
O colectivo Chamada Internacional Contra a Pobreza, avisa que os EEUU, co tácito acordo doutros países, tentan eliminar desa declaración non só as concretas referencias aos obxetivos do milenio, senón tamén referencias á necesidade do control das armas lixeiras e mesmo un apartado onde se subliñaba a responsabilidade dos gobernos na protección de civís en caso de xenocidios coma o acontecido en Ruanda. Vieiros
"Los más perjudicados por la aplicación del protocolo de Kyoto serían los pobres."
"ese aumento de las temperaturas se debe simplemente a que las mediciones tienen una creciente influencia del hombre." Libertad Digital
sen comentarios

Subscrever:
Mensagens (Atom)