Quen me axuda a recompilar os temas que cantan á dignificación e normalización do noso idioma?
Comezo eu con algúns, se alguén se anima que vaia aos comentarios.
Nome do tema. Artista, Álbum(ano)
Galicia. Carunchos, En galego(2009)
Non importa. Aíd, Jugando(2009)
Máxicamente vello. Roi Casal, Lendas Douradas(2008)
Coa Lingua de Fora. Quempallou, Polo Aire!!(2007)
O castrapeiro. Milladoiro, Unha estrela por guía(2006)
Herdeiros da ditadura. Dios ke te crew, Xénese(2006)
Falemos galego. Xil Ríos, Que non decaia(1992)
Cantiga de berce. Fuxan os ventos, Chegaremos(1980)
Galego na escola. Saraibas, Unha terra, un pobo, unha fala(1980)
O alleado. María Manoela, (Single, 1978)
----------------------------------------------------------------------------
Deitado frente o mar. Dios ke te crew
E aproveito para publicitar o Spotify, ogallá se puidera facer nel unha lista de temas o máis completa posíbel.
Moitas grazas a: Regueifeiro, Chimpín, Acuática, Alberte, Miriño
4 comentários:
Ahi vai outra mítica:
FUXAN OS VENTOS - Cantiga de Berce
Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando
Que a terra na que vives,
no que bágoas,
precisa homes inteiros,
pra liberala.
Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a hestoria, dende o sono,
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxusticias e silencio.
Mira a língoa que falo, despreciada,
por ser língoa de probes, língoa escrava,
son o orgullo que temos, língoa de probes.
Só neles hai verdade e máis honores.
Durme meu neno, durme, niste colo,
que esta terrra de escravos non tén odio.
Tén séculos de espranza, agardada,
que pón hoxe nos fillos que amamanta.
Propóñoche Quempallou, "Coa lingua de fóra" (http://www.youtube.com/watch?v=IiuFD3KrhHI)
Saúdos
Maxicamente vello - Roi Casal
http://www.youtube.com/watch?v=39vI7rFFr-0&feature=related
Aí che vai un dos temas do último disco dos Carunchos: Galicia.
http://www.youtube.com/watch?v=bYX7dVr-vvM
Enviar um comentário