"El día 29 de julio del año 2005, el gobierno en funciones de Fraga concedió una licencia de televisión digital terrestre de ámbito autonómico a la empresa Medios Digitales de Galicia, testaferro del Grupo Voz (es decir, propiedad del señor Santiago Rey Fernández Latorre)" Galicia Confidencial
26-12-2008 INNOVACIÓN E INDUSTRIA ADMITE A TRÁMITE 2.290,7 MW DE POTENCIA EÓLICA
(As pasadas eleccións foran o 19 de Xuño de 2005, a resolución da consellaría de Industria foi a 6 meses de cumprir os catro anos e a dous meses das eleccións adiantadas ao 1 de Marzo)
"non deixa de ser sorprendente que, para dar apoio a esta campaña, o devandito xornal faga referencia a fontes sindicais, cando nunca se puxeron en contacto coa CIG, sindicato maioritario no sector (70 por cento de representación), nin coas presidentas dos Comités de Empresa"
"A manipulación é tal que se amparan no anonimato dos informantes ou dándolle unha representatividade que non ten a quen está disposto a dicir o que lle interesa ao diario, por moi falso que sexa"
<
<<"o que resulta tendencioso é relacionar as eleccións políticas co feito de que haxa oposicións, cando case todos os anos hai procesos electorais e ofertas públicas de emprego". Indican que só desde "unha intencionalidade, claramente electoral, chama a atención este caso como se fora algo insólito e o habitual fose que a administración se parase diante dunhas eleccións", e aclaran que "en todo caso, hai que saber que se a oferta se fai nestas datas é porque se agardou a celebrar as eleccións sindicais, co obxecto de negociar cos representantes dos traballadores as bases do acceso, o que é para nós correcto".>>
<< "CCOO, PP e La Voz de Galicia están a acusar, sen ningún fundamento, de que a contratación destas traballadoras e traballadores foi 'a dedo' e que non responde ao resultado de selección dun sistema público, senón a intereses clientelares". Afirman que dita falsidade está a causar un dano irreparábel na valoración dos profesionais, "prexudicando un servizo público fundamental á nosa sociedade como é o que presta o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar". En consecuencia, esixen unha inmediata rectificación pública "para restaurar a verdade e informar con rigor sobre a realidade deste proceso selectivo".>>
A CIG acusa de 'manipulación' a La Voz de Galicia
"O Consorcio, polo demais, está integrado pola Xunta, por 262 concellos -moitos deles gobernados por PP e PSOE- e por tres Mancomunidades. O lector ou a lectora da Voz poderá ser levado equivocamente á conclusión de que no Consorcio só decide a Vicepresidencia do goberno galego.
É moi importante subliñar que estamos perante un proceso de concurso-oposición aberto e universal para a selección de persoal laboral fixo e ao que se pode apresentar calquera persoa. Un proceso que foi acordado cos sindicatos máis representativos dos traballadores e das traballadoras no Consorcio (CIG e UGT). CC OO, que agora aparece como crítico do procedimento, o que pretendía era a consolidación laboral automática de todas e cada unha das persoas que neste momento están a traballar no Consorcio sen realizar nengunha oposición. O BNG non optou por este modelo por ser claramente discriminatorio e lesionar os dereitos daquelas persoas que non son traballadores ou traballadoras do Consorcio."
"Criticar como fai La Voz de Galicia o nomeamento de Lois Castrillo ou de Pilar Candocia como cargos do Consorcio é ocultar ao público que estamos ante nomeamentos de natureza política, por se trataren de figuras asimilábeis aos altos cargos do Goberno. Como todo o mundo sabe, e non podía ser doutro xeito nunha democracia, no caso do persoal de natureza política a súa designación é libre, do mesmo xeito que o seu cesamento.
La Voz denuncia tamén que arredor de oito persoas vinculadas ao BNG (excluídos os cargos políticos) teñen unha relación contractual co Consorcio. Aquí o xornal falta á verdade cando atribúe a alguna persoa, con nomes e apelidos, condición de militante do BNG, o que é totalmente falso. Polo demais, é obvio que a condición de militante dunha forza política non inhabilita a ninguén para exercer unha función dentro da Administración pública. Defender o contrario sería tanto como atentar contra o dereito fundamental á participación en política, un dereito fundamental en calquera democracia.
Como calquera pode entender, non sería estraño que entre as 1.100 persoas que traballan no Consorcio 8 ou 10 fosen militantes do BNG. É unha proporción que, tendo en conta o feito de o BNG ser unha organización cunha militancia moi numerosa, sen dúbida se dá en muitas outras entidades ou empresas, públicas ou privadas, desa dimensión."
A realidade fronte á manipulación. Documento .pdf do BNG
"Medio Rural sinala que as únicas 2 persoas procedentes de Cartelle que aparecen citadas na información divulgada polo Partido Popular aprobaron a oposición en anteriores lexislaturas, e na actualidade están en postos de libre designación, o que evidencia a falta de rigorosidade da documentación publicada coa pretensión de confundir á opinión pública. Na mesma información cítanse persoas sen vinculación coa Consellería do Medio Rural, cun interese oculto por confundir á cidadanía."
Medio Rural sinala que son rotundamente falsos os datos publicados sobre contratación de persoas procedentes de Cartelle
«el último periodista y editor independiente que queda en España»
Yo protesto, artículo del presidente y editor de La Voz de Galicia
Actualizado o 10-II-2009 Xornalismo de baixos fondos
12-II-2009 Eu protesto(GZnación)
Santiago Rey manda cartas só cunha folla co seu artigo fotocopiado
1 comentário:
Estou totalmente de acordo contigo porque hai moitos medios de comunicación manipulados por intereses moi variados por parte de empresas, grupos ideolóxicos, partidos políticos...
Eu só quería decir que non me parece ben que digan todas estas cousas só para desgastar ó goberno autonómico con fins partidistas.
Un saúdo.
Enviar um comentário