14.2.09

Datos do CIS imporantes para o BNG


Pregunta 11: Non me soprende, a outra consellaría pola que preguntan, na de Economía e Facenda aínda son o 54'5% os que non o saben(e non hai moitas diferencias por idade ou poboación). É surrealista que se vaia votar con ese descoñecemento, falla o interés da xente e a comunicación directa cos cidadás da Xunta por unha beira e das forzas políticas pola outra.
As consellarías terían que empregar os medios(os xornais por exemplo) para anunciar só eventos, convocatorias... puntuais, e apostar por outros xeitos de comunicación directa(individual, cunha familia, cunha empresa...) coma o correo electrónico ou as cartas para quen solicitase unha información da súa interese. Tamén na televisión e radio pública podería haber un espazo semanal(e con dous horarios) no que en orde alfabético, e nun tempo equitativo, as consellarías fixesen os seus anuncios. O teletexto tamén sería unha boa ferramenta.
Para que a xestión política poida ser efectiva o cidadán ten que estar ao día dos servizos que ten dispoñíbeis, e tamén é responsabilidade súa interesarse.
Preunta 35: está relacionado co anterior, coa falta de comunicación. Este BNG non é un 2'80(de 0 á esquerda até 10 na dereita), e ao BNG de Beiras non creo que lle puideran da unha puntuación de máis esquerda ca esa.

Pregunta 19: Se o 28% cre que o BNG é o que mellor denfende os intereses dos galegos por que non vota ao BNG? Intereses dos galegos non é benestar, educación, sanidade, economía...? Defende-los inrereses dos galegos vai en contra dos intereses doutros? As respostas a estas preguntas deberían estar na campaña electoral do BNG.

Pregunta 21: Por que hai un 18'9 e un 27'2% de votantes do PP e do PSOE que son nacionalistas galegos? (Tamén hai un 33'9% de votantes non nacionalistas no BNG, si, pero sería unha porcentaxe de só o 19% dos votos que tivo o BNG nas anteriores eleccións, as outras porcentaxes son menores pero de partidos con moitos máis votos co BNG)

Con respecto as predicións electorais(non adxuntei imaxe disto)
O CIS contradícese a si mesmo, porque no CIS estatal de Outubro 08 e no de Xaneiro 09, o BNG mantén exactamente os mesmos resultados en voto directo e estimación de voto, subindo unha décima en voto + simpatía e o dato máis sorprendente, en Xaneiro 09 hai 5 décimas máis, de persoas que lembran ter votado ao BNG nas anteriores eleccions estatais que tres meses antes en Outubro 08, pasa do 0'4 ao 0'9, máis do dobre!!. Isto como se interpreta?, amnesia temporal, que hai xente que agora vai de Bloqueira ou hai xente que maldí o día en que votou ao BNG xD

E outra, unha forza nacionalista pode subir nunhas eleccións estatais españolas e baixar nunhas nacionais galegas?
www.elpais.com/elpaismedia/ultimahora/media/200902/12/espana/20090212ef
www.elpais.com/elpaismedia/ultimahora/media/200902/12/espana/20090212ef

Dos 25 deputados do PSdG canto son do tirón de ZP nese momento? "O Presidente" non só compensa esa perda de influencia zperiana, o do Audi, as reformas... e gaña dous deputados?
Cociñaron a sondaxe nacional galega, e esqueceron a estatal?
O maior posíbel erro que hai nunha sondaxe estatal compensa estas contradiccións?

Sem comentários: