25.2.09
Que fai na política Feijóo?
-Agradezo esa pregunta. Ata 2002 non me din de alta en ningún partido político. O único partido no que militei é no que acualmente milito. Non lle oculto que de xoven pensei que o Bloque era unha cousa distinta a que agora comprobei, coa máxima información que se pode ter desde a presidencia doutro partido, e despois de 16 anos de ocupar postos de responsabilidad en Galicia e en Madrid, hai unha estrofa dunha canción que di literalmente: «COUSAS QUE NON SON E PARECEN SER». Eso é o meu sentimento en relación co nacionalismo galego.
Núñez Feijóo nos "Ecuentros Digitales de La Voz de Galicia"
(No 2002, gobernaba o PP con maioría absoluta en España con Aznar e en Galiza con Fraga. Da man do propio Romay, cando este obtivo o cargo de ministro de Sanidade, (Feijóo) accedeu ao primeiro goberno Aznar como presidente executivo do Insalud, ano 1996.
Anxo Quintana milita no nacionalismo desde 1977, participando na fundación do BNG.)
“Es de buen diente. Le gustan mucho las centollas, los percebes y el arroz con bogavante; es lo que suele pedir normalmente”
Andrés explica que antes del inicio de la precampaña Feijóo solía pasarse por el restaurante tres o cuatro veces al mes, pero que ahora con el ajetreo de las elecciones apenas se le ve el pelo.
Entrevista ao mellor amigo de Feijóo, un cociñeiro
22.2.09
O máis críbel
Feijóo, botando de comer ás vacas
Feijóo(e Corina), preocupados polos máis necesitados
Feijóo, defendendo o galego
-Moitos candidatos do PP secundaron a protesta de Galicia Bilingüe (GB), que pide separar os nenos en aulas en función da lingua. Apoian esa proposta? -Lin a convocatoria de GB e non di iso. GB di que hai que coñecer os dous idiomas. A nosa política lingüística é garantir o coñecemento proporcional dos dous ao final de cada ciclo. O que fixo este goberno foi utilizar unha lingua vehicular única na ensinanza cando o que estaba garantido na Lei e no Plan de Normalización era que había dúas linguas vehiculares.
Entrevista a Núñez Feijóo n'A Nosa Terra(inclúe vídeo)
-¿Que propoñen como alternativa ao decreto do galego no ensino? -O modelo do País Vasco parécenos perfecto. O que queremos é que os pais poidan escoller a lingua vehicular. E pareceríanos correcto que houbese tamén un modelo cun repartimento equitativo, porque moita xente, -ao mellor a maioría, non sabemos-, optaría por un 50%... -Defenden que haxa unha opción mixta, outra opción en castelán con galego como materia, e outra en galego con castelán como materia pero, ¿como levalo á práctica? ¿Cunhas aulas en castelán e outras en galego? -O conto de que se segrega é unha utilización perversa dunha palabra. A segregación é sempre contra a vontade do que é segregado. O que hai que facer é preguntarlles aos pais no sobre de matrícula, e facer un estudo, e despois decidir. Entrevista á presidenta de Galicia Bilingüe no Galicia-Hoxe
-¿Un niño de Galicia debe terminar la primaria y la secundaria siendo competente en gallego y castellano? -Depende de lo que entiendas por competencia. La igual competencia en las dos lenguas es absolutamente imposible, a no ser que sea nula. Es imposible. Entrevista á presidenta de Galicia Bilingüe en La Voz de Galicia
Feijóo, defendendo a AP-9
-¿Con qué criterios se aumentó el plazo de concesión de la AP-9, siendo Vd Conselleiro de COTOP?
-Non se incrementoun nun so ano sendo eu conselleiro. O que si se fixo foi finalizar a AP-9 co tramo Ferrol-Fene libre de peaxe e o tramo Porriño-Tui. O Goberno socialista co señor Touriño no ministerio de infraestructuras ampliou 25 anos a concesión a cambio de nada. E o PP fixo o mesmo, a cambio de que a concesionaria construira dous tramos de autopista libres de peaxe. Núñez Feijóo nos "Encuentros digitales de La Voz de Galicia"
Que demo fai este señor facendo campaña en Galiza despois do «No es en ningún caso una marea negra, se trata sólo de manchas muy localizadas»
Mariano Rajoy, vicepresidente do Goberno de España (23-11-2002)
Ou adicándose a política despois do "Tengo la convicción moral de que fue ETA"
E isto é defendíbel para os propios votantes e militantes do PP?
16.2.09
Polo noso idioma
Comezo eu con algúns, se alguén se anima que vaia aos comentarios.
Nome do tema. Artista, Álbum(ano)
Galicia. Carunchos, En galego(2009)
Non importa. Aíd, Jugando(2009)
Máxicamente vello. Roi Casal, Lendas Douradas(2008)
Coa Lingua de Fora. Quempallou, Polo Aire!!(2007)
O castrapeiro. Milladoiro, Unha estrela por guía(2006)
Herdeiros da ditadura. Dios ke te crew, Xénese(2006)
Falemos galego. Xil Ríos, Que non decaia(1992)
Cantiga de berce. Fuxan os ventos, Chegaremos(1980)
Galego na escola. Saraibas, Unha terra, un pobo, unha fala(1980)
O alleado. María Manoela, (Single, 1978)
----------------------------------------------------------------------------
Deitado frente o mar. Dios ke te crew
E aproveito para publicitar o Spotify, ogallá se puidera facer nel unha lista de temas o máis completa posíbel.
Moitas grazas a: Regueifeiro, Chimpín, Acuática, Alberte, Miriño
14.2.09
Datos do CIS imporantes para o BNG
Pregunta 11: Non me soprende, a outra consellaría pola que preguntan, na de Economía e Facenda aínda son o 54'5% os que non o saben(e non hai moitas diferencias por idade ou poboación). É surrealista que se vaia votar con ese descoñecemento, falla o interés da xente e a comunicación directa cos cidadás da Xunta por unha beira e das forzas políticas pola outra.
As consellarías terían que empregar os medios(os xornais por exemplo) para anunciar só eventos, convocatorias... puntuais, e apostar por outros xeitos de comunicación directa(individual, cunha familia, cunha empresa...) coma o correo electrónico ou as cartas para quen solicitase unha información da súa interese. Tamén na televisión e radio pública podería haber un espazo semanal(e con dous horarios) no que en orde alfabético, e nun tempo equitativo, as consellarías fixesen os seus anuncios. O teletexto tamén sería unha boa ferramenta.
Para que a xestión política poida ser efectiva o cidadán ten que estar ao día dos servizos que ten dispoñíbeis, e tamén é responsabilidade súa interesarse.
Preunta 35: está relacionado co anterior, coa falta de comunicación. Este BNG non é un 2'80(de 0 á esquerda até 10 na dereita), e ao BNG de Beiras non creo que lle puideran da unha puntuación de máis esquerda ca esa.
Pregunta 19: Se o 28% cre que o BNG é o que mellor denfende os intereses dos galegos por que non vota ao BNG? Intereses dos galegos non é benestar, educación, sanidade, economía...? Defende-los inrereses dos galegos vai en contra dos intereses doutros? As respostas a estas preguntas deberían estar na campaña electoral do BNG.
Pregunta 21: Por que hai un 18'9 e un 27'2% de votantes do PP e do PSOE que son nacionalistas galegos? (Tamén hai un 33'9% de votantes non nacionalistas no BNG, si, pero sería unha porcentaxe de só o 19% dos votos que tivo o BNG nas anteriores eleccións, as outras porcentaxes son menores pero de partidos con moitos máis votos co BNG)
Con respecto as predicións electorais(non adxuntei imaxe disto)
O CIS contradícese a si mesmo, porque no CIS estatal de Outubro 08 e no de Xaneiro 09, o BNG mantén exactamente os mesmos resultados en voto directo e estimación de voto, subindo unha décima en voto + simpatía e o dato máis sorprendente, en Xaneiro 09 hai 5 décimas máis, de persoas que lembran ter votado ao BNG nas anteriores eleccions estatais que tres meses antes en Outubro 08, pasa do 0'4 ao 0'9, máis do dobre!!. Isto como se interpreta?, amnesia temporal, que hai xente que agora vai de Bloqueira ou hai xente que maldí o día en que votou ao BNG
E outra, unha forza nacionalista pode subir nunhas eleccións estatais españolas e baixar nunhas nacionais galegas?
www.elpais.com/elpaismedia/ultimahora/media/200902/12/espana/20090212ef
www.elpais.com/elpaismedia/ultimahora/media/200902/12/espana/20090212ef
Dos 25 deputados do PSdG canto son do tirón de ZP nese momento? "O Presidente" non só compensa esa perda de influencia zperiana, o do Audi, as reformas... e gaña dous deputados?
Cociñaron a sondaxe nacional galega, e esqueceron a estatal?
O maior posíbel erro que hai nunha sondaxe estatal compensa estas contradiccións?
12.2.09
Lingua minoritaria?
Fonte: CIS, Avance de resultados del estudio 2783 Pre-electoral de Galicia. Elecciones autonómicas, 2009.
Actualizado o 14-II-2009, a enquisa por idades para ver a evolución da des-galeguización e probar que idioma existe por imposición
9.2.09
Eu tamén protesto
"El día 29 de julio del año 2005, el gobierno en funciones de Fraga concedió una licencia de televisión digital terrestre de ámbito autonómico a la empresa Medios Digitales de Galicia, testaferro del Grupo Voz (es decir, propiedad del señor Santiago Rey Fernández Latorre)" Galicia Confidencial
26-12-2008 INNOVACIÓN E INDUSTRIA ADMITE A TRÁMITE 2.290,7 MW DE POTENCIA EÓLICA
(As pasadas eleccións foran o 19 de Xuño de 2005, a resolución da consellaría de Industria foi a 6 meses de cumprir os catro anos e a dous meses das eleccións adiantadas ao 1 de Marzo)
"non deixa de ser sorprendente que, para dar apoio a esta campaña, o devandito xornal faga referencia a fontes sindicais, cando nunca se puxeron en contacto coa CIG, sindicato maioritario no sector (70 por cento de representación), nin coas presidentas dos Comités de Empresa"
"A manipulación é tal que se amparan no anonimato dos informantes ou dándolle unha representatividade que non ten a quen está disposto a dicir o que lle interesa ao diario, por moi falso que sexa"
<
<<"o que resulta tendencioso é relacionar as eleccións políticas co feito de que haxa oposicións, cando case todos os anos hai procesos electorais e ofertas públicas de emprego". Indican que só desde "unha intencionalidade, claramente electoral, chama a atención este caso como se fora algo insólito e o habitual fose que a administración se parase diante dunhas eleccións", e aclaran que "en todo caso, hai que saber que se a oferta se fai nestas datas é porque se agardou a celebrar as eleccións sindicais, co obxecto de negociar cos representantes dos traballadores as bases do acceso, o que é para nós correcto".>>
<< "CCOO, PP e La Voz de Galicia están a acusar, sen ningún fundamento, de que a contratación destas traballadoras e traballadores foi 'a dedo' e que non responde ao resultado de selección dun sistema público, senón a intereses clientelares". Afirman que dita falsidade está a causar un dano irreparábel na valoración dos profesionais, "prexudicando un servizo público fundamental á nosa sociedade como é o que presta o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar". En consecuencia, esixen unha inmediata rectificación pública "para restaurar a verdade e informar con rigor sobre a realidade deste proceso selectivo".>>
A CIG acusa de 'manipulación' a La Voz de Galicia
"O Consorcio, polo demais, está integrado pola Xunta, por 262 concellos -moitos deles gobernados por PP e PSOE- e por tres Mancomunidades. O lector ou a lectora da Voz poderá ser levado equivocamente á conclusión de que no Consorcio só decide a Vicepresidencia do goberno galego.
É moi importante subliñar que estamos perante un proceso de concurso-oposición aberto e universal para a selección de persoal laboral fixo e ao que se pode apresentar calquera persoa. Un proceso que foi acordado cos sindicatos máis representativos dos traballadores e das traballadoras no Consorcio (CIG e UGT). CC OO, que agora aparece como crítico do procedimento, o que pretendía era a consolidación laboral automática de todas e cada unha das persoas que neste momento están a traballar no Consorcio sen realizar nengunha oposición. O BNG non optou por este modelo por ser claramente discriminatorio e lesionar os dereitos daquelas persoas que non son traballadores ou traballadoras do Consorcio."
"Criticar como fai La Voz de Galicia o nomeamento de Lois Castrillo ou de Pilar Candocia como cargos do Consorcio é ocultar ao público que estamos ante nomeamentos de natureza política, por se trataren de figuras asimilábeis aos altos cargos do Goberno. Como todo o mundo sabe, e non podía ser doutro xeito nunha democracia, no caso do persoal de natureza política a súa designación é libre, do mesmo xeito que o seu cesamento.
La Voz denuncia tamén que arredor de oito persoas vinculadas ao BNG (excluídos os cargos políticos) teñen unha relación contractual co Consorcio. Aquí o xornal falta á verdade cando atribúe a alguna persoa, con nomes e apelidos, condición de militante do BNG, o que é totalmente falso. Polo demais, é obvio que a condición de militante dunha forza política non inhabilita a ninguén para exercer unha función dentro da Administración pública. Defender o contrario sería tanto como atentar contra o dereito fundamental á participación en política, un dereito fundamental en calquera democracia.
Como calquera pode entender, non sería estraño que entre as 1.100 persoas que traballan no Consorcio 8 ou 10 fosen militantes do BNG. É unha proporción que, tendo en conta o feito de o BNG ser unha organización cunha militancia moi numerosa, sen dúbida se dá en muitas outras entidades ou empresas, públicas ou privadas, desa dimensión."
A realidade fronte á manipulación. Documento .pdf do BNG
"Medio Rural sinala que as únicas 2 persoas procedentes de Cartelle que aparecen citadas na información divulgada polo Partido Popular aprobaron a oposición en anteriores lexislaturas, e na actualidade están en postos de libre designación, o que evidencia a falta de rigorosidade da documentación publicada coa pretensión de confundir á opinión pública. Na mesma información cítanse persoas sen vinculación coa Consellería do Medio Rural, cun interese oculto por confundir á cidadanía."
Medio Rural sinala que son rotundamente falsos os datos publicados sobre contratación de persoas procedentes de Cartelle
«el último periodista y editor independiente que queda en España»
Yo protesto, artículo del presidente y editor de La Voz de Galicia
Actualizado o 10-II-2009 Xornalismo de baixos fondos
12-II-2009 Eu protesto(GZnación)
Santiago Rey manda cartas só cunha folla co seu artigo fotocopiado