2.12.05

O candidato de Fraga?


O ruxe-ruxe que me chegara este verán:

"Fai dous anos viñera Fraga a visitar unha recente obra que se estaba a executar no porto de vigo, nese momento Núñez Feixoo era conselleiro de obras públicas.
Para podérense desprazar dende o edificio da autoridade portuaria ata onde estabanse a realizar as obras tiveron que collelo coche. Nese coche ían o director do porto conducindo, Julio Pedrosa (presidente do porto) copiloto, Fraga e máis Núñez Feixoo detrás.
A obra consistía na ampliación dun dos novos edificios e a ampliación dun dique. Feixoo entregoulle a Fraga un dossier coa descripción da actuación, nese momento o director do porto comezou a falar da obra e Fraga decatouse de que o contido da carpeta non se correspondía coa obra que lle estaban explicando.
E estoupou no mesmo coche contra el, comeozou a chamarlle burro, inútil, parvo e increpoulle dicindo que para o pouco que tiña que facer o facía mal, que cómo podía ter trocado os papeis e todo iso aderezado con moi malas formas e con vehemencia
Namentres na parte de diante o director e o presidente do porto rían sen facer ruido para non incrementar a vergoña que isa represión pública que lle estaba a dedicar Fraga.
E como a visita da obra duraba uns vinte minutos porque a obra era moi grande perante todo o tempo llo recriminou do mesmo xeito, porque Fraga obviamente non tiña nin puta idea do que ía a obra e tíñanllo que explicar todo.
Nese tempo Núñez Feixoo o único que fixo foi calar e aguantar, ¿pode un erro humano ser contestado de esa forma? Esa decisión xa é persoal pero creo que non se debe facer nunca en público e mira agora o Alberto semella ser o candidato máis firme a sucesiónn de Fraga no partido. O que me aterra pensar e que se trata así ós seus colaboradores máis cercanos cos que debe de ter algo máis ca relación profesional como se comportará con outra xente."
Así mo fixo chegar o confidente.
A imagem “http://img219.imageshack.us/img219/7165/baltarostion1cd.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://www.lavozdegalicia.es/albumes/20051211495/200512114943.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Vin moi acertada está opinión

1 comentário:

Anónimo disse...

concordo en todo!