Outro Fran, un neno de 2'o9
30.6.05
29.6.05
O paradóxico(e xa era hora)
Escandalízalles a frase de que "Galiza non lle vai saír barata", tíñamos que saírlle de balde? O que debería escandalizarlles é que Fraga entregue "os premios Castelao" e lea citas do seu "Sempre en Galiza"(Manda carallo!!)
Chegou a hora de botar por terra tódolos tópicos, chegou a hora dos galegos
Como nos vamos divertir
Escomenza o ataque!!
"Nos pondrán a dieta identitaria, o sea, patatas y grelos."Cristina Losada(é viguesa)
"líder independentista","Pérez Touriño se va a convertir en una marioneta de las ambiciones de Anxo Quintana", "Zapatero se ha encargado de "hacer un hombre" a Anxo Quintana" Ignacio Villa
"el BNG, además del más radical nacionalismo, comulga con la izquierda más delirante y trasnochada."
28.6.05
Adeus D.Manuel
A ignorancia atrevida de moitos periodistas
Nesta carta, un galego que emigrara a Venezuela contéstalle a un da Coz.
26.6.05
Nine Inch Nails
Non tardarei en falar do que soio ouvir, como limiar(que palabriña...) dicir que sen Xil Ríos(na infancia e agora que carallo!!), os Suaves(para min non hai nada mellor a nivel estatal) e Radiohead, a música en min tería outro senso.
*Outros teñen outras influencias
25.6.05
Conxuro da Queimada ao Fraga
salvando as diferenzas entre Castelao e P.Iglesias, entre o BNG e o PSOE... todo sexa por Galiza
propoño adicarlle unha queimada co seu conxuro
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
Demos, trasgos e diaños.
Espiritos das nevoadas veigas.
Corvos, píntigas e meigas.
Feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas.
Fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas.
Mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte,
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadávres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira.
Falar dos gatos que andan a xaneira,
gedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei,
as chamas deste lume
que asemella a do inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
Indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oíde, oíde carallo! os roxidos
que dan as que no poden
deixar de queimarse no augardente
quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres do PP
do Fraga e de todo complexo.
a vós fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder
que a humana xente.
Eiquí e agora, facede cos espritos
dos amigos que están fora,
participe con nós desta Queimada.
O testamento na diáspora
Agora comprendo o de "testamento PPolítico"
Burla Negra denuncia o fraude masivo do voto emigrante
O poder pode unilos
Non sería nada raro, que teñen en común? que están condeados a desparecer. Un Paco cada vez máis lonxe do PSOE(Novas 1 e 2), que vai facer no PSdG gobernando co BNG?
Non tería máis futuro no PP? Sería ben recibido, podería ata rivalidar co Núñez Feijoo
O futuro de calquera escisión no PP pasa por visualizarse xa nesta lexislatura, e de tentar gobernar en coalición, ollo!!
*O Regueifeiro xa o dixo
24.6.05
López Veiga non mola
"el pueblo gallego votó masivamente en contra del nacionalismo"
"hay más similitudes entre PP y PSOE que entre socialistas y BNG" "hay mucho subnormal que continúa diciendo que Galicia es distinta y que los gallegos son subnormales, porque votamos como votamos"
"ser europeísta mola y españolista no mola"
A segunda frase pode ser certa(a quen vamos enganar), pero cantos votos volverían e se estrearían no BNG de dicilo Touriño. E á cuarta, se Fraga recoñece que eles nunca foron galeguistas?
Maioría absoluta do BNG
e se non carrexan? e sen clientelismo? e sen medios de manipulación? e sen complexos e autoodios, e sen...
*Recomendación ao López Veiga, un bo birrete debe evitar expresións coma "el pueblo gallego"
Habemus sucesor
(A foto é do 2009)
Maimi Vice, A.D e Luís Tosar
pois que Tosar vai facer de narco colombiano(chamarase Montoya...), nun remake da popular serie na que Adolfo Domínguez vestía aos protagonistas. ->
23.6.05
Visitantes do alén
-Para @ visitante do Centro Ramón Piñeiro, gostaríame coñecela súa opinión do último libro de Beiras.
-E para @ visitante de Unión Fenosa, que deixen de facer encoros e de vendela electricidade dende Madrid a conta dos nosos ríos.
*Non vou ser hipócrita, e esquecerme deste post. Agardo que realmente cambiara.
"La Coz" semella outra
Participará o noso Rouco nesta "mani", da outra atopei unhas fotos ben simpaticonas(por chamarlle algo).
Co PP fomos primeiros no ranking, a CA que má+s poboación perdeu no 2004 (-7.792 persoas).
Co PSOE (2004-2005), a penúltima CA en canto a licitación por habitante, inversións do Ministerio de Fomento.
22.6.05
Moito coidadiño
Poderían aínda estarse a emitir sufraxios con mataselos falsificados a sabendas dos resultados na Galiza para alterar o resultado eleitoral...->
20.6.05
ai ai ai
O primeiro factor influinte nestas elecións foi a abstención. Que só aumentara nun 3'9 % a participación volvéndose presentar Fraga con 82 anos, despois do Prestige, o goberno de Aznar e a súa guerra, e sobor de todo despois de 16 anos da "Peste Fraga"...
Por que?
O optimismo do PSOE que xa daba por feito o cambio, o día de praia, os xóvenes de exámenes... a realidade é, que non foron moitos os que viron a necesidade de moverse polo cambio.
Os resultados cunha maior particiapción terían concordado cas enquisas.
As tres campañas
A campaña do PP, atar votos e meter medo. Carretaxe, merca de votos(empanada, romerías, festas...), propaganda(RTVG, medios afíns e subvencionados, "actos" e propaganda da Xunta...), acochar a Fraga detrás de Rajoy e Núñez Feijoo, rodealo de adolescentes. Meter medo, falar de ETA ou do EGPGC, comparar o BNG con ERC ou ata con Batasuna, demonizalo falando da UPG, Ibarretxe, Carod Rovira...Rajoy, ese "galego" salavador que chegou de Madrid.
En resumo, deixar claro que "mellor malo coñecido que bo por coñecer".
A campaña do PSOE, gobernamos seguro, canto menos BNG mellor. Efecto ZP, goberno español do PSOE, o desgaste do PPdG, a idade de Fraga. Medios de comunicación afíns ou estatais. Máis preocupado de superar amplamente ao BNG que de que o PP perdese a maioría. A campaña de agardar sentado.
A campaña do BNG, a mellor pero a tapada. Os erros estarían en cousas mellorabeis, a popularidade de Quintana, a visualización do BNG coma o partido galego e o partido para os galegos. A falta dun referente identificativo para a maioría social galega, todos queremos UN PAÍS NOVO, pero Galiza é un país de vellos. Beiras segue a ser un gran referente para tódalas idades. E aínda que a renovación era necesaria e acertouse, no tema Beiras tódalas partes son culpabeis. Non creo que se perdera un número de votos sustancias por isto, a dúbida ca que me quedo é, de como cambiarían as tornas se Quintana obrigara a Touriño a mudar de campaña se non quería entrar el na do BNG. A participación afín tería aumentado, os votantes do PP diminuido e unha maior nivelación BNG-PSdeG.
E ollo
Se o PP consegue o 38, sería a segunda vez que por culpa do PSOE volve gañar Fraga dunha maneira bastante escura. A primeira no 1989 por non reclamar co BNG aquel diputado por Ourense e agora por negar a petición do BNG no control do voto na diáspora.
19.6.05
Día de reflexión?
Na TVG, no programa dos Tonechos, xusto hoxe, vaia casualidade, participou o actor que sae no video electoral do PP e tiveron coma invitada a Cristina PPato.
Pero cal é a miña sorpresa de que o PP segue a facer campaña no día de reflexión e no día das votacións(pasa sobradamente da medianoite, cando estou escribindo). Dende a súa web podense mandar os sms que se queira sen máis requisito que polo número.
18.6.05
UNHA VERGONZA
Para máis INDIGNIDADE, nas horas anteriores xustificaran a bronca de Fraga con estas verbas:
"como é coñecido en Galicia e en toda España, particularmente polos profesionais de televisión, o presidente da Xunta é especialmente contrario ás maquillaxes, aos telepronters e a calquera elemento que poida contribuír a ofrecer unha imaxe artificiosa de si mesmo, e non é esta a primeira vez que un suceso coma este é recollido por algún medio de comunicación"->
o video
*E ollo aos do PSOE
17.6.05
16.6.05
De Castelao á animazón galega
15.6.05
Os derradeiros coletazos do surrealismo
13.6.05
El Mundo
Menos mal que neste "xornal", Quin noutro chat volve confirmar o seu nivelazo.
*Hoxe, tamén confírmase o comentario de Fraga, de que sería Fidel Castro de quedar en Cuba. Novas 1 e 2
12.6.05
Pois a ver
Góstame esta análise das eleccións
Enquisas
O máis esperpéntico é ver como a traxectoria das liñas non coincide cos % de votos.
Aquí están os gráficos en cuestión antes de que volvan á cociña
O CIS semella non ser moi diferente
Está claro que as enquisas están feitas para influenciar ao votante, unhas para desanimalos que cren que co seu voto poden botar a Fraga e outras para decir que Touriño arrasa(co galego si que o fai). Ánimo compañeiros! Somos a única forza política do mundo que sube en intención de voto e baixa en escanos. ¿Pero de verdade aínda ledes as enquisas?
11.6.05
UN SMS NOVO
*Loroestudio lanza un sistema para descargar no móbil os programas dos partidos políticos galegos
Dende o Xapón
Pero esto los empresarios vigueses ya lo sabían muy bien, mejor que nadie. Quizás, después, alguien tuvo la oportunidad de explicarle al guru nipón que el anciano presidente de la Xunta de Galicia tampoco se podía quedar porque se duerme tras las comidas; y que la alcaldesa es persona muy limitada intelectualmente y que poco hubiera comprendido. vigoempresa.com
Medios de manipulación
Hai que foderse, non pode ir Quintana, Touriño e o tapado? de que teñen medo?
La voz de Galicia, a parte dunha subnormalada máis
agora ata cociña o resultado das eleccións do 2001, aínda que a súa sondaxe para Galiza é menos atrevida ca da SER .
Haberá que comezar a crer no cambio con ese "in extremis" do Correo Gallego.
9.6.05
Non sabía eu
meteríao Baltar no mesmo pack co seu fillo?
compartiron esceario algunha vez?
*Aviso: na web do Nene xa quitaron ao touro Iriborne
8.6.05
A web do día
Nela, a parte do "don manuel, como un toro", curriculum e incribeis documentos coma este
ou outros que definen a todo "un da boina" sen complexos
pero u-lo galego do herdeiro baltariano?
6.6.05
eL buen cristiano
Fraga e as mulleres
Alberto Núñez Feijóo, debía de estar lleno de «ideas y tentaciones» al ser soltero y verse rodeado de mujeres.
->
4.6.05
@s cachond@s de "La Coz"
Nas anteriores eleccións Touriño quedou por diante de Beiras, hai que foderse(comparar porcentaxes coa gráfica), aínda que tamén teñen a versión correcta
Historia do PSdG: "la corriente nacionalista de Francisco Vázquez se impuso" Nacionalista ou Fascista Española?
Que o galego de Touriño é pésimo xa o sabíamos, pero que Quintana e Fraga compartan o aprobado raspado...-->
Freakilladas
*Entrevista a unha vazquista: -¿A quién traería a tocar a un Xacobeo? -Ojalá resucitase Freddie Mercury, pero, como no puede ser, a los Stones. -Ya los trajo Pérez Varela... -Pues entonces a Rammstein.
**Botádelle unha ollada á cronoloxía de Touriño e a de Fraga.
O único que merece a pena