12.6.05

Enquisas

Vexo nas gráficas que o BNG mantense na Coruña, perde 1'2 en Lugo, gaña 3'1 en Ourense e 2'1 en Pontevedra. Resultado final en toda Galiza, o BNG perde 1'3. A min non me saen as contas...(2+2=4?)
O máis esperpéntico é ver como a traxectoria das liñas non coincide cos % de votos.
Aquí están os gráficos en cuestión antes de que volvan á cociña

O CIS semella non ser moi diferente
Está claro que as enquisas están feitas para influenciar ao votante, unhas para desanimalos que cren que co seu voto poden botar a Fraga e outras para decir que Touriño arrasa(co galego si que o fai).
Ánimo compañeiros! Somos a única forza política do mundo que sube en intención de voto e baixa en escanos. ¿Pero de verdade aínda ledes as enquisas?

1 comentário:

J. Manuel Outeiro disse...

Esta manipulaçom continua hoje mesmo:
http://www.lavozdegalicia.es/especiales/2005/elecciones_gallegas05/tracking.jsp

Veja-se nos gráficos de Ourense e Ponte Vedra:

Em Ourense: os 24,6% de intençom de voto de hoje BNG estám representados a umha altura inferior ao 21,7 de dias passados. Os 1,5 % que separam BNG e PSOE parecem assi umha diferença muito maior.

Em Ponte Vedra: os 27,8% de intençom de voto do PSOE estám representados por cima do nível do 30%