salvando as diferenzas entre Castelao e P.Iglesias, entre o BNG e o PSOE... todo sexa por Galiza
propoño adicarlle unha queimada co seu conxuro
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
Demos, trasgos e diaños.
Espiritos das nevoadas veigas.
Corvos, píntigas e meigas.
Feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas.
Fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas.
Mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte,
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadávres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira.
Falar dos gatos que andan a xaneira,
gedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei,
as chamas deste lume
que asemella a do inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
Indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oíde, oíde carallo! os roxidos
que dan as que no poden
deixar de queimarse no augardente
quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres do PP
do Fraga e de todo complexo.
a vós fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder
que a humana xente.
Eiquí e agora, facede cos espritos
dos amigos que están fora,
participe con nós desta Queimada.
Sem comentários:
Enviar um comentário