31.12.05
Festa Total !!
Unha gran festa si, ambientazo dende o primeiro segundo. Nas bancadas había dende moz@s a matrimonios cos seus fillos e até xubilados, e iso vino no Fondo Norte... Nunca vin unha afeción igual, nen uns xogadores tan motivados. Un símil do que os galegos podemos conquerir xuntos.
Tiveron que pasar 69 anos para poder VOLVER VER a NOSA SELECIÓN, co bipartito chegou a transición. Gañou Galiza e os galegos de San Lázaro puidemos vivir por primeira vez as nosas cores.
Do xogo pouco podíamos seguir dende onde estabamos, aos xogadores nen aos de máis nome era fácil recoñecer, aínda así a motivación dos xogadores é de agradecer, a compenetración e as xogadas non eran normais para uns futbolistas que nunca xogaran xuntos. Reivindicaron a súa valía e Cabanas tamén a súa galeguidade, un símbolo para a diáspora, sorte no mundial!!. Aos xogadores só poderemos pedirlle a mesma ilusión coa que xogaron, a conciencia de pobo vai á par do resto dos galegos. Agardo poder ver pronto o partido na tv, da outra metade do campo non vimos moito.
Lin nalgún xornal, o receo dalgúns pepeiros por ver tanta bandeira nacionalista, e quen crían que eran os máis interesados pola nosa seleción? os que nola negaron? Seica lles gosta máis co escudo do Reino de Galiza... Tampouco entendo a ese par de galegos que levan a bandeira de Portugal ou Euskadi, se son portugueses e vascos mostrando o seu apoio si, pero dubidoo moito. O speaker sobraba, de feito nós non chegabamos a ouvilo e cantabamos o que surxía, tamén me fixo graza o "español el que no bote" en castelán si, dalgún.
Así vin a noite, unha festa total, fúmonos moito máis ledos do que nunca imaxinamos, GRAZAS A TOD@s!!
Fotos: Vieiros, Xurxo Lobato . Homenaxe a Nacho . Videos: do partido , Capítulo XIII da serie documental “Historia do Fútbol Galego”
Na foto da esquerda saímos 6(4 estaban en preferencia).
Os timbais non son de Carlinhos Brown pero case, uns profesionais(de Ourense?) póndolle ritmo ao partido.
FELIZ ANINOVO A TOD@S !!
29.12.05
28.12.05
Sharapova xa ten nacionalidade galega
A tenista de orixe ruso, leva meses saíndo cun mozo da UPG, a parella coñéceuse cando só eran uns cativos, os pais de Sharapova viñeran facelo Xubileo. Co reencontro o amor volveu xurdir, a parella vivirá en Galiza e ela xa pensa en levar a nosa bandeira alí onde compita. Según as súas propias verbas: "Kournikova está cun fillo dun fillo de galego, eu estou cun galego de pura cepa."
Actualizado 30-XII-05 Obviamente era unha inocentada
Actualizado 30-XII-05 Obviamente era unha inocentada
27.12.05
Que non sexan inocentadas
Touriño con Méndez Ferrín, A Xunta apoiará a candidatura de Ferrín ao Nobel
Feijoo co Estatuto, O proxecto de reforma estatutaria do PPdeG esixirá en función do que consiga Cataluña
Feijoo co Estatuto, O proxecto de reforma estatutaria do PPdeG esixirá en función do que consiga Cataluña
25.12.05
Máis Bierzo
"É do máis normal que ou BNG faga esas propostas"
"...O alcalde de Balboa tamén recorda que cando toma posesión do seu cargo (esta é a súa terceira legislatura) faino sempre en galego. «Normal, porque aquí falamos galego e a nosa cultura é galega», di."
770 alumnos do Bierzo matriculados en galego, «según datos oficiales»
«Eu falei sempre galego, pero non o sei escribir, así que estou contenta de que a miña filla o aprenda»
A proxección da película «O lapis do carpinteiro» en galego vapuleou a «Matrix» "400 persoas asistiron ao estreo da película en galego, que competía nada menos que con Matrix , cinta que ese mesmo día foi vista por 50 persoas."
Oencia e o seu "alcalde rockero" tamén falan galego.

23.12.05
22.12.05
A COPE contra o 8º mandamento
Contra o Non levantarás falsos testemuños nin mentirás e os outros nove que nen cumpren ou condean.
O Grupo Risa ponse en contacto co presidente electo boliviano Evo Morais para darlle a felicitación no nome (e a voz) do presidente Zapatero. COPE
O Grupo Risa ponse en contacto co presidente electo boliviano Evo Morais para darlle a felicitación no nome (e a voz) do presidente Zapatero. COPE