25.1.09

Os predicadores do Século XXI

Xa non veñen de afastadas terras a contarnos estrañas historias, agora veñen a describirnos a nosa realidade presente, que nós non a vemos. Mormós, Testemuñas de Xehová... eran poucos e pariu a avoa: UPyD, Galicia Bilingüe, Pío García Escudero, Corina Porro... e non podía faltar o mesmísimo Feijóo que fixo as prácticas de predicador 009 na diáspora.


O Gram Gaby
by seioque

2006 2007

23.1.09

Está moi ben

Simpático, optimista, une, normaliza ser nacionalista galego, arrisca, innova(é do 2009!), dá que falar... Cumpre co seu obxectivo na pre-campaña electoral.


O vídeo paraoficial



Olló ao artigo de Roberto Blanco Valdés, El vicepresidente Espartaco

Demagoxia desde a contradición.
Parece que as institucións nacionais galegas, os seus cargos políticos e os funcionarios págaos Madrid e os galegos non pagamos un peso en impostos. Até o goberno bipartito a relación inversión estatal/recadación era unha estafa para os galegos, un roubo. E sen lembrarnos da ditadura ou comezamos a contar o que nos deben desde que o Reino de Galiza pertence a España.

22.1.09

Os titulares de La Voz de Galicia

Los nuevos dueños del viento gallego (I)
Panaderos, una quesería, un agente de artistas y una «boutique», entre los adjudicatarios eólicos
Las concesiones de Industria han beneficiado a decenas de pymes ajenas al sector radicadas sobre todo en Lugo y Pontevedra

Una firma de capital riesgo, primer accionista del grupo de los lecheros

O primeiro titular fai crer ao lector que uns panadeiros, unha queixaría, un axente de artistas e unha "boutique" levaron cadansúa concesión eólica, e a realidade, tal e como máis ou menos contan despois é que cada exemplo forma parte dun grupo de empresas que se uniron para presentarse ao concurso, non se presentaron individualmente.
Tamén tentan picar co localismo aos lectores das provincias d'A Coruña e Ourense, coma se foran discriminados por esa orixe xeográfica, cuxa división administrativa artificial nunca foi aceptada polo nacionalismo galego.
No segundo, non hai que ser moi mal pensado para crer que o "del grupo de los lecheros" ten un ton despectivo.

O próximo sábado Los nuevos dueños del viento gallego (II), que as eleccións son o 1 de Marzo e quedan sen demagoxia anti-bng.
Información dos proxectos gañadores comparados cos perdedores, para ver se foi xusto o concurso, aínda non lin.

20.1.09

Ben cobrado!

Pórtico Audiovisuales é a produtora de "Ben falado!", microespazo adicado ao idioma galego na TVG. A súa sensibilidade ao noso idioma non chega nen para ter unha versión da web en galego.
É o seu primeiro traballo en galego para a televisión pública galega? Non, xa leva un feixe de programas, series e publicidade institucional cobrada en galego.

Ollemos outra, a Productora Faro, a web está en castelán e en inglés, a información dos programas da TVG está en galego(puido ser que lle amargara traducilo...).


Os xornais galegos, en castelán todos menos un(do Grupo Correo Gallego...), non satisfeitos co que cobran en publicidade institucional, subvencións, tamén teñen as súas produtoras audiovisuais e gábanse acotío dos seus éxitos televisivos. Parece que a audiencia galega si fai rendíbel o galego, si consume produtos en galego.

«Padre Casares» cierra la tercera temporada arrasando

(Aproximadamente 163 resultados que conteñen "padre casares" atopados no dominio lavozdegalicia.es)

"en algunas ciudades hay ya dos generaciones que han crecido pensando y queriendo en castellano. Y ahora, en una rara pirueta, resulta que los nietos castellanohablantes de aquellos abuelos a los que se les reprimió el gallego son obligados a estudiar el grueso de las asignaturas en un idioma que no es el de su vida real."

"¿La solución? Ese pequeño laboratorio de bienestar que se llama Navarra lo ha resuelto así: quienes hablan vasco, estudian en ese idioma con una buena asignatura de castellano; y los que hablan español, estudian en esa lengua con una buena asignatura de vasco."

Luis Ventoso, director adjunto de La Voz de Galicia

Aparte da comparación noxenta da persecución do galego durante a ditadura franquista co decreto educativo dun goberno democrático, que establece unhas materias e un mínimo do 50% no idioma galego, en cumprimento dunha lei de normalización lingüística aprobada por unanimidade do parlamento galego na anterior lexislatura.
Este Sr quere importar o modelo de Nafarroa para Galiza e separar aos alumnos por aulas, ten a mesma realidade lingüística?, é aínda maioritario o euskera? fálase euskera en toda Nafarroa?

Información que publicou o seu xornal, non o le? E pode descargar ese MAPA sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. I: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña : RAG, 2007.
Tamén a Situación do ensino da Lingua e da Literatura Galega na Educación Secundaria Obrigatoria. Consello da Cultura Galega. 2008
Na web da Xunta puido ver directamente os datos do 2001.

Esta é a web de Voz Audiovisual da Corporación Voz de Galicia, non ten versión en galego.


'Libro de familia' repite como el programa más visto en toda Galicia

(Aproximadamente 3.430 resultados que conteñen "libro de familia" atopados no dominio elcorreogallego.es)

"Que sólo el veintipico por ciento de los alumnos que llegan a la ESO tengan el gallego como lengua habitual no es un dato facilitado por el Club Financiero de Vigo, Galicia Bilingüe, o cualquier otro ente o persona sospechosos. El porcentaje no forma parte de un complot destinado a minar la normalización, como pudiera creerse, sino que procede de fuentes fiables. "

"De acuerdo con el dato, el ochenta por ciento de los chavales que ingresan en la ESO estarían siendo en parte escolarizados en un idioma que no es el suyo. Pueden escandalizarse lo que quieran los fariseos del lugar, pero la realidad es que para esos alumnos el gallego viene a ser una lengua adoptiva o postiza. De acuerdo, esa situación se debe a antiguas opresiones, a penosas persecuciones, es culpa de Isabel y Fernando y producto del franquismo. ¿Y qué?"

Carlos Luis Rodríguez, Redactor-jefe de El Correo Gallego

"veintipico" máis "ochenta" dan cento e pico Sr Carlos Luis, esas matemáticas en castelán non lle valeron moito. Chámalle "lengua adoptiva o postiza" ao idioma aínda maioritario, ao idioma da maioría dos pais e avós deses nenos, ao idioma no que a estes lles gustaba máis Son Goku, Shin Chan. Ao idioma do que cobra o Grupo Correo Gallego, e con outra produtora, Telecable Compostela. A quen chamaba vostede fariseo?


Guionistas, directores, actores, técnicos... que teñades máis sensibilidade co noso idioma que para traballar con el, non o fagades con estas produtoras. A maioría dos galego falantes non cobramos, nen o pretendemos, pero que non nos rouben co noso idioma.

18.1.09

E se é á túa filla á que violan?

E se matan a alguén da túa familia... estarías ou non a favor da pena de morte?

Este é o razoamento demagóxico que aplican os que defenden nestes días a guerra do estado de Israel en Gaza. Imaxínate que desde Portugal estivérannos mandando mísiles e bla bla bla..., mapas que visualizan Gaza e Israel onde ti vives.

Estarei equivocado que non ser parte axuda á obxectividade? Se penso que a un xuíz non lle fai falta que lle violen a unha filla para xulgar unha agresión sexual, ou que para arbitrar un partido mellor non ser seareiro dunha das equipas?

E estes pro-guerra, porque non imaxinan que coa escusa de combater uns terroristas, todos os seus veciños, todo o seu pobo cobrase por eles unha guerra, unha choiva de bombas. Cunha vinganza de 13 asasinados por terroristas, a 1200 polo exército dun estado. Despois de vivir deportado, asediado, en campos de refuxiados... grazas ao mesmo estado.
E que che conten: é o que ten unha guerra, temos que defendernos, danos colaterais, inevitábeis, matanzas peores hai en África...
Valeríalles?

Hoxe leo un artigo do presidente da AGAI, o Sr. Pedro Gómez-Valadés, titúlase "Gaza e Perejil".(Por certo, botárono do Bloque ou non? porque non lembro xa as veces que lin que o ían botar, e o protagonismo e vitimismo que sacaba diso. Vaia agasallo lle fixeron ou lle farían)
Este bloqueiro, ou ex-bloqueiro, en todo caso nacionalista galego de esquerdas(estaba ou está en Esquerda Nacionalista), deféndenos e fai o paralelismo partindo da surrealista acción militar aznariana epopeada por Trillo, da reconquista dun illote accesíbel desde Marrocos con marea baixa(imaxinará el unha Toralla francesa ou portuguesa? e que pintan unha Ceuta e Melilla española ou un Xibraltar inglés?)
Dúas citas:
"¿Imaxina o lector cal sería a demanda cidadá, se no canto dunha campestre invasión marroquí de Perejil estiveramos a falar dun constante e indiscriminado ataque con mísiles desde territorio alauíta sobre Alxeciras ou Cádiz?"

"¿Que lectura podemos tirar diste selectivo exercicio da solidariedade? ¿Por que algúns só exercen o seu espírito solidario cando o demonizado é Israel? Isto, ao meu ver, réstalle credibilidade ás súas protestas."

Eu non me sinto aludido, eu condeno até os independentistas galegos que fan pintadas. Pero claro, a credibilidade é a do que ve antisemitismo en todo mundo como explicación da suposta pasividade internacional en Grozni, Xeorxia, Darfur...(exemplos que cita no artigo) en comparación coas condenas que se fan ao goberno de Israel. Deberíamos calar e tragar coas súas matanzas, porque hai gobernos peores cos de Israel e a ver como respostaríamos nós... Máis lle valería estar calados, ao mellor vai ser esa a explicación do "selectivo exercicio da solidariedade".

O mapa de Vigo con Gaza é da web de AGAI. O artigo titúlase "Gaza e o Prestige"...

O contador de cadaleitos pódese seguir aquí

13.1.09

Moi bo, pero aínda se queda curto...

O PP en Galiza podía pór directamente a Jiménez Losantos no debate, que é ao que Núñez Feijóo lle baixa a cabeza e lle dá explicacións, i en público nas súas entrevistas na COPE.

4.1.09

16.000 vivendas VS 142 MW

Eis o resultado que nen agardaba nen contaba ese medio tan galego, á par de independente.
Vía problema en que o concurso eólico estivese en mans dunha consellaría bloqueira como resultado da negociación da Xunta. O BNG ten o 18.65 % dos votos, o PSdG o 33.22% e xuntos o 51.87 % fronte o 45.23 % do PP. Si, e?
Que reparto de consellarías ou que outro tipo de goberno vería máis xusto?
O Plan Eólico é de todo o goberno galego ou só do BNG?, ou de todo o goberno se a consellaría fora do PSdG ou se Touriño tivese man dentro das decisións da Consellaría de Industria?

Vía favoritismo en que un dos solicitantes, constructor, sacara á rúa
un xornal afín a Anxo Quintana, maioritariamente en castelán. E cales son as afinidades do medio que sinala co dedo? Ou contra quen vai? Por exemplo, cantos, non días, nen semanas, cantos meses estivo pendurada esta nova na sección galega diaria? Foi tan boa a xestión do BNG nestes 4 anos que o máis grave, o máis denunciábel foi servir 400 "mojitos" nun acto convocado nun hotel? Un acto aberto ao público pola apertura da exposición Arte desde galicia ou era un botellón para bloqueiros e artistas como se podería entender nese "refrescos y ron para el arte gallego"?
Son tan exemplares os políticos do PP e PSOE que non hai tan sequera unha denuncia á mesma altura para manter en portada até que sabe deus porqué, se quita?

Enerxías Renovables de Galicia, de Jacinto Rey, obtivo 142 MW, hai 7 grupos diante, o 6º
Puentegasa participada pola constructora Puentes y Calzada levou 173,4. Nese xornal, non nós informaron cal ou cales eran as ofertas alternativas, se eran mellores ou peores, á de Enerxías Renovables de Galicia para a localización onde solicitou a muiñada. O día posterior á resolución do concurso, non podían abandoa-las súas críticas, as máis simpáticas se Amancio Ortega ou Manuel Jove, por ser quen son, non sacaran tallada, pero o 1º artigo na web era do que lle escribíu o libro de conversas con Anxo Quintana.
E ao final parece que Jacinto Ray fai máis negocio grazas a acordos con políticos
do PSOE e do PP.


Para saber máis do tema, algunhas notas e ligazóns


O Ministerio de Fomento e o Concello de Madrid asinaron onte o convenio que dá luz verde á Operación Chamartín, o maior proxecto urbanístico e de servizos de toda Europa nos próximos anos. O plan, que suporá un investimento total de 10.953 millóns de euros, case dous billóns das antigas pesetas, será xestionado pola sociedade Desarrollo Urbanístico de Chamartín (Duch), participada polo BBVA e o grupo galego San José, unha de cuxas filiais é accionista maioritario da empresa editora de Xornal de Galicia.
En grandes trazos, o proxecto servirá para a culminación da Avenida de la Castellana polo norte da cidade, prolongándoa desde o Hospital de la Paz ata a M-40. Ademais, remodelarase a actual estación de tren de Chamartín, para adecuar a súa capacidade ao tráfico ferroviario de alta capacidade e proximidades.
San José xestionará en Madrid o maior plan urbanístico e de servizos da UE

Proxecto histórico dunha empresa galega en Madrid




"-Dá por esgotado o espazo para a construción de máis parques e aposta agora por repotenciar.
-O parque eólico galego é moi antigo tecnolóxicamente. É posible reducir aeroxeradores e manter e ata incrementar a potencia. Ese é o seguinte paso.

-Pero a repotenciación xa era un dos criterios do concurso e ao final...
-Tamén levou."

"-Pero, ¿non cre que a imaxe de transparencia cambaleouse nalgún momento?
-Con procesos de transparencia sempre se produce isto. Cando non hai información, evidentemente é moi difícil ter datos. Neste, que era un concurso público, con participación de todos, que por primeira vez había un baremo claro, todo o mundo opinaba. Había 30.000 megavatios pedidos e 2.300 adxudicados. É normal que se xeren debates. A min non me parece mal se se fala con rigorosidade. Unha asociación di que imos pór 15.000 muíños. ¡Por Deus! Hai que ser rigorosos."

"-Ao final, entran no negocio do vento moitas empresas que non teñen nada que ver co sector enerxético.
-Non podía ser isto un coto pechado de determinadas empresas. Isto non é unha sorpresa. ¿Por que vai ser un campo só para eles? ¿Que os beneficiados poidan ser os agricultores e gandeiros que forman parte de cooperativas? A quen lle pareza mal, que o diga. ¿Que a lousa, unha das súas empresas de maior capacidade, teña un proxecto de investigación que beneficia ao conxunto do sector? Pois se está en contra do sector da lousa, que o diga. ¿Que os conserveiros teñen vantaxes? Que o digan. ¿Que as empresas galegas de enerxía tamén están? ¿Ou as caixas? Igual a outros lles gustaba outro concurso. Pero menos ambigüidades e menos bobadas: que digan quen querían que gañase."

"-Presupónselles experiencia. ¿Tan mal están os seus proxectos? Por exemplo, Unión Fenosa.
-Aí deuse unha circunstancia que foi determinante e que explica en parte isto. Nas zonas de mellor vento confluíron unha chea de empresas. Cando a primeira resultaba adxudicataria porque tiña un mellor proxecto, as demais caer, aínda que teñan máis puntuación que outras solicitudes para outras zonas. ¡Pero é que non foron a outras zonas! Outros optaron por áreas limítrofes, que se cadra non son tan rendibles, conscientes quizais de que competir nos puntos de aglomeración non era tan sinxelo. E lograron, con menos puntuación, facerse coa repartición."

"-A maioría de gañadores están moi vinculados con Galicia, con sectores tradicionais.
-Si. A quen non lle guste, que o diga claramente. Se vostede pregúntame se me preocupa que estean vinculadas ao país, dígolle que non, nadiña. Paréceme razoable. Aquí é onde se explotan os recursos e os impostos non teñen por que irse a Madrid ou onde sexa e non quede ningún tipo de beneficio. Isto era un concurso. Algúns empezan a crerllo agora. Igual é tarde."