22.1.09

Os titulares de La Voz de Galicia

Los nuevos dueños del viento gallego (I)
Panaderos, una quesería, un agente de artistas y una «boutique», entre los adjudicatarios eólicos
Las concesiones de Industria han beneficiado a decenas de pymes ajenas al sector radicadas sobre todo en Lugo y Pontevedra

Una firma de capital riesgo, primer accionista del grupo de los lecheros

O primeiro titular fai crer ao lector que uns panadeiros, unha queixaría, un axente de artistas e unha "boutique" levaron cadansúa concesión eólica, e a realidade, tal e como máis ou menos contan despois é que cada exemplo forma parte dun grupo de empresas que se uniron para presentarse ao concurso, non se presentaron individualmente.
Tamén tentan picar co localismo aos lectores das provincias d'A Coruña e Ourense, coma se foran discriminados por esa orixe xeográfica, cuxa división administrativa artificial nunca foi aceptada polo nacionalismo galego.
No segundo, non hai que ser moi mal pensado para crer que o "del grupo de los lecheros" ten un ton despectivo.

O próximo sábado Los nuevos dueños del viento gallego (II), que as eleccións son o 1 de Marzo e quedan sen demagoxia anti-bng.
Información dos proxectos gañadores comparados cos perdedores, para ver se foi xusto o concurso, aínda non lin.

1 comentário:

Luís Pérez disse...

Estou totalmente de acordo contigo, xa que eu acostumo ler non só ese xornal senón outros como Xornal.com ou Gznacion.com. E confirmo o que dis, ás veces, poñen titulares e noticias un pouco ambigüas que fan que o lector entenda cousas que non son.

Sin máis un saúdo.