10.2.08
Máis Centros Quérote, menos abortos
"A primeira é que tiña que ser un centro camuflado. Iso é básico. En Santiago está no que era a casa da Xuventude e dende fóra non se sabe se un rapaz vai facer o Carné Xove, a preguntar por unha bolsa de emprego ou a falar coa psicóloga do centro Quérote. Iso é importantísimo para o rapaz, para sentirse seguro e tranquilo. Hai un traballo que enquisa a rapazas menores que quedaron embarazadas sen desexalo que dicían que si coñecían os Centros de Orientación Familiar (COF) pero que non foran a el por medo a quen se podían atopar alí. Podíanse atopar á panadeira do barrio ou a unha veciña e a ver como lle explicaba que facía ela alí." Entrevista a Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude.
«Co noso comunicado pretendemos, sobre todo, denunciar o paradoxo que se está a producir agora mesmo no noso país. O sistema sanitario está a gastar unha cantidade inxente de cartos e de medios técnicos e profesionais para coidar a nenos de 24-25 semanas de xestación, mentres permite que estas clínicas practiquen abortos por enriba dese período e, polo que temos visto, de 30 semanas e máis, que xa son nenos completamente formados e dun peso elevado». Máis de 9.000 pediatras «O noso comunicado -subscrito por máis de 9.000 pediatras, case a totalidade dos que exercen en España- pretende facer ver unha realidade, e é que eses nenos de 24-25 semanas son viábeis. Saen adiante nunha porcentaxe altísima. A partir dos 450 gramos poden vivir. Por suposto, en incubadora, con respiración asistida, inducidos pulmonarmente, aplicando medios moi sofisticados e gastando moitos cartos... Pero é algo habitual, diariamente ingresan moitos nenos nas unidades de coidados intensivos prenatais», sinala. «Para os pediatras -recalca-, é especialmente impactante estar a salvar a criaturas de 450 gramos cando nesas clínicas os están a matar cun quilo ou máis». Xa quixeran eses pediatras que os seus pacientes estiveran en moitos casos tan desenvoltos.
Actualmente só pódese abortar en tres supostos: até as 12 semanas en caso de violación denunciada, até as 22 cando hai malformacións do feto e sen prazo determinado (o grande coador) cando hai perigo de enfermidade física ou psíquica para a nai.
A opinión da Asociación Española de Pediatría, que pegou un comentarista de Vieiros
No encontro, no que participou tamén a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galiza, Carme Adán, a candidata nacionalista reclamou a “despenalización do aborto” e a “aprobación dunha lei de prazos que dea á muller o dereito a decidir sobre a interrupción voluntaria do seu embarazo nas primeiras 16 semanas de xestación”.
Así mesmo, Paz Abraira defendeu que o aborto debe ser “libre e gratuíto” e practicarse “na sanidade pública galega”. Paz Abraira pide que se poidan practicar abortos nos hospitais de Lugo
Por que non se podería aceptar socialmente con normalidade que unha muller que queda embarazada sen desexalo, teña ese neno e o dea en adopción? Faise algo para des-prexuizar iso?
Aceptamos con máis normalidade o aborto porque queda en privado, porque non nos decatamos, porque non vimos o bombo? Non nos estamos querendo enganar a nós mesmos?
Faise todo en prevención? Viven os pais galegos, españois... no Século XXI?
Gostaríame ver algunha comparativa europea, e que alguén, mellor algunha, me contradixese.
7.2.08
AGAI
"Non todo van ser críticas, AQUÍ podes ver un dos apoios a decisión do BNG de impedir unha declaración institucional do Parlamento Galego, de condena do nazismo e en recordo das vítimas do Holocausto. Noraboa ao compañeiro Aymerich e demais grupo parlamentar."
E ilustran o post cunha imaxe da Falange. Ao entrar no "AQUÍ" vas a un foro, non á web da Falange, e neste foro un fulano entérase da cousa por Libertad Digital. Apoian a versión goebbeliana dos feitos que lle dá Libertad Digital, non a postura real do BNG.
A demagoxia vólveselle en contra, porque xusto no post anterior a este, tedes algúns dos medios e persoeiros que apoian a AGAI, entrevistan a Pedro Gómez-Valadés...
Filofranquistas, racistas, homófobos...
Cecais, o feito de que Franco, que recibira o apoio de Hitler, non quixera saber nada dos españois nos campos de concentración nazis, o poidan interpretar como unha solidariedade franquista cos xudeus...
O triste é que vendo a web de AGAI, con data 27 de Xaneiro de 2008, xa aparece un comunicado no que din "ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP."
Estou agardando ver ese texto, o BNG aínda hoxe, en palabras de Jorquera:
“a única forza que propuxo unha declaración de repulsa ao Holocausto foi o BNG”. Un texto “único”, xa que as outras dúas forzas parlamentares de Galiza non presentaron moción algunha nese momento.
Ao final os medios goebbelistas españois poderían excusarse co comunicado de AGAI.
Tamén vin a carta de dimisión do concelleiro de Neda e hai cousas que non entendo.
O BNG é o único que no parlamento pode presentar unha “ Declaración Institucional non negociable” ? Ou foi o BNG o único que se lembrou de condenar a “barbarie” nazi nunha declaración na que tamén se condenaba a política actual do goberno de Israel que é diferente ao que di o ex-concelleiro de Neda "un ataque en toda regla ó Estado de Israel ."
Todos os que viven en Israel son descendentes das vítimas do Holocausto? Por que é un ataque aos descendentes das vítimas do Holocausto condenar a política actual do goberno de Israel?
Por que di que o BNG se esquece das vítimas en estados musulmáns ou as provocadas por estes e non cita Arabia Saudí, Libia...? Por que non di tamén que se esquece das vítimas dos non musulmáns? Por citar até o infinito e tal.
Non hai odio "aos xudeos e ao pobo xudeo". Neste sentido, advertiulle de que non lles porán "ningunha mordaza" e de que seguirán censurando ao Goberno dese país se mantén a súa actitude con Palestina, "desde o aprecio ao pobo xudeu". De feito, aseverou que distinguen os gobernos dos pobos e puxo o exemplo dos Estados Unidos, do que en reiteradas ocasións alertaron do seu "imperialismo", a pesar do seu respecto aos seus cidadáns.
Quen está atacando realmente aos descendentes das vítimas do Holocausto?
"su rechazo en el Parlamento gallego a apoyar una declaración sobre la condena del holocausto"
" su posición actual "les sitúa políticamente" como "un partido nacional-socialista" y "al lado de los partidos antisemitas". "
" Por el contrario, agradece a los partidos "democráticos" gallegos su apoyo a la declaración, "
La comunidad judía pide al BNG que abandone su actitud antisemita
Quen se acorda xa do epílogo e subvención deste libro polo Presidente Fundador do PP?
Actualizo a 10-II-08, para non perdelos
A vella farsa tráxica VII. Vítimas e verdugos: as metástases do racismo nazi (I)
A vella farsa tráxica VII. Vítimas e verdugos: as metástases do racismo nazi (II)
Fedor xudaico(fai referenza ao que pensaba Risco, cando xa non era alguén)
29/02/2008 Hamas pode atrair "Holocausto" a Gaza, diz vice-ministro de Israel
02/06/2008 O libro contén dúas teses que no pasado tiveron certo predicamento, tamén entre historiadores sionistas, pero que hoxe foron arquivadas: que os actuais xudeus proveñen de pobos pagáns que se converteron ao xudaísmo lonxe de Palestina, e polo tanto non descenden dos antigos xudeus, e que os palestinos árabes son os únicos descendentes dos antigos xudeus.
"Cando e como se inventou o pobo xudeu". Shlomo Sand, profesor de Historia de Europa na Universidade de Tel Aviv
17/10/2008 Existiu outra Palestina
A exposición 'Palestina antes de 1948' amosa a realidade dun país moderno e cosmopolita antes da creación do Estado de Israel.
6.2.08
Goebbelistas
Sr. Director:
En la última reunión de la Diputación Permanente del Parlamento de Galicia propuse a los señores Ismael Rego y Manuel Ruiz Rivas, portavoces de PSOE y PP, que aprobásemos la siguiente declaración institucional para conmemorar el Día Internacional del Holocausto: «A 63 años del fin de la II Guerra Mundial, el Parlamento de Galicia quiere recordar a las víctimas de la barbarie nazi. Fueron millones los hombres y mujeres asesinados por razón de su etnia, religión u ideología, de un modo industrial y planificado, por el nazismo alemán y sus colaboradores. A través de la presente declaración pretendemos evitar el olvido de estos crímenes y prevenir a la ciudadanía gallega contra aquellos que siguen negando su realidad histórica o minimizando sus consecuencias. Los horrores de la guerra y, en particular, los de los campos de exterminio están sin duda en la raíz de la Declaración Universal de Derechos Humanos aprobada por la ONU en 1948. Es por eso que, en este su 60º aniversario, el Parlamento de Galicia reivindica su plena vigencia denunciando sin paliativos situaciones como el bloqueo que sufre la franja de Gaza o el muro de separación que está construyendo el Estado de Israel como parte de la ocupación militar de la tierra de Palestina, porque suponen una conculcación de la legalidad internacional y de los derechos inviolables que pertenecen a todas las personas y a todos los pueblos».
El portavoz socialista consideró innecesario repetir la condena del Holocausto, porque ya había una declaración aprobada el año pasado. El portavoz del PP manifestó que «una declaración institucional no es el cauce adecuado para realizar consideraciones contra el Estado de Israel». Ninguno propuso un texto alternativo. El BNG condena el terror nazi que exterminó a más de 10 millones de personas (judíos, gitanos, comunistas, socialistas, homosexuales, discapacitados...) pero pensamos que no tiene sentido denunciar lo sucedido en el pasado sin recordar que hoy están siendo violados los derechos humanos de muchas personas, entre ellas las que forman el pueblo palestino. Son otros los que se niegan a condenar el franquismo y las violaciones de la legalidad internacional.
Recollido na blogue de Arcadi Espada, que como bo anti-nacionalista(emancipador) lle buscou os peros. Que varios comentaristas contestaron, moi ben, por certo.
Eu mesmo lle poría peros, por misturar allos con cebolas, ou facelo nun momento errado, senón fose que estas imaxes(que non eran as de tódolos días) eran actualidade en todo o mundo.
De casualidade, ao pór "palestinos" no buscador d'A Galega.Info, fixeime na frecuencia con que saen diante do adxectivo "mortos". Tamén se pode comparar ao pór "israelís", e ver quen vai gañando...
Aymerich, cita unha declaración aprobada o ano pasado. É esta-> Declaración Institucional aprobada hoxe na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia sobre o Día de Conmemoración Anual en memoria das vítimas do holocausto 26 de xaneiro de 2007.pdf
En que punto se desmarcou o BNG desa Declaración Institucional aprobada por unanimidade o ano pasado? Fai falla repeti-la mesma declaración tódolos anos?
Por se fora pouco, "la Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) no les trasladó texto alguno al respecto". "Así, los socialistas consideraron "innecesaria" la aprobación de este texto, porque el año pasado ya se había impulsado una iniciativa similar, también promovida por el BNG." El BNG aclara que fue el único que presentó un texto en el Parlamento gallego para condenar el nazismo
Ou sexa, que até a declaración do ano pasado foi promovida polo BNG!!
Seica Tele 5 rematou coa emisión do programa "Aquí hay tomate", e moitos semellan aledarse da fin dese xornalismo. O preocupante no Estado Español, non era nen é que se traten así as novas do corazón, o que me fode a min como votante do BNG(ou ao 19% dos votantes galegos) é que digan que votamos a un partido nazi, ou que nega o Holocausto nos principais medios da dereita(e estremo dereita) española. Xornais, radios... que están vendendo en toda España unha Galiza na que o 19% dos galegos somos nazis.
Estou a favor da liberdade de expresión, e que a COPE(por citar un) ladre o que queira, pero que pague, que non lle saia de balde isto. Por iso dende aquí emprazo ao Bloque ou a calquera asociación de hostaleiros galegos(por exemplo) a que se querele contra tanta infamia. Este xornalismo non é novidade, nen sequera para o BNG.
Uns exemplos:
"El BNG se niega a respaldar una declaración de condena del nazismo en la Diputación Permanente del Parlamento autonómico." A primeira nova aparecida en Libertad Digital, significativa porque tiveron de fontes a dous blogs. Sen contrastar non só publican, fan editorial e presentan outras novas ca mesma inxuria.
"la negativa de BNG a condenar el nazismo." Editorial de Libertad Digital
"el partido que se negó a condenar el holocausto" A dimisión do concelleiro de Neda en Libertad Digital
"El BNG, socio dilecto de Zapatero en la desgobernación de Galicia y agente archipropicio para la liquidación de España, se ha negado a condenar el nazismo en el Parlamento regional." "Ha dicho que si no se condena a la vez la política israelí contra el terrorismo palestino, se niegan a condenar la solución final de Hitler." "Se le ofreció al BNG presentar una moción paralela sobre Israel para votarla aparte, pero los socios separatistas de Touriño y Zetapé se negaron en redondo." "Y ZP, que no rompió su idilio con la ETA tras el atentado de la T-4, tampoco romperá con estos naziños que apoyan a Hamas y se niegan a condenar el asesinato de Ana Frank." Federico Jiménez Losantos en El Mundo
"el primer partido con responsabilidades institucionales en Europa en negarse a condenar el Holocausto, el exterminio de seis millones de judíos." Hermann Tertsch no ABC
29-I-08 "en Galicia donde hay un gobierno nacional-socialista, aclaremos que no alemán, si no gallego ", "se discutía el aprobar una declaración de condena del nacional-socialismo alemán... ...la moción contaba con el respaldo del grupo popular..." "ni hablar del peluquín de condenar el nazismo". Tamén colgan unha entrevista grabada ao Valadés.
A partir do minuto 6:43 (.mp3), César Vidal na COPE.
30-I-08 "El Bloque Nacionalismo Gallego se había negado a condenar el nacional-socialismo alemán en el Parlamento Gallego"
Tamén se fan eco desta felicitación irónica da plataforma Rosas Blancas polos "75 años del nombramiento de Adolf Hitler como Canciller alemán." ao "Don Ancho". Ignoro en que lingua romance, o "x"(Anxo) equivale ao "tx"(Ibarretxe) do euskera.
Lémbranse de Pedro Gómez-Valadés cun "Finalmente se optó por la expulsión", e que eu saiba segue pertencendo ao BNG. A partir do minuto 8:02 (.mp3), César Vidal na COPE.
“Miente, miente, que al final algo quedará... ...cuanto más grande sea una mentira, más gente lo creerá..." Joseph Goebbels, ministro de Propaganda nazi.
(En España, el saludo fascista se mantuvo hasta el año 1975 y fue mantenido por el dictador Francisco Franco.)
Grandes seguidores dos evanxeos, os bispos...
O colmo é que até trague con isto o embaixador israelí, non quero pensar que sabendo a verdade queira ir de vítima desta forma. Ese, si que sería un ataque aos descendentes das vítimas do Holocausto.
"el BNG, que rechazó la publicación de una declaración del Parlamento gallego de condena del Holocausto si no se incluía en ella también la situación en la Franja de Gaza." "no existe actualmente en Europa otro partido que rechace el Holocausto" por lo que el Gobierno "no debería dejar pasar" el caso y pronunciarse al respecto, como ocurrió en el pasado en Europa con los ultraderechistas Joerg Haider y Jean-Marie Le Pen.
El embajador israelí, molesto por la postura del BNG sobre el Holocausto, pide al Gobierno que se pronuncie
A maioría da Asociación de Amizade con Israel, que milita no Bloque, non lle vai dicir nada?