Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona polo PP.
E relacionado co tema
"Tanto Endesa como Unión Fenosa optaron por reducir as emisións de CO2 en países en vías de desenvolvemento, fundamentalmente de Latinoamérica. Invisten en proxectos enerxéticos medioambientalmente eficientes e o dióxido de carbono que lle aforran á atmosfera desde alí, compénsalles o que sobrepasan en Galicia. A procedencia das emisións é indiferente á hora de frear o efecto invernadoiro."
"A central térmica das Pontes (de Endesa) recibiu a segunda maior cota de CO2 de todas as empresas españolas que están afectadas polo Protocolo de Kioto, detrás das siderúrxicas de Aceralia en Xixón e Avilés. Debería emitir 8.058.215 toneladas en 2005, pero en realidade lanzoulle á atmosfera 9.324.833. En proporción, Meirama foi a que máis se pasou. A súa asignación era de 2.786.379 toneladas e emitiu 4.221.684."
"Aínda que o prezo varía, ás multinacionais sáelles mellor que comprar CO2 nos mercados que funcionan en Europa ou que pagar as multas por non cumprir Kioto, a 40 euros por tonelada."
"un parche para maquillar"
Gases galegos en América
Actualizado 22-XI-06. A ver se é certo: En cinco anos, o 95% da enerxía consumida en Galiza virá de fontes renovábeis
Actualizado 22-XI-06. A ver se é certo: En cinco anos, o 95% da enerxía consumida en Galiza virá de fontes renovábeis
3 comentários:
e non nego que as cinzas chegaran ás rías, ou que puideran incrementar algo o dano das inundacións. Pero ten maior incidencia o nível de precipitacións acadado nestes días e a iracionalidade dalgúns asentamentos urbáns.
alguen viu o domingo, 19 de novembro de 2006, a noite no programa da sexta "habitacion 623", a entrevista que lle fixeron a don manuel??
porque marina castaño refirese a él coma "presidente"??? de que??? da comunidade de veciños???
o de ser o dia antes do 20-N foi algunha clave oculta?
e despois de ver o vello que esta e o que lle patinan as neuronas, menuda vergoña teria sido habelo tido de presidente de Galiza 4 anos mais!!!
e que hai simpatizantes, militantes e hooligans dun partido. Iso lémbrame ao que facía de paisano na tv amosándolle o queimado a Rajoy e se refería a el coma presidente, craro, seríao do seu partido.
Á Marina Castaño, ademáis, góstanlle os "maduritos".
Fraga, xa ten el mesmo pouca vergoña, nas elecións chegou a dicir que non descartaba presentarse no 2009, total se lle votaron os mortos por que non ía poder gobernar un morto?
Enviar um comentário