O 3º directo de CatPeople ao que acudo en menos de 6 meses, e antes de que remate o ano estaremos na Iguana... Non son un freak da banda, pero a amizade cun compoñente e a escusa para tocala noite salamantina e compostelana é un plus ;-)
O seu directo gañou moito dende o día de Castrelos, cos Pet Shop Boys, vai rodado, e é que tamén rodaron moitos Km.
O que máis me gostou, aínda que en Capitol o son estivo perfecto, foi o da sala Potemkim, un concerto máis cálido, case que en familia. Ademáis tiveron de teloneiros a outros coñecidos vigueses, Why Go, moito máis difíciles de chegar ao gran público, pero como dixo o Bruxo de Arteixo, "non vai ser todo fútbol". Teñen temas que a min góstanme moito, o seu próximo disco pode dar que falar.
CatPeople está tocando algúns temas novos, un moi potente, cun comezo rompedor, Cohaagen, inspirada na película Desafío Total.
O sábado volveron entrevistalos no Estrarradio(min. 34:46) da Radio Galega.
Despois deles tocaron Delorean, só me soaba o seu nome, en parte porque non chegara a velos o día de Franz Ferdinand en Vigo, grupo este último que un amigo definira coma "El Canto del Loco Inglés", e pecando un pouco de snobismo, valórollo.
Os vascos Delorean gostáronme, intensos, a voz do cantante, o bo emprego dos teclados e sintetizadores... A música que me gosta ouvir de carallada.
Metropolitan Death
Add to My Profile | More Videos
1 comentário:
Esquecín comentar que os Franz Ferdinand en verdade son escoceses
Enviar um comentário