3.11.06

CIU-ERC

Esperanza ou decepción?
Mañá se podo, dou a miña opinión que coincide co "
Penso que despois destas eleccións hai unha sólida maioría nacionalista que debe gobernar" de Quintana, ao igual que nas anteriores elecións.

Hoxe copio e pego. Ollo á foto de Artur Mas escollida por "La Razón". Hai un xornalismo que se descalifica a si mesmo, só vale para hooligans. (El Mundo, COPE, Libertad Digital...)

Albert Boadella, agora Alberto Boadilla?
Unha forza que non tiña representación queixándose da súa presenza nos medios, que tería que ter feito o Bloque?

Comentario sobor de Ciutadans dun tal
javierb na blogue PeriodismoIncendiario.com.

"Ciutadans acabou (e comezado, de feito) sendo un partido que aglutina principalmente a xente que, ben porque a súa residencia en Cataluña sexa temporal, ben porque non desexa integrarse na súa terra de acollida, decide que non ten (nen el nen os seus fillos) porqué coñecer a lingua do lugar, e que fai máis caso das burradas que se din en Madrid sobor de unha suposta discriminación do castelán que da súa propia experiencia diaria, que a nega categóricamente. Faise moi curioso ver como os grandes voceiros da suposta discriminación son persoas que, malia levar 20ou 30 anos vivindo en cataluña, non falan nen unha palabra de catalán, nen parece que o necesitaran nunca para desenvolverse con naturalidade aquí. Eles mesmos son a proba vivinte de que a súa suposta "verdade" é falsa.

Deste xeito, malia que Ciutadans defínese coma un partido de centro-esquerda, a realidade é que acabaron entrando xente cuxo único ponto en común é o españolismo centralista, sexan estes de esquerdas, dereitas ou ultradereitas (que tamén os hai). A proba diso é o manifesto de consenso co que se deron a coñecer, onde caeu a proposta incial (presente en todos os manifestos anteriores) por unha España federal.

O único que suscitan, en resumo, é desterrar do público todo o que teña que ver co nacionalismo (sexa isto cultura, lingua ou calquera outra manifestación), un goberno "laico" no sentido de que sexa aconfesional e non nacionalista. Todo iso sen criticar o nacionalismo castelán implícito no estado Español, con todas as institucións que sustentan dita lingua pagadas por todos os españois. O que non din, ou do que non se dan conta é que se eliminas as ferramentas que ofrece a Generalitat para sustentar a cultura en catalán, mantendo as mesmas estruturas para o castelán, estás condeando a lingua catalá a unha extinción máis que probable, como xa pasou prácticamente con moitas outras linguas peninsulares (bable, leonés, aragonés, etc.).

É unha formulación moi habitual. O señor Francisco de Ayala, pese a ser membro dunha institución pública como a RAE, referente claro da defensa do castelán en España e o resto do mundo, criticaba os nacionalismos, declarándose non nacionalista, por ter as mesmas institucións e devoción pola lingua que el tiña garantido polo estado, aínda que non se dese conta diso. Así é como pensan moitos simpatizantes de Ciutadans.

A realiadad é que, postos a ser equitativos, agora, co novo estatuto, comézase a ter un bilingüísmo real, dese que supostamente reclama Ciutadans. Antes, só o castelán era de obrigado coñecemento. Agora, o son os dous. Temos 4 televisións públicas en Cataluña (TV1, TV2, TV3 e C33), pagadas polos cataláns (as dúas castelás tamén por las demais autonomías) dúas en catalán e dúas en catelán. Exíxese que os servidores públicos coñezan ambas linguas para atender ás persoas na que eles queiran (en moitos casos non era así, especialmente na xudicatura, onde o catalán brillaba pola súa ausencia), etc.

En fin, que hoxe veremos onde acaba esta aventura, por outra banda recurrente na nosa historia (houbo 3 ou 4 precedentes a Ciutadans)."

6 comentários:

Fer disse...

Citadans é um partido "anti-", com todo o que isso significa. É um partido do odio, que só nasce fomentado pola direita espanholista para caçar votos em prol da estratêgia da carragem e o anticatalanismo (e antivasquismo, e antigalegismo).

Sequer som anti-nacionalistas, som catalofobos, pois giram com o nacionalismo espanhol :P

EL GARRULO disse...

No giran con el nacionalismo español.

El éxito de Ciutadans no es otro que el de recoger en sus filas a los desencantados con la incoerencia del PP, los desvaríos del PSC y los indecisos que no encontraban en los Carod, Saura, Maragall (y por supuesto Montilla), Piqué y demás un representante adecuado.

Para mí, ha triunfado la posición moderada de un partido que propone ante todo la LIBERTAD. EN primer lugar LIBERTAD DE IDIOMA. Un partido que se escapa de la caza de brujas o de comentarios que sugieren que el castellano es un idioma de ignorantes, porpio de criados y chachas venidas de Andalucía. No olvidemos que en Galicia hemos vivido exactamente lo mismo pero a la inversa, cuando se tildaba de paletos a los galego-falantes.
Me pregunto cuántos premios Nobel de literatura han ganado escritores en catalán (por supuesto, los habrá que piensen que hay un "veto" a estos escritores).

Tender a encasillar como anti- a un partido nuevo que tiene éxito me parece un recirso muy limitado a la hora de calificar el éxito obtenido. Por supuesto, decir que el partido nace del odio, de la derecha españolista... me deja sin palabras.

Mientras haya hueco para patidos políticos seguirán saliendo a flote (seguramente sin el éxito de Ciutadans), lo que no significa que se trate de partidos anti-. Si anti- es todo aquel partido que no comparte tu opinión nacionalista... apaga y vámonos.

Anónimo disse...

simplemente son anti- porque eles mesmos asi se definiron, vin varias veces o lider desta formacion definirse coma anti-nacionalista, eu respeto todalas opinions, pero as que van contra o que pensan os demais son canto menos sospeitosas...

Fer disse...

'El Garrulo', Citadans nom defende a "liberdade linguística", se nom o direito a nom-integraçom. Pretender banir o catalam da vida política e pública catalana, pois nom confundamos: o castelhano já demonstrou dabondo que nom pode conviver com outras linguas, so destrui-las.

É um partido pensado nom para recolher o voto dos descontentos, se nom dos asociais que defendem o seu direito a se isolar numha sociedade catalam-falante e imponher (eles sim imponhem) umha lingua no debate político e na dinâmica diária que é alhea. Pertencem à mesma caste de individuos que no nosso pais agromam-se no PPdG (E escrevem e opinam em El Correo e La Voz) e berram que os seus direitos como castelhano-falantes estam em perigo polos 'talibans nacionalistas". Os criadores desse partido nom buscam ganhar direitos, se nom resta-los aos catalans, pois no seu programa (constituido formalmente sob o anti-nacionalismo catalam e polo nacionalismo espanholista) so fixarom medidas que escomam o processo de normalizaçom e afirmaçom linguística e nacional de Catalunya.

Porém todo o que diga está de mais, so cumpre botar um olho ao que está aconter nestes dias, quando o PPdC tencioa agromar as suas propostas coa do novo partido do odio (que lhe fai competência) e partilhar um bloco (mini bloco) anticatalam no parlamento dessa naçom. E para termatar de somar evidências so tés que empregar o arquivo (ou a memória) e contar o número de minutos, reportagens e entrevistas adicadas nos meios espanahois a o partido e Boadella. Nunca na história da 'democracia espanhola' os media botarom tanto tempo a falar dum partido novo, minoritário, sem representatividade a priori. Nom estranhe a ninguem o resultado de três deputados, depois de que contaram com umha campanha mediática que em comparaçom foi mais grande que a de CIU ou a do PSC.

EL GARRULO disse...

Es un error definir a una sociedad como catalana-hablante o gallego-hablante. Precisamente el problema es categorizar a una sociedad AL COMPLETO en base a un sólo concepto (sociedade catalam-falante). Según tú, que una minoría defienda su DERECHO a expresarse en el idioma que le dé la gana, no es más que un aislamiento a voluntad propia.

Lo curioso es que respecto a las minorías, en el caso del Valle de Arán (y el aranés) a esa minoría se la considere "de segunda" pese a que desde hace décadas mantengan su postura de un "ARÁN LLIVRE". Esa monoría es completamente deslegitimada, por no decir desprestigiada.
Lo mismo ocurre con la negación de la condición del Valenciano, vetando su reconocimiento en Estatutos, en el Parlamento español... una actitud que se podría definir como caza de brujas.
Caza de brujas que desde este tipo de partidos nacionalistas, con los que sin duda simpatizarás, se lleva a cabo contra empresarios (incluidos pequeños comerciantes) por el simple hecho de no utilizar el catalán en su empresa. Que culpa tendrá un panadero o un propietario de un bar de la situación del catalán.

Yo defenderé desde siempre la libertad. Y la libertad de expresión (incluida la de idioma) forma parte de ella. Y si defender esto es ser catalanófobo... lo seré.

Colazo disse...

"Un partido que se escapa de la caza de brujas o de comentarios que sugieren que el castellano es un idioma de ignorantes, porpio de criados y chachas venidas de Andalucía. No olvidemos que en Galicia hemos vivido exactamente lo mismo pero a la inversa, cuando se tildaba de paletos a los galego-falantes."

A primeira frase responde a un artigo do que fora colaborador de Crónicas Marcianas e ti xeralízalo, a segunda nen ti mesmo a podes crer. A que responde senón que en Galiza haxa hoxe galegos que aos seus pais galegos lle falen noutro idioma?, ou que haxa pais galegos que entre eles falen galego e aos seu fillos galegos en Galiza lle falen en castelán?
Está en igualdade o galego co castelán en Galiza?
E se só fora o idioma...


Dende o meu ponto de vista o tema Ciutadans reflexado no meu post contradí e nega totalmente a túa versión, engádoche outra opinión, a do autor da blogue http://periodismoincendiario.blogspot.com/2006/11/qu-corta-es-la-memoria-de-la-yihad.html
Ciutadans é simplemente o partido apoiado pola COPE, Libertad Digital...Losantos e compaña, non é difícil adiviñala súa ideoloxía. Senón fora así desmarcaríanse destes publicistas.


Eu do Val de Arán sei isto, o da Wikipedia
"A Guerra Civil española e a ditadura de Franco acabaron con calquera intento de restauración da autonomía aranesa. Non foi até 1990, mediante a Lei 16/1990, de 13 de xullo, sobre o réxime especial do Val de Arán (desenvolvemento da disposición adicional primeira do Estatuto de Autonomía de Cataluña) que se restauraron parte dos dereitos históricos do Val de Arán. Así, restabeleceuse o Conselh Generau d'Aran e o Síndic d'Aran como principais institucións da organización administrativa propia do Val de Arán, así como a oficialización do aranés."

Que reflexo electoral ten ese "ARÁN LLIVRE"?, de que vai?


Valencían?, Mallorquín, Ibicenco, Menorquín, Formenterés, Andorrano?
No castelán falado no Estado Español, non xa na outra beira do atlántico haiche ben máis diferencias
O do valencián é coma os que critican a normativa galega(e non me refiro aos reintegratas)? Impórtalles unha puta merda o galego, é máis só queren a súa extinción.


O das empresas, non sei porqué ti podes ter unha factura de teléfono, auga, electricidade... en castelán e eu non en galego en Galiza. Isto xa é o colmo, cando hai monopolio, unha única empresa ou unha única licencia concedida pola correspondente administración.