21.3.06

Recolleita(de novas)

<<Así, as dificultades de supervivencia da cultura galega, "entendida como idiosincrasia", son para Ruibal, reflexo da loita xeral "por conservar a identidade, a colectiva e tamén a individual", fronte "aos múltiples mecanismos que os poderes dispoñen para uniformizarnos". O dramaturgo vai máis alá e afirma que "a vida no planeta está planificada polo capitalismo, como antes o estivo co nazismo" anque, "afortunadamente, por moitos medios que teña o sistema para facelo, sempre hai factores imprevistos que nos poden beneficiar". É a ese sistema ao que lle interesa que teñamos "unha identidade difusa e maleable, tanto persoal como colectiva, pero esta sobre todo", e o que "nos intenta confundir, por exemplo, falando despectivamente dos nacionalismos, dicíndonos mesmo que un nacionalimo humanista como o noso é bárbaro".Contra unha clase política que até o de agora nunca se ‘ mollou’, reivindica pois Ruibal a "valentía" para dotar á lingua e á cultura galega do prestixio que precisan, e manter viva a "resistencia" fronte á alienación. "Se miramos cara a atrás, veremos que o traballo dos rexionalistas, o Seminario de Estudos Galegos ou as Irmandades da Fala", di, veremos que "fixeron un esforzo enorme", pero que, de momento, "hai que continuar".>> Ruibal reivindica valentía para dotar de prestixio a lingua, INGRESARÁ O 24 NA REAL ACADEMIA

Imos supor que a muller do Sr Méndez Romeu está capacitada para o cárrego que lle deron, pero dada a súa valía(non lle faltará traballo), o PSdG non pode evitar suspicacias nomeando outr@ president@ do Consello Escolar de Galicia? <<
O conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeu, advertiu onte ós "centenares" de funcionarios de libre designación nomeados polo PP na súa etapa na Xunta que continúan no seu posto de que poden ser "cesados en calquera momento sen máis explicación que a que prevé a lei".>> A vinganza do PPdG: <<Manuel Ruiz Rivas chamoulle "Cid Campeador" a Méndez Romeu e advertiulle que non se estrañe de que "cando o PP chegue ó poder en catro anos" a súa esposa, Milagros Blanco, "deixe de ser a presidenta do Consello Escolar de Galicia".>> Galicia-Hoxe

Medio millón de galegos, baixo o limiar da pobreza

"Desexa que a República de Galiza sexa Estado independente con plena lexitimidade acorde ao dereito internacional?" é unha brincadeira, Montenegro busca a independencia para a "estabilidade"

Sem comentários: