8.3.06

A "pluralidade" do PP

Exemplo I: A miña alcaldesa
"-¿É unha viguesa militante? ¿Sublévana certos investimentos noutras cidades galegas?
*Son unha viguesa moi galega. Moi galega. Creo que os localismos non son bos para ninguén, pero o que teño claro é que defendo con unllas e dentes o que lle corresponde a Vigo. E o que non entendo son certos macroinvestimentos pantagruélicos que non sei a que van conducir. ¿Poño un exemplo?: o porto exterior da Coruña. Non o entendo, cando se vai facer outro porto exterior ao lado, en Ferrol, e cando no porto de Vigo estamos aínda pendentes de financiamento.
-Para compensar, cite tamén algún "macroinvestimento pantagruélico" do PP.
*O porto exterior da Coruña tamén foi apoiado polo PP. Aí están todos, PP e PSOE. E eu non o entenderei na miña vida. Vanse facer edificios en terreos portuarios sen custo para a cidade da Coruña. E en Vigo, non obstante, para facer un auditorio tivemos que pagar o terreo. ¡Non mo explico!" Corina Porro: “No PP saben que non caso con ninguén”
Aínda que no PP saiban precisamente, que está onde está por casarse sempre con Alguén

Exemplo II: Pepe Araújo, concelleiro de Cultura, Festas e Festival de Cine de Ourense
"É unha persoa moi querida nunha cidade «infinitamente tolerante e respectuosa», como el di; a voda co seu mozo vai ser sonada, e non só polos máis de 300 convidados" Nunca levei ningún tirón de orellas do PP, todo o contrario
Exemplo III: Manuel Fraga, o 4-03-06 na Convención do PP
"Cuando algunas personas, sin duda llenas de buena voluntad con un gobierno dimitido, intentaron dar un golpe militar de estado..." O video n'A Regueifa

1 comentário:

Anónimo disse...

a min pareceme perfecto que o señor araujo sexa gay e o que queira, pero basta xa das suas ansias de protagonismo , sempre ten q sair na foto, e do seu mal facer coma concelleiro. sei de sobra q na facultade o q mellor facia era sacar 0 nos exames. o q necesitamos é bos xestores e non outro pepeiro mais sen p... idea.