13.3.06

Novidades musicais galegas

Cinco semifinalistas galegos no Proxecto Demo 2006, xa na rúa os primeiros discos de Igloo, Meu e Fanny+Alexander (a metade do álbum de balde).
Tamén agardo o primeiro traballo duns coñecidos meus, CatPeople, vigueses pero vivindo en Barna. Eiquí unha entrevista, acó o tema "Everyone Can Tell You" incluído no recopilatorio "Singles inéditos" de Rhonda Records.
"Fai un pop escuro pero elegante, nada de punk porco, todo o contrario, buscan sempre unha melodía harmónica exquisita, moi similar a Interpol, aínda que os seus referentes haia que buscalos principalmente no post punk británico ochentero, falo de grupos como The Chameleons, The Sound, Joy Division ou Josef K.
Con apenas dous CDs promocionais, CatPeople conseguíu ser invitado a iPOP, o novo programa de TVE, polo propio Xesús Ordovás, incluír un tema seu no recompilatorio "Singles Inéditos" de Rhonda Records-Houston Party onde presentaban aos futuros grupos revelación, Mondosonoro elixiu a súa demo como a 2ª mellor do ano, o cal implicou a invitación para tocar na Festa Demoscópica de Mondosonoro o día 10 de Febreiro na Sala Sidecar de Barcelona, e nalgúns programas de Radio 3, como "Musica é 3" están picando case a diario algún dos seus temas, promocionando ao grupo como un dos máis inmediatos valores estatais a ter moi en conta.
Ao fichar polo selo indendiente barcelonés Pupilo Records acaban de gravar o seu primeiro elepé nos estudos Blind Records. Será masterizado en Nova Iork nos estudos de Scott Hull (Garbage, Ani de Franco etc etc) e sairá á venda en maio 2006.
" (Isto último atopeino nun foro, a ver se o podo confirmar)

No folk, xa leva dende Decembro o "Onde nace o vento" de Pepe Vaamonde Grupo, a piques de saír o novo disco de Treixadura, alguén os grabou en Alalá ou Luar? teñen un temazo que é todo un pulo a música tradicional.
Na arañeira, a web da Banda de Poi e
e-music, "un programa de radio semanal emitido na CuacFM, e-music trata de amosar dun xeito persoal a música electrónica e o mundo contemporáneo".
Anterior:
Últimos achádegos na música galega

1 comentário:

Anónimo disse...

Your website has a useful information for beginners like me.
»