31.1.06

Galácticos de cartón

"raiando ó nivel exibido esta noite durante o que resta de tempada, "entrar en Europa" será coser e cantar. A mesma lóxica, tamén confirma categoricamente, que sufrindo estas agresións arbitrais con mediana frecuencia durante o resto do campeonato, a simple permanencia, rematariase tornando nun feito histórico na historia do clube. " futbolgalego.net

28.1.06

Vai unha de videoclips

Believe do disco "Pussh The Button" dos Chemical Brothers, adicado a tod@s aqueles que traballen ou teñan traballado nunha cadea, especialmente aos que teñan tido de compañeiro a un animaliño distes, no sector da automoción abundan. Non descansan, traballan rápido e fanno por varios. A montaxe do video está moi currada, e si, máis cedo ou máis tarde calquera máquina fará o teu traballo, non me estrañaría que algún día fuxíramos deles tamén.
Hoppipolla (brincando nos charcos, en islandés ou en vonlenska?)tamén do último album, o Takk de Sigur Ros, este vai adicado aos nosos maiores, coma os da foto do concurso de Aduaneiros.
E os nunca indiferentes Rammstein, videoclip e posta en escea do Keine Lust, ou o Amerika do anterior disco "Reise, Reise".
Se queredes máis videos, premede en Sigur Ros ou en Rammstein. (O meu gosto musical é moi variado si)

27.1.06

A esperanza dun pobo

Evo Morales rebáixase o soldo un 57%, "Con esta rebaixa ao poder Executivo estariámonos achegando a cubrir polo menos 1.500 prazas para saúde"
"...ningún funcionario estatal pode percibir ingresos superiores aos do presidente, neste caso 15.000 bolivianos (menos de 1.800 euros). Os lexisladores perciben mensualmente un equivalente a 3.600 euros, igual que os altos funcionarios de moitas institucións estatais." (La Coz)
En Galiza suporemos que o soldo medio non dista tanto do dos altos cargos coma en Bolivia, e que temos bos profesionais(non enchufados coma antes?) ao servizo d@s cidadáns. Pero o número dos altos cargos íase reducir, non?
O PP esixe a Zapatero e á Caixa que expliquen a perda das reservas de Repsol en Bolivia
"a amizade con Evo Morales debería servir para protexer ás empresas españolas e non para acabar causando perdas ás familias españolas." (PP-Libertad Digital)
cales serán esas perdas ás familias españolas? Poderemos nós facer o mesmo algún día con Fenosa, Endesa...?
Video de Evo en Galiza no 2004

26.1.06

O 26 de Xaneiro de 1986, tal día coma hoxe

20 anos sen Pucho Boedo (Vieiros). O domingo 5 de Febreiro será homenaxeado no Pazo da Ópera d'A Coruña.
Aínda
non teño a canción d'O vello e o sapo!!


Dúbida existencial

Amor imposíbel (2º Concurso de Fotografia Anecdótica Galega, Aduaneiros sem Fronteiras)
A imagem “http://obrasocial.aduaneirossemfronteiras.org/files/concurso-fotografia-anecdotica-2/amor-imposibel.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Mula ou macho, cun burro ou burra
A mula é a femia e o macho o de sexo oposto, ámbolos dous poden ser resultado do cruce dun cabalo cunha burra ou dun burro cunha egua. A mula e o macho son sempre estériles? De non selo con quen se poden cruzar?

23.1.06

A canción máis parodiada?

No Google Video, podedes atopar unhas cantas versións caseiras e desvergonzadas do "My Humps" da banda hip-hopeira norteamericana(deduzo) "Black Eyed Peas". Eu do hip-hop pouco valoro, do que se fai en Galiza identifícome coas súas letras e co idioma, a nivel internacional o disco debut do xoven Dizzee Rascal pareceume enorme, tamén me gostou o comezo de M.I.A. (xa máis comercial).
Pois dende eiquí anímovos a que tamén fagades unha parodia do "My Humps"(o meu traseiro), se galeguizades a letra e vos dades palmadas nas nádegas dicindo "xamón, xamón, xamón" en troques de "my humps, my humps, my humps" penduradeo na rede e avisade. As Garotas da ribeira serían capaces diso e máis.

Noraboa campión

A imagem “http://www.autoslobellefs.com/imagenes/uploads/noticias/campeones-02.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
O Lobelle gaña a Copa de fútbol sala

E o Celta volve á carga, 33 pontos ao igual co Depor, a ver en Balaídos se repite o do Bernabeu e se pon por riba do Florentino Team.

21.1.06

Outra Igrexa é posíbel?

"...Partidarias da apertura da Curia vaticana son tamén as Asociacións de Igrexa de Base Galegas, entre as que se atopan Somos Igrexa, Irimia, Encrucillada e mais a Coordenadora de Crentes Galegas.
O devandito colectivo urxe, nun comunicado, a reivindicación e lexitimación da participación, responsabilidade e toma de decisións das mulleres nas prácticas, discursos e celebracións da Igrexa,
en pé de igualdade cos homes.
Salientan ademais, a importancia da autonomía da muller no control da súa sexualidade e da súa capacidade reprodutiva. Solicitan o recoñecemento de que a
decisión de levar ou non ó remate un embarazo lles corresponde ás propias mulleres. Piden a comprensión de que "Deus pon no corazón das persoas diferentes orientacións sexuais..." Galicia-Hoxe

"...por sermos crentes en Xesús estamos a favor de que
ningunha crenza teña privilexios sobre outra; comezando pola nosa-; a favor das fórmulas que aseguren que os menos privilexiados (o Evanxeo di simplemente pobres) son os privilexiados no acceso á mellor educación; aínda que se sacrifique o adoutrinamento relixioso -; a favor da radical igualdade de oportunidades entre homes e mulleres; empezando pola propia Igrexa-, e entre calquera ser humano con independencia da súa condición sexual, étnica ou cultural. Unha voz de apertura, compaixón activa, optimismo e confianza.
O medo dos bispos failles escoller
moi malos compañeiros de viaxe, pero non deberiamos permitir que se transmita á opinión pública a idea perversa de que ser católico é sinónimo de ser integrista ou de que Jiménez Losantos é a encarnación da doutrina social da Igrexa para un novo milenio con perspectivas certamente apocalípticas." Canal Irimia, Vieiros

O Val Miñor en perigo e de loito

Cando Praia América tiña mil nomes
Salvemos Monteferro
A imagem “http://salvemos.mundoserver.org/graficos/foto.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Máis dun milleiro de persoas despiden a Águeda

19.1.06

Botelo de resaca

Esta foto saqueina o domingo, todo un reto despois dunha noite de troula. Estaba ben bo, e iso que non era da casa, case medio botelo coas súas patacas, garvanzos e verdura. Notalo pemento debaixo dos ollos, prazer e sufrimento á vez, xa pouco puiden cear e pola noite costoume o seu quedar durmido. O próximo día volvereino facer!!
E a conto de que falo disto? Lin isto e veume á cabeza
FESTA GASTRONÓMICA
Homenaxe da Festa do Botelo a Dora Fernández, a cociñeira do Avenida
[18/01/2006 12:38] Este sábado no Barco daranse cita máis de oitocentas persoas para degustar o botelo, embutido de culto nas terras de Valdeorras, nun grande xantar que terá lugar no pavillón do colexio Condesa de Fenosa. Un rato antes Luís Trincado Bobille lerá o pregón da festa, que vai pola VI edición, e farase entrega da Mención de Honra a Dora Fernández Gago, cociñeira do desaparecido restaurante Avenida. Aos actos asistirá o conselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez Canal. Vieiros, Edición Valdeorras

18.1.06

"Galego de seu" World Chart

Con retraso, pero eiquí vai o último que ouvín no 2005. Coma sempre, a lista é dos discos que recomendo co tema que máis me gostou nese momento.
(Tema, Intérprete-Disco)
Cientos de mentiras, Deluxe-Los jovenes mueren antes de tiempo
Godspell, The Cardigans-Super Extra Gravity
Three or Four, The New Pornographers-Twin Cinema
Beautiful boyz, Cocoroise-Noah's ark
Glorietas, Refree-Lamatrona
It's over, It's nothing, The Russian Futurists-Our Thickness

Tamén recomendo as paisaxes sonoras de Boards of Canada no seu The Campfire Headphase, ou últimos descubrimentos coma o psicótico Juxtaposition de Radian(non ouvir baixo depresión) e un dos mellores discos do 2005, Illinois de Sufjan Stevens (coñecino no blog de Pawley).
Os 25 mellores do 2005 en Muzikalia, por se se nos pasou algún, aínda que a lista e a orde non a comparto moito.

16.1.06

Extremadura nun mundo paralelo

Extremadura nesa outra dimensión é unha nación, e éo porque nese universo Extremadura é como neste Galiza, Euskadi e Catalunya, son nacións por definición, non porque o digan os políticos nacionalistas, en tal caso só reivindican que se faga xustiza, que se recoñeza co que elo implica. Nesa Extremadura, tamén goberna o Sr Ibarra, coa "pequena" diferencia que o fai nun partido nacionalista extremeño, aínda que cunha xestión tan pésima como a que fai aquí o barón do PSOE. Despois de cinco lexislaturas, dende Madrid deciden quitarlle a "solidariedade", dinlle que o que el quere chámase "sopa boba", nunha arroutada ameazaos cun referendo de autodeterminación, Rajoy que nese mundo é presidente do goberno español respóndelle: indipendícese se se atreve. Ibarra cala.

14.1.06

Quen son os separatistas?

O presidente do Tribunal Supremo compara falar catalán con bailar sevillanas
sinalou que se traballase en Cataluña aprendería o seu idioma cooficial "como un enriquecemento persoal, como cando vou a Andalucía e me gustaría bailar sevillanas".
A Xustiza en mans dun facha? todo un presidente do Tribunal Supremo...

...O uso do galego en todo tipo de relacións xurídicas non é só un dereito persoal, senón o dereito cultural natural do pobo galego, que como tal está expresamente protexido pola Constitución no seu artigo 3, ou pola a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, asinada polo Estado español, que di: "Artigo 15.2. Toda comunidade lingüística ten dereito a que as actuacións xudiciais e administrativas, os documentos públicos e privados e os asentos en rexistros públicos realizados na lingua propia do territorio sexan válidos e eficaces e ninguén poida alegar o descoñecemento". A mesma Declaración di no artigo 16: "Todo membro dunha comunidade lingüística ten dereito a se relacionar e a ser atendido na súa lingua polos servizos dos poderes públicos ou das divisións administrativas centrais, territoriais, locais e supraterritoriais aos cales pertence o territorio de onde é propia a lingua."... Consello da Avogacía Galega

10.1.06

Mal camiño

"Temos que lle pór fin ao despilfarro do PP, temos por obxectivo suprimir máis de 1000 altos cargos, o que implicaría un aforro de 90 millóns de euros anuais" Quintana 23 Maio 05
"A nova Xunta de Galicia gobernada por PSdeG e BNG reduciu o número de altos cargos dos 144 da anterior administración do PPdeG ós 140 actuais, aínda que o gasto en persoal eventual de gabinete subiu un 20%, unha porcentaxe moi superior ó 9,04% de incremento do orzamento total respecto de 2005."
"os recentemente aprobados orzamentos autonómicos para 2006 destina ós salarios de altos cargos e delegados elévase a 10.786.574 euros, mentres que a partida para este efecto no 2005 foi de 10.467.537 euros. O incremento do 3,04% é tres veces inferior á suba de 9,04% do orzamento total da Xunta, polo que se pode concluír que se diminuíu o gasto en altos cargos." Galicia-Hoxe
"Un caso paradigmático é o da Dirección Xeral de Xuventude, en mans do nacionalista Rubén Cela, que mantén como subdirectores xenerais a un militante do PP e activo membro na campaña congresual a favor de Núñez Feijoo e a outro estreito colaborador da ex conselleira Pilar Rojo." A Coz
Os galegos precisamos algunha explicación por parte do bipartito

Artigo de opiniom a respeito das demissons na direcçom de ADEGA
A ALTERNATIVA
A FPG preséntalle ao bipartito unha Batería de Urxencias para a Rexeneración de Galicia

Un lobishome do século XXI

Un lobo viviu unha semana en pleno centro de Monforte

Lendas: O Lobishome de Vilarello de Donís
O Lobishome de Cervantes
Máis ca unha lenda: Romasanta

Que ben esa bandeira

GALIZA, PRIMEIRA NO MEDALLEIRO DOS CAMPIONATOS ESTATAIS
Once metais para o ciclocrós galego
A imagem “http://vieiros.com/imxd/noticias/imx/1136824180HadrianRodriguez.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Tamén vira na TVG a unha ciclista coa mesma bandeira, conscientes do seu senso? os tempos van chegando? Selecións galegas oficiais xa!!
Actualizado 12-1-06, a foto da campiona de España xunior
A imagem “http://www.galegaciclismo.com/galeria/albums/userpics/normal_ENTRADA%20EN%20META%2C%20MARIA%20JOSE.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.

7.1.06

Protocolo?

Evo Morales pedíu disculpas por non estar ao día co protocolo, houbo quen o criticou por non cambiar de roupa en todo o día. Que % de españois o fai? O presidente bolivíano non tiña que pedir disculpas, para visitala Zarzuela o máis idoneo sería ir cun taparrabos, ámbalas dúas, institución e prenda doutros tempos.

5.1.06

Máis do Galiza-Uruguay

No You Tube colgaron uns videos(a onda de iarrovawo entre outros) e en Vieiros os 3 goles cantados na Radio Galega. As ligazóns do You Tube tamén poden levarche a videos moi freaks, "fotos varias por La Coruña", un dos videos dunhas xóvenciñas adolescentes de Pontevedra, supoñoo polo acento ou erro? Invitáronvos algunha vez a un cumpreanos duns furóns?

Esquecíaseme pegarvos isto: Michel Salgado, todo un símbolo para los gallegos, entró en el minuto 21 por Otero y provocó el delirio en las gradas. El público se entregó a él. Diario Marca, no día seguinte ao partido. De confundir para quen ían os aplausos a converternos ao d'As Neves nun George Weah galego, pero por que sería un símbolo para os galegos según os do Marca?, polo que cobra? por xogar no Real Madrid? por vivir en Madrid? por casar ca filla de Lorenzo Sanz?...
A imagem “http://www.vieiros.com/medi_galeria/Galiza-Uruguai__os_xogadores/salgado.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://www.theperspective.org/images/weahcdc3.gif” não pode ser mostrada, porque contém erros.

Chalanas con gueada e reintegración

A imagem “http://static.flickr.com/39/81833764_91aaa617b5.jpg?v=0” não pode ser mostrada, porque contém erros.
A foto foi tomada en Portonovo(capital da troula galega no verán) por Enrique Dans, coruñés que entre outras cousas escribe en Libertad Digital, aínda que non para falar do mesmo ca viguesa Cristina Losada, Losantos, César Vidal, Pío Moa... estes dous últimos era o que nos faltaba, que foran galegos tamén, digoo polos apelidos. Enrique Dans, coma tantos galegos comezan a valorar as pequenas cousas cando volven a súa terra, percataranse das máis grandes e importantes? Polo barrantes titulou en galego un artigo na súa coñecida blogue e respetou a toponimia orixinal e oficial da nosa terra, volverá escribir La Coruña?

2.1.06

Torneo Galeusca

Ou das Tres Nacións, ou das tres nacionalidades históricas(para os constitución españolistas)
Como lin por ahí, non somos poucos os que o pensamos, podería xogarse no verán, un torneo disputado na mesma cidade de Galiza, Euskadi ou Catalunya. Neste torneo o protagonismo sería das futuras estrelas, da canteira, e convocaríanse aos xogadores de fútbol como nas olimpiadas, todos sub 23 pero coa posibilidade de ter até 3 xogadores de maior idade.
A imagem “http://gara.net/iruditan/20051228/f01.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://www.mmediapress.com/ficheros/temp/28825.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
A imagem “http://www.xornal.com/images/fotos/20051230013821seleccion6.JPG” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Agardo ver neste 2006 os pasos para conquerir o equipo ciclista galego no 2007, e outros para que os deportistas galegos que o desexen poidan competir coma galegos, seica no piragüismo e no triatlon xa o poderían facer agora mesmo. Os deportistas non deberían ser relegados das axudas e becas estatais, oficialmente seguen sendo españois e non poden ser marxinados por un dereito fundamental, exercer coma galegos. Penso que deberían ser moitas as empresas, sobor de todo as relacionadas co turismo as interesadas en patrocinar a estes deportistas galegos internacionais. De que se coñece ás Illas Feroe? cantos saben que son danesas?

No seedler.org, procurador de archivos torrent(o único dispoñíbel en galego?) xa podemos
baixar o Galiza-Uruguay.