8.9.09

Bueno carallo!

Aproveito para arquivar uns comentarios meus ao respecto

Colazo 23/Xaneiro/2009 at 0:11 (en alema.org)

Lendo o manifesto pro-bueno que tes no Facebook estou por animarme a redactar un para erradicalo do uso oral.

Como adxectivo non ten un senso concreto, bueno é malo, regular, máis ou menos e incluso aceptábel. De cualificar un exame cun bueno, podería ser un 3′5, un 4/10…

Como interxección a min recórdame á reverencia que lle fan algúns ao “Rey” e compaña (xa te estás desculpando antes de falar, tes razón pero eu penso que…), ou a unha falta de seguridade ao responder ou a non querer dicir realmente o que pensas.

Só admito o “bueno, carallo”. O “bueno, carallo, bueno” é para os que non se atreven co “bueno, carallo” a secas. Bueno non é serio !!

Colazo 3/Decembro/2008 at 22:04 (de Chuza! exportado a alema.org)

da noite á mañá botar abaixo a normativa actual e escribir todos en portugués padrón non é algo realizábel. Si que o foi, cando houbo a primeira normativa, de facelo dende o principio, agora a maioría ten prexuízos.

Habería que apostar por dar portugués na propia materia de galego(se se cumpre o decreto), tiña que ser xa unha realidade, unha introducción na ESO e unha profundización no bacharelato, que se leran libros en portugués… Esa proximidade linguística cun idioma internacional, esa orixe común non se pode desaproveitar.

Esas xeracións terían unha opinión lingüística real e si que poderían adoptar o portugués padrón como norma para o galego.

Castelao era de ideas reintegracionistas, pero empregaba a ortografía do castelán para escribir en galego(supoño que era porque descoñecía a portuguesa).

Os que non foron alfabetizados en galego, non se atreven a escribir en galego(coas excepcións intelectuais,políticas,”funcionariais”…), polo que nun principio se tiña que ter apostado sen medo por unha ortografía portuguesa, que aínda diferenciando os dous idiomas, teñen maior proximidade que co castelán. O “nh”, o “lh”… de Ronaldinho, Carbalho sábese ler até en España. E non creo que hoxe houbese algún alema ou Ferrín, nen un Colazo escribindo así, nen galegos dicindo que o galego non vale para fora de Galiza(e aínda así vale, e aínda que non valera non hai idioma máis importante para un pobo co seu).

Temos unha presentadora portuguesa no Luar!!, A Cabritinha foi un éxito… a que agardan por botar telenovelas brasileiras en V.O(en troques de doblar venezolanas)?, a dicirlle aos xogadores brasileiros que cando vexan o micrófono da galega falen portugués(que lle custará menos que tentar falar castelán…)?

Sem comentários: