22.4.08

O problema de Cuiña era a discreción

Ás veces paréceme poder interpretar nunha cara, se é xente de fiar ou non, xeralmente, cando podo combroba-lo acerto.
Esquecíame disto.

"os que non tivemos ningún proceso de enriquecemento paralelo á nosa vida política non temos ningún problema, mentres ca outros experimentaron un notábel incremento no patrimonio" 29/09/2004
"Débese evitar transmitir a impresión de que se obteñan beneficios indebidos a razón do cargo" 17-IX-05

a resolución asinada por Enrique López Veiga en febreiro de 2005 afirmaba que o edificio non se atopaba na zona de servidume de protección
O Tribunal Superior obriga a tirar un edificio a pé de praia da construtora da que é socio Telmo Martín 28/2/2008

En que mundo viven?

"¿Que se discute de fondo? Pois se discute un cambio de modelo nos concellos, como creo na Xunta de Galiza, no Estado e en Europa, pero creo nos concellos, nos grandes e os pequenos", recalcou. Sobre este suposto "cambio de modelo", preguntouse por "a necesidade de que se cren novos centros comarcais para dar servizos de benestar". "¿Seica non o sabemos facer ben os municipios?".
"Aquí o que existe politicamente son Goberno central, Xunta de Galiza e concellos. Non existen outros órganos, entón se a
quí queremos implantar a comarcalización que se supriman os concellos e as provincias, que creo que sería unha tolemia. Isto é o que se discute", exclamou.

Pero vostede sabe cantos concellos hai en Galiza? 315 Sr López Orozco, 315!! Cantos deses 315 concellos poden te-los servizos que ten un coma o seu de 93.853 habitantes? Cantos deses 315 perden poboación? Haberá algunha relación entre esa perda poboacional e a falta de servizos?
Bótelle unha ollada á prensa, o mesmo día(22-IV-08) no xornal La Voz de Galicia
Máis de 2.000 persoas maniféstanse en Lugo contra a supresión do primeiro ciclo de ESO en sete concellos
A poboación galega por encima de 65 anos duplicouse en tres decenios

Os nenos de ata catro anos apenas son a metade que ao comezo da democracia

Tamén lle informo que segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas.
Cal é a alternativa a centrarse nas comarcas no interior de Galiza? A emigración ás cidades? Non será vostede o que desexa a extinción dos concellos?
Iso explicaría que no seu PXOM aprobado inicialmente, redactado con maioría absoluta, previse en 10 anos a construción de 120.185 vivendas(76.370 en chan urbano e 43.815 en periurbano e rural) para 338.923 novos habitantes. Artigos 20.1 e 21.1
Explicación que expreso de forma retranqueira, porque en toda a provincia de Lugo hai 357.625 habitantes(contando os 93.853 da capital luguesa).
Non se pase co número de misas para ser coma Paco Vázquez, que con eses datos xa me lembraba a Marbella e Julián Muñoz.


marcou de novo as distancias co BNG ao advertir que a Xunta deberá reflexionar antes de pedir a transferencia de Salvamento Marítimo, considerando o gran custo do servizo, e que este está ademais rexido pola Lei de Portos e Mariña Mercante

"que non teñamos que volver facer un goberno de coalición". "Temos que liderar a onda de cambio para as autonómicas"

Elena Espinosa

Antes de nada, agradecerlle o seu cambio coa nosa lingua, agora semella expresarse en galego cando vén a Galiza e non teño coñecemento de pérolas do calibre das que dicía no 2005. (Cecais, até foi vostede esa visita que recibín dende o seu ministerio naquela data)
Agredecerlle o normal, como algunhas políticas normais en igualdade no século XXI do goberno español que preside o Sr Zapatero, e do que non coma votante e si coma de esquerdas, agardaba bastante máis, sen esquecerme do suposto federalismo do PSOE e recoñecemento coma nación do PSdG.

Con respecto ao Salvamento Marítimo, ou invisten mal os cartos ou teñen que investir máis, porque os espectáculos nos medios neste último ano, e as mortes que houbo non son para estar orgullosa. E con ese nome, "Salvamento Marítimo", de ser mariñeiro preferiría que a organización deses "salvadores" estiveran o máis preto de min. Paréceme que son competencias que con toda lóxica se debería encargar a Xunta, e neste momento, unha consellaría que leva o PSdG.

Eu, coma nacionalista tamén desexo que o BNG poida gobernar en solitario, pero son realista. E o seu partido tamén o debería ser, por exemplo, dos 868 votos que o PSOE ten na FEGAMP, 728 corresponden a alcaldías obtidas grazas a acordos co BNG.
E esa maioría que ten o PSdG, chuleada ao BNG, para que a emprega? Pois para dinamitar ou por trabas ás medidas que máis rachan cos tempos de Fraga.
Se xa a onda de cambio do BNG é de ría, a do PSdG é de lagoa. Céntrese nas persoas e non no reparto do poder, polo ben da maioría.

17.4.08