9.6.06

Coa forza da tradición

Que potencia!, que hino!, Muiñeira de Santo Amaro(mp3), o 4º tema do Unha semaniña enteira, o novo disco de Treixadura. "Xúntanse dúas concepcións ben arraigadas na música da nosa terra: o canto e a gaita, o Orfeón Treixadura e Gaiteiros Treixadura." "Se algo pretende este disco, ademais de contribuír á divulgación e normalización da música tradicional galega, é compartir o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo."-> Treixadura.com

"Tecnosaching" é unha das curtas da serie Microfundismo feitas por Control-Z, o equipo audiovisual d'A Cultura Circula. Patri, semella ser o nome da creadora deste Autechre e Richie Hawtin á galega.

"Somos diferentes", outro que me gostou(no quicktime ou en wmv).
Outros videos de actualidade: publicidade galega e contrapublicidade inglesa. O anuncio de Turgalicia emociona ou non?

1 comentário:

Anónimo disse...

si , emociona jejeje , nom pero si k esta juapo , venha saudos!!!!