1.11.05

O son das campás

Aínda lembro a melodía previa antes de dala hora do campanario da igrexa de Mesego(O Carballiño), chegaba até a vila unha melodía melancólica e expresiva reproducida de forma automática que tamén teño escoitado noutros lugares. É unha das cousas que botas en falta nunha cidade, o romanticismo do rural.

E a conto de que ven isto?

As campás, cos seus diversos toques, foron durante anos o método básico para coñecer novas coma casamentos, mortes, misas ou emerxencias de todo tipo. O perigo de que o coñecemento desta linguaxe se perda en boa parte do país levou á Asociación A Fervenza de Ouzande, na Estrada, a organizar unhas xornadas nas que ofreceu un curso práctico para tanxer as campás. culturagalega.org

A imagem “http://www.galicias.com/carballino/partovia/images/eirexa.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Parroquia de Partovia
No 2003 xogando cun programiña fixen isto. Si !! , xa o sei, un pouco tolo estou.

Sem comentários: