Quintana mostrouse "satisfeito" co programa do BNG porque "se presenta como unha forza política lista para gobernar" e cualificouno como "o máis aberto, participativo e innovador dos que calquera forza política fixera nunca en Europa". De feito, Ánxela Bugallo lembrou que o programa do BNG elaborouse despois "de máis de 300 xuntanzas con representantes dos diversos sectores sociais e a participación directa de máis de 5.000 persoas". Quintana reafirmou o carácter de "contrato coa cidadanía" do programa do BNG anunciando que non se volvería presentar ás eleccións no caso de que despois de catro anos de goberno non conseguise "realizar unha avaliación positiva do programa"...
OS TRES SINAIS DO CAMBIO GALEGO
Quintana explicou o que significa o cambio galego que propugna o BNG: respecto por Galiza, rexeneración democrática e redistribución de oportunidades, en catro eixos, entre o Estado e Galiza, “para que deixe de ser invisíbel na política do Estado”; entre o home e a muller, predicando co exemplo con listas paritarias e en cremalleira, “as primeiras da historia”; entre mozos e vellos, “apostando polos innovadores e cunha rede de benestar para a terceira idade”; e entre o interior e a costa, “para ter un país equilibrado”...
As 271 folliñas
Sem comentários:
Enviar um comentário