10.5.05

Monarquía e "solidariedade" entre C.A

Agora pregúntanse se ao nascer unha nena primeiro, esta será a herdeira da coroa, na posibilidade de cambiar a constitución para que herde o primoxénito independentemente do seu sexo.
E por que ten que herdar o primoxénito?, o 1º é o mellor candidato? Que teñen os xens Borbóns que lles dá o dereito a "vivir coma reis" sen mais curriculum co seu apelido? Quen son eles para representar o que representan?

Cando se fala de "solidariedade" entre as Comunidades Autónomas esquécense dos que rebaixan os impostos aos máis ricos, dos que non falan da xestión pésima e involutiva nas súas propias C.A en varias lexislaturas e dos que defenden algo tan anacrónico como a monarquía que non sae de balde precisamente e que todos pagamos.

PD: respetarase a opción sexual d@ herdeir@? Poderemos ter dous reis ou dúas raíñas se así fose a súa vontade? Ogallá naza republican@ e consecuente

1 comentário:

Anónimo disse...

No caso de que tenham umha rapariga só será rainha se sacam a lei antes de que naça ou senom a lei terá carácter retrocessivo,e daquela nom deveria governar a infanta antes co felipe???
eu mesmo nom comprendo nada.
U-la democracia?