24.5.05

Cartaces definitivos

O mellor, o Cartaz de Quin e o BNG , por suposto.

Tamén hai versións ghamberras. A de Nuevas Generaciones e a de Juventudes Socialistas

O Afundimento (II)

De escribilo despois do meu, podía polo menos mandar un saúdo oh!
E confirmo que o matrimonio Vázquez suicídase cos seus fillos.
"No me identifico con ninguna de las propuestas que hace Beiras, o el Bloque, y no me gustaría que mis hijos vivieran, ni vivir yo mismo, en una Galicia gobernada con los postulados de intolerancia y de exclusión de un grupo nacionalista radical como es el Bloque". Francisco Vázquez. Alcalde de A Coruña(ABC. 3 Febrero 2003)

Má+s


Videoclip Galego-Portugués

O proxecto Meniños cantores é unha actividade pioneira no traballo co Patrimonio Inmaterial realizado a partir dos centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal.
Como foi?
A CULTURA COMÚN GALEGO-PORTUGUESA CANDIDATA A SER PROCLAMADA POLA UNESCO "OBRA MESTRA DO PATRIMONIO ORAL E INMATERIAL"

Galiza is not Spain

Actualidade Española

Que falta de respecto á Igrexa, meu deus!!Do que ata vende coroas de espiñas nin se lembran,miúdo negocio o turismo cristián. Galiza, Euskadi, e Catalunya non son España, nin a súa música, cultura, idioma...é español. Os touros si. España, nación de nacións? Tópico de tópicos, Spain doesn't exist.

O primeiro mapa de toda Galiza


Actualizado o 3-II-07. Vendo as visitas que recibe este mapa dende o Google, cumpre indicar que iste é un mapa lingüístico do territorio onde se fala galego, Galiza CA, comarcas limítrofes e o Val do Río Ellas en Extremadura. Se precisa un mapa de Galiza de estradas, turístico, dos camiños de Santiago ou dos espazos naturais vaia a esta ligazón de TurGalicia. Nesta outra ligazón ten outro mapa de Galiza, concellos e comarcas.

En Castellano:
Actualizado el 3-II-07. Viendo las visitas que recibe este mapa desde el Google, cumple indicar que éste es un mapa lingüístico del territorio donde se habla gallego, Galicia CA, comarcas limítrofes y el Val do Río Ellas en Extremadura. Si necesita un mapa de Galicia de carreteras, turístico, de los caminos de Santiago o de los espacios naturales vaya a esta dirección de TurGalicia. En esta otra link tiene otro mapa de Galicia, concellos y comarcas.

Cartes de la Galicie, Maps of Galicia, Programmi della Galizia, Diagramme von Galizien, Mapa de Galícia, Galiziako Mapa

23.5.05

Mulheres Transgredindo


A ver se algún día, ao mellor, nun futuro, quen sabe... a Igrexa se precinte por reformas, aínda que me conformaría con que se autoprecintara a boca.

A imaxe agardada

Beiras recibe o Pedrón de Ouro 2005
TODO O BNG E TÓDOLOS GALEGOS A UNHA: QUINTANA PRESIDENTE

E que percha ten

1.700 empanadas, 6.000 quilos de carne e 12.000 botellas de viño

Así gaña Fraga(entre outras moitas cousas). E habería que ver de onde saen eses cartos, ou é que este tamén multiplica os pans e os peixes? A nova

Un adeus ou un ata pronto

O Cosmopolita

El alcalde agradeció al Ejército el haber sido el motor del desarrollo del ayuntamiento. Gracias a la presencia de la Capitanía, según Vázquez, A Coruña pasó de ser un "pueblo de pescadores" a convertirse en "pujante" urbe, de "ciudad gremial y artesanal" a "dotarse de aires cosmopolitas".
Xurando bandeira

20.5.05

Trailer de HAI QUE BOTALOS

Programa de Goberno do BNG

Quintana mostrouse "satisfeito" co programa do BNG porque "se presenta como unha forza política lista para gobernar" e cualificouno como "o máis aberto, participativo e innovador dos que calquera forza política fixera nunca en Europa". De feito, Ánxela Bugallo lembrou que o programa do BNG elaborouse despois "de máis de 300 xuntanzas con representantes dos diversos sectores sociais e a participación directa de máis de 5.000 persoas". Quintana reafirmou o carácter de "contrato coa cidadanía" do programa do BNG anunciando que non se volvería presentar ás eleccións no caso de que despois de catro anos de goberno non conseguise "realizar unha avaliación positiva do programa"...

OS TRES SINAIS DO CAMBIO GALEGO
Quintana explicou o que significa o cambio galego que propugna o BNG: respecto por Galiza, rexeneración democrática e redistribución de oportunidades, en catro eixos, entre o Estado e Galiza, “para que deixe de ser invisíbel na política do Estado”; entre o home e a muller, predicando co exemplo con listas paritarias e en cremalleira, “as primeiras da historia”; entre mozos e vellos, “apostando polos innovadores e cunha rede de benestar para a terceira idade”; e entre o interior e a costa, “para ter un país equilibrado”...

As 271 folliñas

19.5.05

A piques de extinguirse

O Frago-Concho, oficialmente de cruze vasco-galego pero...

Desta Vai

Non somos tristes, non queremos ser tristes.
Temos ideas, alegría, temos forza para camiñar contra corrente.
Traballamos arreo, temos propostas e DESTA VAI!
Desta vai por que estamos fartos de ter que falar con medo.
Desta vai porque non queremos máis cotas.
Desta vai porque non nos gusta o chapapote.
Desta vai porque non queremos máis desprezo.
Desta vai porque falamos a lingua do país.
Desta vai porque temos a forza dos nosos ríos.
Desta vai porque Canarias é bo sitio para ir vacacións.
Desta vai porque os enchufes son só para a corrente.
Desta vai porque non nos gusta que nos manipulen.
Desta vai porque somos galegas.
Desta vai porque somos galegos.
Desta vai porque é o noso.

17.5.05

DÍA DAS NOSAS LETRAS

"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"Castelao
Por cada euro que un galego gasta en promocionar a súa lingua, mete 240 en espallar o español.
Este ano adicado a Lourenzo Varela(1916-1978) e recomendo estas dúas ligazóns

Cousas da vida

Do galego que foi rei dos xíbaros ao xíbaro que ata o 19 de Xuño temos de presidente. "El Jíbaro" es en verdad un tipo infeliz que nunca obtiene satisfacción ni de lo que tiene, ni de lo que consigue. Es un depredador encerrado en una reservación virtual, amenazado por las altas probabilidades de extinción. Es un reducidor reducido(->)

"Movimiento vasco de liberación"

manda carallo

Esto é freak demais

O pianista virtuoso que apareceu en Inglaterra, que nin fala nin lembra nada e aínda ninguén o recoñeceu. Eu si, é unha perfomance de Tom Yorke

Para "os interesados"

nos corzos, premede o gatillo do rato enriba deste fermoso animal

14.5.05

Estreo, o 19 de Xuño

O Afundimento
Fotograma da película, onde os máis achegados despiden a'O Capón no búnker de
Monte Pío. Quin está preto, o matrimonio Vázquez tamén suicidarase non sen antes envenenalos seus fillos, non queren que coñezan unha Galiza de seu.

má+s

10.5.05

Exército español fora de Galiza

Non Á Guerra Sempre!!
Un desfile militar non é un desfile humanitario, como di a letra dos Suaves: "as armas fanse só para matar... deronlle bombas, un fusil. Vas en misión de paz!..."
Manda un correio dende a web de Galiza Nova , mostrando o teu rexeitamento ao desfile do próximo domingo 29 de maio na Coruña.
Baixa e imprime as pegatas de Álvaro Valiño para desarmala Coruña