Lorenzo asume o seu artigo de 2008 crítico co PP sobre o galego pero ve que o bipartito deu "sensación de impor". Europa Press
O artigo dicía entre outras cousas isto
10.05.2008
"é o Partido Popular quen está a separarse do vieiro lingüístico consensuado nos anos 80 por motivos de estratexia partidaria (desgastar o goberno)", "nin hai modificación do obxectivo lingüístico final (competencia nas dúas linguas oficiais), nin se está implantando a inmersión lingüística, nin se obriga a ninguén a usar unha lingua ou outra."
" A coartada ideolóxica para non facer máis chegoulles aos gobernos populares da man do bilingüismo harmónico (BH), construto ideolóxico de feble baseamento epistemolóxico que foi deseñado ad hoc para xustificar aquela política lingüística rácana. Agora ben, o BH é un construto partidista promovido exclusivamente polos gobernos fraguistas, sen que en ningún caso formase parte do “consenso lingüístico” inicial. "
Política lingüística e ‘consenso’ en Galicia? (Artigo de opinión de Anxo Lorenzo). A Nosa Terra
E se a imposición non só non era real, senón que era unha sensación potenciada e aproveitada polo PP electoralmente, para que un novo decreto e non unha mellor defensa do mesmo?
E máis ca sensación, unha pantasma que dicían ver, coma a Lei do comercio que nen chegaba a sancionar por non rotular ao menos en galego e aínda se agarda por ela porque non lles dera tempo a aprobala.
Ao día seguinte, das palabras do actual secretario xeral de Política Lingüística, os Bos Días da TVG saca este titular: "O Secretario de Política Lingüística dixo que o bipartito creou conflito co galego".
Titular que nunca se podería interpretar nen na propia nova da intervención de Anxo Lorenzo no parlamento galego, recollida no portal de Novas da Xunta de Galicia e nas webs da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Consellaría de Eduación. E tampouco na entrevista que no mesmo espazo lle fixeron despois.
Encántame este lema, aínda que "idioma" me pareza un termo con máis consideración que "lingua"
Galego Patrimonio da Humanidade convoca Lingua de liberdade, un acto cívico a prol da lingua galega o vindeiro sábado 14 de novembro, a partir das 12 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. No acto, que estará conducido por Candido Pazó. intervirán representantes de colectivos sociais, os secretarios xerais de UXT, José Antonio Gómez, e CCOO, José Manuel Sánchez Aguión, ademais de Laura Sánchez Piñón, Pablo González Mariñas, Henrique Monteagudo e Fermín Bouza.
14 de novembro: Lingua da liberdade. Patrimonio da Humanidade
Actualizado o 30-XI-2009. Con maior claridade: "hai que dicir que unha parte da sociedade galega tivo a sensación dunha certa imposición con algunhas medidas impulsadas polo anterior Goberno, o que non quere dicir que existise unha imposición real."
Entrevista a Anxo Lorenzo en Galiciaé
Sem comentários:
Enviar um comentário