28.10.09

Unha medalla para Feijóo


A Cámara de Comercio España-Estados Unidos celebra o 6 de novembro a súa 30ª gala anual en Miami coa entrega dos seus premios "Universal Spaniards" (españois universais). Desta volta, os agraciados son o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o director de El Mundo, Pedro J. Ramírez, e o cantante David Bisbal, pola súa "sobresaínte contribución profesional como españois nos Estados Unidos".
Feijoo, Bisbal e Pedro J recibirán en Miami o premio "Españois universais". Vieiros

Nin nesta web spainuscc.org nin nesta outra spain-uschamber.com podemos atopar información  da "contribución profesional como español nos Estados Unidos" de Feijóo. Só a convocatoria da gala e un cartaz da mesma. Fixo alí outra cousa que ir pedirlle o voto aos emigrantes?

Terá razón Antón Baamonde e xa ten até apoios con contactos para publicitarse con premios amañados?
(No 2004 soubemos que Aznar pagara con diñeiro público a un "lobby" de Wáshington para conseguir a medalla do Congreso de EEUU)

O seu discurso na London School of Economics and Political Science foi en galego e castelán, bilingüe porque foi lido(na fala chapurrea en galego e ese é o seu mérito lingüístico coma presidente da Xunta). Non atopei nengún medio británico que fixese referencia a súa visita.
En Miami para darlle as grazas á Cámara de Comercio España-Estados Unidos non agardo máis, tampouco pode.

Sem comentários: