21.2.07

Por que non?

Por que non van poder algúns militantes do BNG ser máis críticos cos palestinos que cos israelís? Comprendería que os expulsaran se apoiasen á política imperialista dos USA, tódalas medidas do goberno israelí ou lle negasen a Palestina o seu estado.
Pode un rabino de Viena facelo contrario e non pode Gómez-Valadés(
responsábel da Comisión de Cultura e Lingua na comarca de Vigo) presidir a Asociación Galega de Amizade con Israel?
Quere imitar a UPG ás escolas xudaicas de Austria que expulsaron aos fillos deste rabino por participar nunha conferencia no Irán?
Pode Esquerda Nacionalista criticar á UPG, defender unha postura sen demagoxias baratas?
No último Consello Nacional o Encontro Irmandiño acadou o 17%, A Alternativa o 11%.

Pedro Gómez-Valadés n'A Entrevista d'A Galega(tamén deixa as súas pérolas)
Presentación da AGAI no YouTube

"en ningún outro lado me recibiron con tanta hospitalidade como en Palestina" Nadal en Belén, blogue en "El Correo Gallego"da viaxe de Lucía Cheda ca "Sinfonía de Mulleres pola Paz en Palestina"
Actualizado 24-II-07
Pedro Gómez-Valadés entrevistado polo racista e homófobo de César Vidal no seu programa "La Linterna" da COPE, o martes 20 de Febreiro. A partir do minuto 26:25
"Don Pedro" e os "amigos de Israel" poderían buscarse mellores e menos contraditorias compañas.

8 comentários:

DiegoSM disse...

Pois nom, além das questons partidárias, nom é coerente com a postura anti-imperialista dos princípios ideológicos do BNG apoiar um Estado racista e colonialista como Israel.
Umha cousa é a discrepáncia pública, legítima e permitida, e outra é presidir umha Associaçom que defende um Estado que nom respeita os direitos humanos, que aprova os assassínios selectivos, os castigos colectivos, que discrimina os seus cidadáns pola sua origem étnica (racismo), que cria territórios tipo bantustáns ou apartheid sulafricano ou que continúa com a sua política de criar colónias em território ocupado, algo ilegal, e que aumentárom o seu ritmo de construçom tras os acordos de Oslo de 1993. Nom, apoiar Israel nom é anti-imperialista, senom tudo o contrário...

Anónimo disse...

aparte das parvadas anteriormente ditas que non penso rebatir, neste artigo notase que se coxea dun lado, sobre todo a favor dunha parte cousa que respeto, tanto o tonto util ese xudeu como os da upg son a mesma cara da moeda, dogmatismo atroz, por outra banda nesa entrevista que lle fan na tvg non vexo nada mal dito ou que sexa un exceso por outra banda,o correo gallego esta en un 20 por cen en mans dun palestino loxicamente sen desmercela hsopitalidade dos habitantes de belen , seguramente estaria todo preparado,e por outra banda que lle fagan unha entrevista nun medio determinado nesta caso a cope, non significa e seino de boa tinta que sexa de isa corda ideoloxica , que triste leer tan porcallada, ainda que o blog esta ben polo xeral . (na asociacion por certo hay xente de todalas cores ou apartidarios como e o meu caso ).

Anónimo disse...

por certo o ortodoxo ise asistiu a conferencia de negacion do holocausto loxicamente non o ian a recibir con abrazos.e moito loitar contra o clericalismo deste pais pero ao final poñer como exemplo a un ultrarelixioso en fin cousas veredes sancho.

Colazo disse...

pois a min
"co meu escaso coñecemento do conflito" gostaríame que as rebatiras.

Non creo que coxee sempre da mesma parte, aínda que si dende o ponto de vista dun nacionalista sen militancia política algunha. Tamén son unha persoa "apartidaria"?

Con respecto aos rabinos que foron :á conferencia no Irán
"Em resposta às críticas por sua participação na conferência, a Neturei Karta salientou que nunca negou a existência do Holocausto nem contesta sua proporção."
"O grupo informou ainda que considera injustos os comentários de Ahmadinejad e defendeu que seus integrantes deveriam ser elogiados por tentar persuadir o presidente iraniano a direcionar sua ira contra o Estado de Israel, e não contra o povo judeu."

Eu vexo positivo para o conflito a foto dun rabino dándolle a man ou unha aperta ao Presidente Mahmoud Ahmadinejad.

Un país non é un esceario de teatro para que lle preparen unha obra, a autora da blogue poderá ou non ter a súa propia visión do conflito, máis errada, acertada ou falseada.
Descoñecía o dato do 20% do Grupo Correo Gallego, é o da Fundación Araguaney?

Na entrevista d'a galega G.Valadés di, "máis críticos que poden ser consigo mesmo(os israelíes) non podemos ser", "se o aliado de Israel no lugar dos EEUU fora a URSS, o propio Ariel Sharon asisitíría o día da Patria á Praza da Quintana convidado polo BNG"

Na COPE, a crítica que fan do Bloque despois da entrevista é do todo agardábel, polo que coma militante podería ter dito algo máis. Supoño que Gómez Valadés estará máis preto de Paco Rodríguez(en xeral) que de César Vidal, un racista e homófobo que eu non procuraría para apoiar as miñas ideas.

Anónimo disse...

Levo desde os 18 anos participando nas listas do BNG ás municipáis, na ilha de Arousa, antes polo concelho de Vilanova. Media vida indo a reunións. Para uns é capital que este país se chame “nación”, “nazón”, “nazóm” ou “nação”. A min dame igual. Non sinto especial fervor porque o Bloque se chame nacionalista. Apoio a esta forza polas ideas, non polos nomes. Igual respeito a quen se diga amigo dos israelís a título individual. Eu tenho conversas cada semana con xente de Israel e de Irán. Espero non ter que deixar de ir nas listas se esa cordialidade se convirte en amizade, por un ou outro lado. Israel fai asasinatos selectivos, e Irán lanza fatwas por "blasfemar". E se o presidente do Centro Galego de NY fose do BNG, sería expulsado? Ao fin e ao cabo non sería para preservar a cultura propia dumha xente integrada nun estado imperialista? Son imperialistas tamén os estudantes de Teherán?

Anton Millan *
Neto dun Ben (apelido de orixe gala, xudea, árabe ou celta?)

Colazo disse...

Primeiro, preciso indicar que na frase "máis críticos que poden ser consigo mesmo(os israelís) non podemos ser", Gómez Valadés refírese aos medios de comunicación israelís.

E tamén dicirlle ao anónimo que o estado de Israel de laico ten pouco.

Eu creo que o recoñecemento de Galiza coma nación é fundamental, é de xustiza e é un paso a dar con Euskadi e Cataluña na actualidade.
Ser nacionalista galego é algo que o BNG debería esforzarse en explicar, no nº2 da revista "Galicia por seccións", X.M.Beiras faino á perfección. Sobrevivir coma galegos non pode ser demonizado.

X.L.M.Ferrín no consultorio de apelidos do Faro de Vigo, falou dalgúns apelidos galegos que se conservaban no mundo sen deturpar grazas aos xudeus expulsados polos Reis Católicos.
Se teño tempo, postearei máis deste tema.

J. disse...

Mire, gustaríame decirlle un par de cousas. En primeiro lugar, esto non é un ataque de EN á UPG; é un ataque da UPG a un militante de EN. En segundo lugar, ese rabino que lle está a da-la man a Ahmadineyad é un fanático ultraortodoxo, dos que defenden que a Shoá foi un castigo de Yahvé porque a nación xudea se desviou excesivamente da relixión.

Por outra banda, así como eu non o insultei, penso que tampouco merezo que vostede me chame demagogo. Podemos defender posturas antiténticas, pero iso non xustifica que me falte ó respeto, do mesmo modo que eu non lle faltei a vostede.

Julicheiro

Colazo disse...

Eu non o insultei, a min isto "Porqué non expulsar ós homosexuais? Ou ós que falan español na súa vida cotiá?" paréceme demagoxia. Chamaríalle demagogo se dixera que todo o que vostede escribe é demagoxia.
Tamén considero que este debate sería moi diferente sen a implicación directa da UPG e EN.

Por outra banda, ou se é laico nas argumentacións ou non se é. Porque iso de andar escollendo o que nos beneficia...

Sinto que vostede pense que lle faltei ao respecto, non o pretendía.