"La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles, y reconoce y garantiza el derecho a la autonomía de las NACIONALIDADES y regiones que la integran y la solidaridad entre todas ellas." (Constitución Española)
"Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma para acceder ó seu autogoberno, de conformidade coa Constitución Española e co presente Estatuto, que é a súa norma institucional básica." (Estatuto galego actual)
“A tradición e o sentimento galeguista que nos unen como pobo e o Parlamento que nos representa como cidadáns definen a Galicia como unha nación. A constitución española no seu artigo 2 recoñece o carácter nacional de Galicia como nacionalidade histórica”
(Proposta de Quintana para o Preámbulo)
A oferta foi recollida por Feijóo na súa segunda intervención quen dixo que aceptaría esta acepción (case calcada a do Estatut) se o Tribunal Constitucional rexeita o recurso interposto polo PP contra o texto catalán. "Se así é non teña dúbida que aceptarei porque estará dentro da Constitución", sinalou. GaliciaConfidencial.com
“A tradición e o sentimento galeguista que nos unen como pobo e o Parlamento que nos representa como cidadáns definen a Galiza como unha nación. A constitución española no seu artigo 2 recoñece o carácter nacional de Galicia como nacionalidade” (Proposta mellorada)
O uso dos termos "Galiza" e "Galicia" ten que ser canto menos recoñecido institucionalmente de forma igualitaria e de emprego libre. O adxetivo de "histórica" engadido á verba "nacionalidade" a parte de non vir na constitución, pode darlle un senso limitado á existencia da nación galega no tempo.
De engadir algo, nomearía ás outras nacións sen estado(Euskadi e Catalunya), non para sermos a 1ª División, para definir dunha vez as 3 nacións sen estado, e que pola súa identidade precisan dunhas competencias propias e dunha representatividade internacional.
Sem comentários:
Enviar um comentário