Manifesto escrito por nós, o futuro
Grupo de 4º da ESO do C.P.I DE XANCEDA, MESÍA.
Nós, os rapaces e rapazas, que temos nas nosas mans o futuro desta lingua, manifestamos o compromiso de a usar.
Queremos proclamar a nosa cultura, da terra e da xente, e para iso necesitamos da nosa fala. Precisamos que a xente se sinta orgullosa de ser galega e que o demostre falando galego, como facemos nós.
Consideramos absolutamente necesaria a literatura, música, danza, gastronomía... en galego, mais para iso precisamos tamén da fala.
Desaprobamos a xente que sente vergoña de falar galego, de igual xeito desaprobamos a aqueles que, hai anos, o censuraron. Pero agora xa non hai censura, e polo tanto non ten que haber máis vergoña, nin sentimento de culpa.
Debemos conseguir que o noso idioma galego se utilice en todos os ámbitos das nosas vidas.
Queremos que todos os galegos se unan a nós. Así seremos capaces de seguir o noso camiño cara a unha sociedade máis igual entre quen fala galego e quen non. Queremos que os falantes en lingua galega sexan cada vez máis. Unha sociedade na que o noso idioma se respecte en toda a face da Terra, sen pretender que todo o planeta fale galego, se non que o respecte coma unha lingua máis e se poida usar sempre.
Con este manifesto lanzamos unha clara mensaxe: Nós, os rapaces e rapazas, o futuro de Galiza, pretendemos conservar a nosa fala por riba de todo e ímolo conseguir por moitas trabas que nos poñan no camiño, e este é o noso resumo, o cal debe ser berrado ós catro ventos e en toda a nosa terra:
¡GALIZA, ÉRGUETE E VOLVESER QUEN ERAS!
Himno do Correlingua
5 comentários:
Bo discurso.
Recuerda al Terecer Reich. "Nosotros", "Tierra", "Los buenos timepos volveran", etnicismo, folcrore...
Alberto
como saberás o galego aínda a ser o idioma maioritario tivo un pasado mellor
"No seu momento foi lingua culta fóra dos reinos de Galiza e Portugal nos reinos veciños de León e Castela. Escribindo en galego, por exemplo, o rei Afonso X o Sabio, as súas "Cantigas de Santa María". A súa importancia foi tal que se considera a segunda literatura durante a Idade Media só despois do Occitano."
deixate de paranoias baratas
Nice! Where you get this guestbook? I want the same script.. Awesome content. thankyou.
»
O mellor manifesto de todos!!!!arriba o galego que para min é a mellor lingua que hai...AUPA XANCEDA!!!!!!!!!!!!!!!
Enviar um comentário