11.7.05

Touriño vs Maragall & Chaves

En Catalunya o PSC fala abertamente de Nación, en Andalucía tanto o PP coma o PSOE empregan o termo débeda histórica.
O BNG semella ser o único que lle chama ás cousas polo seu nome en Galiza
*Cando chegue a hora do estatuto xa explicará Nuñez Feijoo o de ter dúas nacionalidades(en tal caso a nosa forma de ser españois é a galega, ou en Madrid tamén din ter dúas nacionalidades madrileña e española), os da Boina algún comentario coma os de Cuíña e Touriño o de que Galiza é unha nación e temos que ter a mesma consideración que Euskadi e Catalunya.
Cada vez a Independencia cobra máis razóns por ser a única forma que asegure a nosa supervivencia como galegos ante as palabras e intencións valeiras do PP e o PSOE.

Sem comentários: