Mostrar mensagens com a etiqueta generalitat. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta generalitat. Mostrar todas as mensagens

26.11.09

A prensa dun pobo con dignidade


Dos doce maxistrados que compoñen o tribunal, só dez poderán emitir sentenza, xa que un deles (Pablo Pérez Tremps) áchase recusado tras unha espesa manobra claramente orientada a modificar os equilibrios do debate, e outro (Roberto García-Calvo) faleceu.
Dos dez xuíces con dereito a voto, catro seguen no cargo despois do vencemento do seu mandato, como consecuencia do sórdido desacordo entre o Goberno e a oposición sobre a renovación dun organismo definido recentemente por José Luís Rodríguez Zapatero como o "corazón da democracia".

Hai preocupación en Catalunya e é preciso que toda España o saiba. Hai algo máis que preocupación. Hai unha crecente fartura por ter que soportar a mirada irada de quen seguen percibindo a identidade catalá (institucións, estrutura económica, idioma e tradición cultural) como o defecto de fabricación que impide a España alcanzar unha soñada e imposíbel uniformidade. Os cataláns pagan os seus impostos (sen privilexio foral); contribúen co seu esforzo á transferencia de rendas á España máis pobre; afrontan a internacionalización económica sen os cuantiosos beneficios da capitalidade do Estado; falan unha lingua con maior fol demográfico que o de varios idiomas oficiais na Unión Europea, unha lingua que no canto de ser amada, resulta sometida tantas veces a obsesivo escrutinio por parte do españolismo oficial, e acatan as leis, por suposto, sen renunciar á súa pacífica e probada capacidade de aguante cívico. Estes días, os cataláns pensan, ante todo, na súa dignidade; convén que se saiba.

Dous parágrafos extraídos do editorial publicado conxuntamente en La Vanguardia, El Periódico, Avui, El Punt, Segre, Diari de Tarragona, La Mañana, Diari de Girona, Regió 7, El Nou 9, Diari de Sabadell e Diari de Terrassa.

Envexa sa e apoio.

15.10.07

É a Generalitat máis de esquerdas cá Xunta?

Nisto polo menos, si.

"Esta lei contempla que a Administración, en determinados supostos, poida expropiar o usufructo de vivendas baleiras para destinalas ao mercado de aluguer social."
Generalitat, constructores e sindicatos asinan o primeiro gran pacto pola vivenda do Estado
"PP e CiU opóñense a un acordo que permitirá construír 50 mil pisos sociais cada ano e rehabilitará máis de 300 mil. Ademais, os propietarios de pisos desocupados estarán obrigados a alugalos"

Como xa dixera,
"En Galiza hai 229.360 vivendas baleiras(das 1.308.363 existentes), en Vigo 17.846 dun total de 122.538(Datos do INE no 2001). Co 14'56% dos pisos baleiros a quen lle pode sorprender o tráfico que temos en Vigo?"

Actualizado 11-II-08.
"A consellaría que dirixe Teresa Táboas aprobou dende a posta en marcha do programa da Renda Básica de Emancipación (RBE) o 2 de xaneiro, un total de 731 axudas, o que supón o 39 por cento do total estatal, situándoa á cabeza co maior número de concesións, e que supoñen unha subvención media de 187,35 euros."
"A Consellaría de Vivenda e Solo conta tamén cun Programa de Vivenda en Aluguer dirixido a aquelas persoas que non superen os 15.000 euros anuais independentemente da idade. Esta axuda non é compatíbel coa anterior, e ten como obxectivo que os inquilinos non destinen máis do 30 por cento dos seus ingresos ao pago dun aluguer." Galiza á cabeza nas axudas de alugueiro para emancipación
15-IV-08 Galicia ten 10.000 pisos acabados ou en construción que non se venden