26.11.09

A prensa dun pobo con dignidade


Dos doce maxistrados que compoñen o tribunal, só dez poderán emitir sentenza, xa que un deles (Pablo Pérez Tremps) áchase recusado tras unha espesa manobra claramente orientada a modificar os equilibrios do debate, e outro (Roberto García-Calvo) faleceu.
Dos dez xuíces con dereito a voto, catro seguen no cargo despois do vencemento do seu mandato, como consecuencia do sórdido desacordo entre o Goberno e a oposición sobre a renovación dun organismo definido recentemente por José Luís Rodríguez Zapatero como o "corazón da democracia".

Hai preocupación en Catalunya e é preciso que toda España o saiba. Hai algo máis que preocupación. Hai unha crecente fartura por ter que soportar a mirada irada de quen seguen percibindo a identidade catalá (institucións, estrutura económica, idioma e tradición cultural) como o defecto de fabricación que impide a España alcanzar unha soñada e imposíbel uniformidade. Os cataláns pagan os seus impostos (sen privilexio foral); contribúen co seu esforzo á transferencia de rendas á España máis pobre; afrontan a internacionalización económica sen os cuantiosos beneficios da capitalidade do Estado; falan unha lingua con maior fol demográfico que o de varios idiomas oficiais na Unión Europea, unha lingua que no canto de ser amada, resulta sometida tantas veces a obsesivo escrutinio por parte do españolismo oficial, e acatan as leis, por suposto, sen renunciar á súa pacífica e probada capacidade de aguante cívico. Estes días, os cataláns pensan, ante todo, na súa dignidade; convén que se saiba.

Dous parágrafos extraídos do editorial publicado conxuntamente en La Vanguardia, El Periódico, Avui, El Punt, Segre, Diari de Tarragona, La Mañana, Diari de Girona, Regió 7, El Nou 9, Diari de Sabadell e Diari de Terrassa.

Envexa sa e apoio.

2 comentários:

Dilaida disse...

A min tamén me dan envexa sá e o meu apoio.

Anxo disse...

Algún día teremos a mesma dignidade como pais que Catalunya. Ata entón, máis traballar con habelencia, e menos darlle publicidade ós vil.lingües, que cada parvada que soltan aparece en toda a prensa e blogs e medios, galeguistas tamén.