Os comentarios de Dolores Villarino, Cuchús Pimentel tamén contrastan coa lóxica do amigo de Zapatero(vai sen segundas, é un feito real).
O que cantou o hino forma parte do Orfeón Treixadura.
Delio Domínguez “o camarón da Limia”, tenor
Tomou contacto co flamenco na emigración, en Alemaña, e dende aquela esta é a súa maior paixón. Como bo amante das tradicións, tamén o é da nosa música, unha música que o acompaña dende o berce na súa terra, a Limia e na súa aldea, Lampaza.
Non sei que opinión terán ao respecto do suceso os seus compañeiros de Treixadura(Orfeón e Gaiteiros).
A festa ao gosto de Lola custou 113.678 euros, agora só me queda unha dúbida "Esta gente del Bloque siempre tuvo... todos conocemos su historia, de fanatismo y de todo". Polo respecto que merece o Bloque e sobor de todo os seus votantes, o Sr Cuchús Pimeltel podería dicirnos de que fala.
Por que non se lles dá dunha vez aos xogadores e adestradores unha fotocopia coa letra do noso hino? Non lles dá algo de corte verse na tv sen sabelo? Qué é oficial dende fai moitos anos rapaces!!
Outra cousiña, ninguén lle puido dicir que lle deran a volta á bandeira?