31.12.06

Fora de lugar

Comparto totalmente a opinión deste artigo: 25 Aniversario do Parlamento de Galicia, da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Os comentarios de Dolores Villarino, Cuchús Pimentel tamén contrastan coa lóxica do amigo de Zapatero(vai sen segundas, é un feito real).
O que cantou o hino forma parte do Orfeón Treixadura.
Delio Domínguez “o camarón da Limia”, tenor
Tomou contacto co flamenco na emigración, en Alemaña, e dende aquela esta é a súa maior paixón. Como bo amante das tradicións, tamén o é da nosa música, unha música que o acompaña dende o berce na súa terra, a Limia e na súa aldea, Lampaza.
Non sei que opinión terán ao respecto do suceso os seus compañeiros de Treixadura(Orfeón e Gaiteiros).

A festa ao gosto de Lola custou 113.678 euros, agora só me queda unha dúbida "Esta gente del Bloque siempre tuvo... todos conocemos su historia, de fanatismo y de todo". Polo respecto que merece o Bloque e sobor de todo os seus votantes, o Sr Cuchús Pimeltel podería dicirnos de que fala.

Non creo que se refira a que no concerto posterior ao Galiza-Ecuador non houbo un só grupo en galego. E claro que gosto de Siniestro Total e Meu(aos Backyard Babies non os coñecía), pero que mellor ocasión para unha actuación de Loretta Martin, The Homens, Dios ke te crew...? Un grupo en galego ao menos.
Por que non se lles dá dunha vez
aos xogadores e adestradores unha fotocopia coa letra do noso hino? Non lles dá algo de corte verse na tv sen sabelo? Qué é oficial dende fai moitos anos rapaces!!
Outra cousiña, ninguén lle puido dicir que lle deran a volta á bandeira?

Sem comentários: