5.12.10

Análise da economía galega polo seu presidente

O líder galego lembrou que, conforme pasan os meses, o Xacobeo "vaise acabando" e é "moi difícil" vender produtos como lousa ou peixe a un país que "non compra". "España non compra, e non compra porque ten catro millóns longos de parados"
El Correo Gallego

10.10.10

Terrorismo se hai independentismo

Un home que denunciou o recheo ilegal dunha calzada romana en Baíña recibe unha malleira e identifica ao seu agresor
Afirma que os vai denunciar por intento de homicidio porque, asegura, quixeron matalo e tiralo á auga crendo que estaba só.

«Sangrou un pouco pero non lle fixemos nada», di o antigo responsable comunal baionés


"A reinserción non lles ofrece outra vantaxe penal que homologarse ao resto dos reclusos. De feito, se matasen á súa nai e á súa filla, cometido o crime máis execrable ou fosen os maiores narcotraficantes estarían xa en liberdade porque lles aplicaron os beneficios que o regulamento penal contempla unha vez cumprida gran parte da pena. O que pasa é que a lexislación e o tratamento son moito máis duros cos delitos por terrorismo, tan duros que en casos como estes poden chegar a ser inxustos. Posto que deixaron de pertencer a ETA 
asístelles o dereito a ser tratados como calquera preso", sostén o letrado profesional de varios destes internos que renunciaron tempo atrás aos avogados das denominadas Xestoras Prol Amnistía. 
ETA rompe nos cárceres

Putos* sindicatos


* Vai con retranca(obviamente)

8.9.10

Autoodio


A ver se os de El Correo Gallego preguntan tamén se deben deixar a xestión do seu xornalismo, só aos medios da capital española. Total que diferenza hai? Cosas de las aldeas

19.8.10

Corina Porro non é do Opus

"Volve a España Cañí" titulaban no blogue Desvelando as mentiras de Feijóo, para nos ilustrar a retroevolución estética dos conselleiros do ano pasado a este, para a ofrenda que lle fan a un boneco(que representa un fulano que seica se atoparon aquí os seus restos, 800 anos despois de que os trouxeran nunha barca de pedra...).
Igual é que Galiza é un país independente dese estado aconfesional do que fala a Constitución Española.

Pero Corina Porro, cristiá tamén, como podemos observar na cruz que leva entre as tres pulseiras e o reloxo, ha ser máis da teoloxía da liberación.
Alédome de que xa vaia superando a morte do seu compañeiro sentimental. Quitarlle o posto a Angelina Jolie, broncearse e conquistar o voto bífido, facha ou upeideiro neses bucles infinitos de rojigualdas(carmín, unllas / tinte, bolso/zapatos, pulseira), halle distraer incluso de ser presidenta do Porto de Vigo.

Fotos tomadas do Atlántico e Vigo al minuto

17.8.10

Feijóo, non sodes menos importantes os "mediogalegos"

Minuto 2:00
Núñez Feijoo felicita a Mario Conde polo seu galardón coma «madrigallego». La Voz de Galicia
Feixóo enxalza a importancia dos 'madrigalegos'. A Nosa Terra


A praza de Pontevedra conta cun aforamento de 7.000 localidades. Entre o público, é maioritaria a presenza de turistas: "Veñen moitos veraneantes", indica a este respecto Eduardo Lozano(o empresario da praza), "taurinamente falando veñen cinco ou seis mil persoas de fóra". Faro de Vigo

Louzán indicou que "unha parte minoritaria" é contraria ao toureo en Galicia. Faro de Vigo

O 73% dos coruñeses, segundo unha enquisa encargada polo colectivo Mellor Sen Touradas, declárase contrario a que as tres xornadas de corridas de touros que se celebrarán en agosto conten con subvención municipal. A sondaxe encargada a unha empresa especializada realizouse en xaneiro, con 400 entrevistas telefónicas. Son os mozos os máis opostos a financiar con diñeiro público este tipo de espectáculos (90% dos entrevistados). O 57% dos enquisados maiores de 75 anos tamén rexeitan que o Concello achegue fondos para esa feira.
A 128.000 euros ascende a achega municipal este ano a este evento taurino que se celebrará a principios de agosto. O pasado ano a subvención municipal foi de 168.000 euros.
El País

Nota: Non é por repartir carnés de galeguidade, son tan galegos coma deste século

De gobernos bipartitos e tripartitos

Neste ranking dos mellores países do mundo na revista Newsweek, entre os 10 primeiros só en Australia(4º) e Xapón(10º) goberna un só partido. Na categoría de Political Environment dos 10 outra vez en Australia(10º) só mandan uns.
(Descoñezo porqué excluíron do estudo a Islandia, que sempre lidera estas listas)

Neste gráfico e coa explicación de Caralladas no seu blogue, podemos entender aínda mellor quen manda en España e no Partido Socialista Obrero Español.

18.3.10

Contra o decreto da diglosia, imposto por Galicia Bilingüe. Preguntas para Anxo Lorenzo

Facendo miñas as verbas do actual secretario de Política Lingüística o 10 de Maio de 2008:

"é o Partido Popular quen está a separarse do vieiro lingüístico consensuado nos anos 80 por motivos de estratexia partidaria (desgastar o goberno)", "nin hai modificación do obxectivo lingüístico final (competencia nas dúas linguas oficiais), nin se está implantando a inmersión lingüística, nin se obriga a ninguén a usar unha lingua ou outra."
"A coartada ideolóxica para non facer máis chegoulles aos gobernos populares da man do bilingüismo harmónico (BH), construto ideolóxico de feble baseamento epistemolóxico que foi deseñado ad hoc para xustificar aquela política lingüística rácana. Agora ben, o BH é un construto partidista promovido exclusivamente polos gobernos fraguistas, sen que en ningún caso formase parte do “consenso lingüístico” inicial."

E que aí están as hemerotecas, fotos, vídeos... para probar que iso é certo.

Manténdose tamén as críticas do Consello da Cultura Galega(.pdf), que están ben resumidas no "Non se pode tratar igual aos desiguais" do seu Presidente, Ramón Villares.

Paso a colar algúns parágrafos do actual borrador prácticamente decretado(.pdf), coas dúbidas que lle solicitei poder preguntar a Anxo Lorenzo no seu Facebook.




Páxina 2, 4º parágrafo
"O Decreto 124/2007, de 28 de xuño de 2007, orientouse nomeadamente cara á obtención dunha competencia axeitada en lingua galega no ensino obrigatorio, sen o establecemento dun número ou porcentaxe mínima de materias impartidas en lingua castelá, o cal podería chegar a cambiar o modelo de conxunción de linguas desenvolvido en Galicia desde o inicio da autonomía e aceptado por todos os galegos e galegas."

Cal é "o modelo de conxunción de linguas desenvolvido en Galicia desde o inicio da autonomía", "desenvolvido" realmente e constatado con datos obxectivos? , e os seus resultados? . Téñense en conta para a elaboración deste decreto?
Quen afirma que foi  "aceptado por todos os galegos e galegas"?
Non sobra este comentario puramente político e parcial?

Páxina 5, Artigo 5.-Educación infantil.
"2. A lingua predominante do alumnado determinarase de acordo co resultado dunha consulta que se efectuará a cada familia antes do comezo do curso escolar acerca da lingua materna do seu fillo ou filla."

E os alumnos que teñen máis dunha lingua materna?
E os pais que prefiran que os seus fillos estuden no idioma que non lle falan? Teñen que mentir?
E os que non teñan por lingua materna o galego ou o castelán?

Páxina 5, Artigo 6.-Educación primaria.
"3. Con carácter xeral, impartirase en galego a materia de coñecemento do medio natural, social e cultural, e en castelán a materia de matemáticas.
4. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, as familias do alumnado de cada curso de educación primaria serán consultadas, cada catro cursos escolares, sobre a dita asignación lingüística.
5. A asignación lingüística será modificada polo Consello Escolar do centro educativo cando, como resultado da consulta sinalada no punto anterior, así o determine a metade máis unha das familias do alumnado matriculado na etapa.
"

Páxina 6, Artigo 7.-Educación secundaria obrigatoria.
"3. Con carácter xeral, impartiranse en galego as materias de ciencias sociais, xeografía e historia, ciencias da natureza e bioloxía e xeoloxía, e en castelán as materias de matemáticas, tecnoloxías e física e química.
4. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, as familias do alumnado de cada curso de educación secundaria obrigatoria serán consultadas, cada catro cursos escolares, sobre a dita asignación lingüística.
"

Por que tanto en primaria coma en secundaria se impartirá por defecto matemáticas en castelán?
Por que se escollen precisamente en secundaria para o castelán:  matemáticas, tecnoloxías e física e química, as materias cuxo léxico máis técnico se descoñecen máis na sociedade galega, na lingua minorizada, na que foi excluída secularmente do ensino, da universidade? Para afondar na diglosia?
É certo que este reparto inicial supón menos materias para o galego na ESO?
Déronlle a escoller as materias a impartir en castelán a Galicia Bilingüe, asociación única para a que o decreto agora "ya pinta bastante mejor"?
E os colexios onde haxa profesores que por este reparto, aos que lle toque nun idioma o fixesen mellor ou fose a súa preferencia noutro?
Por que este reparto inicial non o fai o propio centro, mantendo a obrigatoriedade da metade das troncais para cada lingua cooficial e senón houbese un acordo entre os docentes, que se sortease esa ou esas materias da discordia?
Ou por que non podían ser bloques máis mixtos, tipo Matemáticas en galego, Física e Química en castelán (ou viceversa), por exemplo?
Até dentro de catro anos os pais non poderán escoller matemáticas, tecnoloxías e física e química en galego?
Téñense que manter eses bloques de materias, darse tódalas dun grupo en castelán ou galego?

Páxinas 6, 7. Artigo 9.-Formación profesional específica, ensinanzas artísticas e deportivas.
"2. En todos os módulos garantirase que o alumnado coñeza o vocabulario específico nas linguas oficiais."

Por que o coñecemento do vocabulario específico nas linguas oficiais non se garante tamén en primaria, secundaria e bacharelato?

Páxina 11, Artigo 18.-Exención da cualificación das probas de lingua galega.

Por que non hai tamén exención de até dous anos na cualificación das probas de lingua castelá? Non chegan alumnos de países nos que non se imparte esta lingua? Ou de onde tampouco se imparta inglés?

Páxinas 12, 13. Artigo 21.-Materias non lingüísticas impartidas en lingua(s) estranxeira(s).
"4. En calquera dos supostos sinalados nos dous parágrafos anteriores, e con carácter previo á súa aprobación, o centro deberá cursar a oportuna solicitude á Administración educativa, para os efectos do outorgamento, no seu caso, da correspondente autorización."

Podería prohibir a Administración impartir unha materia en lingua estranxeira aínda que se cumprise tódolos requirimentos deste decreto?

Páxina 13. Segunda.-Materias impartidas en linguas estranxeiras.
"A impartición de materias non lingüísticas en lingua(s) estranxeira(s) regularase mediante orde aprobada pola consellería competente en materia de educación."

Que pretende esta regulación da "impartición de materias non lingüísticas en lingua(s) estranxeira(s)" dunha orde aínda non aprobada?

Páxinas 13, 14. Terceira.-Avaliación da capacitación nas linguas oficiais.
"A consellería competente en materia de educación establecerá un procedemento de avaliación do nivel de competencia nas dúas linguas oficiais en Educación Primaria e en Educación Secundaria Obrigatoria, como garantía da consecución progresiva da competencia semellante en ambas as linguas."

Cando se "establecerá un procedemento de avaliación do nivel de competencia nas dúas linguas
oficiais"? Como vai ser?

Páxina 14. Primeira. Cambio de denominación
"Os “equipos de normalización e dinamización lingüística” dos centros educativos, creados ao abeiro do artigo 18º do Decreto 124/2007, pasan a denominarse “equipos de dinamización da lingua galega”."

Por que hai este cambio de “equipos de normalización e dinamización lingüística” por “equipos de dinamización da lingua galega”. Impúxose a tese de Galicia Bilingüe de que o "normal" é a substitución lingüística do idioma galego polo castelán?, a imposición estatal do castelán?, a inercia que deixou na realidade sociolingüística galega actual tempos pasados como a ditadura? 


Debuxo de Luis Davila, recollida no seu blogue "O Bichero"

6.1.10

O consenso da rúa en que nº se consensa?


“o consenso social existe porque a cordialidade lingüística nas rúas, nos centros de traballo, nas cafeterías, existe. E polo tanto, a cordialidade social, que é o que importa, existe dende fai tempo. A cuestión é si os políticos nos queremos sumar ao consenso da rúa, ou os políticos non se queren sumar ao consenso da rúa”
Alberto Núñez Feijóo, Xunta.es
(Foto de Xornal de Galicia)