27.5.08

Sonche o demo

http://www.gznacion.com/web/thumb.php?x=600&y=0&id=../upload/gal/94-f-chiste%20GZnacion%2020.jpg&color=F9F9F9
Gonzalo en GZnación, fantástico!!
(Aínda que Rajoy fala tanto galego coma os facha-frikis da dereita.)

Sonche o demo, Rajoy, o de "tengo la convicción moral de que fue ETA" quere agora, despois de dúas derrotas, de 8 anos con Acebes e Zaplana, da fichaxe estrela(-da) de Pizarro, de ir da man e do apoio da Cope, LD, El Mundo, La Razón, a AVT, a Conferencia Episcopal, da teoría da conspiración, da España se rompe, da España vendida a ETA... agora, quere ir de centrista e deixar a un lado aos "duros". Tarde piaches!! tanto el coma os "duros", son igual de perdedores, formaban a mesma equipa e polo camiño deixaron a xente coma Pimentel primeiro, ou Piqué despois.
Que graza me fai escoitar a un Losantos, que pinta a Rajoy coma o responsábel da derrota cando fai uns meses el e os seus amiguiños de LD comíanlla, comentando os dous debates Zapatero-Rajoy.

Aí lles vai esta canción adicada a eles, a quen non lle pon a pel de aguiacho esta actuación tremenda de Tony Lomba no Festival de Cans?

20.5.08

Ana López Suevos

Vendo a Ana López Suevos falar, sen ter nada en contra de Carlos Callón, pero si pensando en que algún día deixará de estar ao fronte d'A Mesa, podería ser esta xuíza o seu recambio?

9.5.08

A nova "pluralidade" d'A Nosa Terra

O concepto de pluralidade, para min é que as novas estean redactadas o máis obxectivamente posíbel(sen a opinión engadida do xornalista) e que de precisalo, inclúan as distintas versións dos feitos.
Para min pluralidade non é publicar artigos-mitins dos distintos políticos galegos, e algúns coma o "O multilingüísmo de Touriño" de María Seoane van contra o galego, contra o galeguismo, contra A Nosa Terra e contra a lóxica elemental. Para min pluralidade é que frase por frase e coa máxima brevidade puidéramos comparar as distintas posturas, e non con mitins, demagoxia Ruedil e contos Feijianos.
Tamén me gostaría que nas entrevistas, o xornalista replique con outras preguntas ás respostas do político, que xa sabe ou imaxina o que lle van preguntar e o que ten que
responder.

Un exemplo máis, outro artigo dese político tan de fiar coma López Veiga. No primeiro Por que non son nacionalista xa comezara a exercer de trileiro.
"Lembremos que Castelao non era independentista e era moi concreto para os tempos que corrían: “ ... pero en verdade soio aspiramos a unha autonomía integral, dentro da libre federación de todo-los povos peninsulares. Galiza non necesita mais, pero non pode conformarse con menos” (Castelao; Sempre en Galiza. L IV,III)"
Primeiro, Portugal, si, ese estado á outra beira do Miño, creo que é un pobo peninsular que non forma parte do Estado Español, e hai tamén un Xibraltar, unha Andorra dentro de "todo-los povos peninsulares" para esa "libre federación".
Segundo, Castelao era nacionalista, e a independencia é unha posibilidade ou alternativa de todo nacionalista.
"Unha nación é soberán e ten dereito a orgaizarse autonómicamente, sen máis límites que os derivados do respeto ao dereito igoal das demáis nacionalidades. A nación ten dereito a federarse con outra e a separarse da federación cando lle conviñer. Unha nacionalidade, pois, ten dereito, incluso, a constituirse en estado independente." (Sempre en Galiza)

No último, coma trileiro igual pode enganar a un cego... Que vergonza!! Que inxulto á intelixencia do máis parvo. Viva o can de palleiro!, Nooesfera e biodiversidade mental galega
Algunhas pérolas coa súa resposta:
"Cando se estuda a Ecoloxía –a de verdade, non a dos grupos ecoloxistas–"
Nos grupos ecoloxistas non debe haber estudantes e profesores de Ecoloxía... A Ecoloxía debe ser a ciencia dos cazadores de raposos, dos criadores de visóns, dalgúns constructores...
"se manteña a biodiversidade do sistema existente antes da explotación."
Si, lembremos,
"os nacionalistas queren volver ó monolingüísmo galego de principios do século XX" de Núñez Feijóo.
"Pola contra, un galego non ten dificultade ningunha en ir traballar a rexións castelá-falantes do resto de España."
Porque os galegos tamén aprendimos castelán, aprendimos dúas, tres, castro... linguas na escola. Esforzámonos máis, e para que os galegos teñan liberdade á hora de falar unha lingua cooficial en Galiza hai que coñecer os dous idiomas. Os galegos estamos máis adaptados a Galiza, ao noso hábitat que os que queiran vir e non teñan intención de adaptarse.(Ver Charles Darwin)
"Non nos enganemos estas sociedades estanse a empobrecer: poucos estudantes do programa Erasmus queren ir a estas autonomías, que se irán empobrecendo e aldeanizando paulatina pero inexorabelmente."
Isto non vale para os países pequenos da UE que non renegan da súa lingua? Países aos que tamén van erasmus españois como Finlandia, Dinamarca...? Que universidade galega atraería máis alunos, unha en castelán competindo co resto das universidades españolas(coma o até de agora) ou unha universidade galega en galego(->portugués), castelán e inglés?
Cataluña é a 4ª CA con máis erasmus.
"todos sabemos que o can de palleiro, fillo de moitas xeracións distintas e de moitas razas mesturadas é o can mais intelixente e fiel do mundo."
Si, todos sabemos o que vale un can de palleiro, ou o que non vale porque cho regalan, e o que vale un can de raza con pedigree. Tamén porque se lle viña chamando palleiro a un "mil razas", cando o can de palleiro é unha das razas autóctonas que temos en Galiza. E a ver cal prefire un pastor, un "mil razas" ou un palleiro de verdade?