18.1.07

Acertou

"Supoño que esa fórmula máxica que Touriño di que ten na chisteira será o acordo entre PSdeG e BNG do verán, de incluír no Estatuto o carácter nacional de Galicia, eludir a palabra nación, para ver se o PP entra por aí. Se Touriño fai iso, o PP vai ter difícil dicir que non, pero a pelota estará en mans do Bloque. O BNG cometeu unha imprudencia cando, despois de chegar a ese acordo, dixo que ou nación ou nada e iso referendouno a Asemblea. Haberá acordo se o BNG renuncia á ‘nación’, a non ser que o PPdeG estea en plan de non aceptar nada, como en Madrid"
Xusto Beramendi: “O PP vai ter difícil dicir que non, a pelota vaina ter o Bloque”

No documento facíase referencia á Lei de Símbolos de 1984, que fora consensuada por todos os grupos políticos e aludía ao texto do himno, no que se fala do "fogar e nación común dos galegos". A proposta foi aceptada polo BNG, "nun exercicio de xenerosidade política que se lle agradece", pero non puido saír adiante polo "momento de forte diferenciación e confrontación política" que vive o país. Para Touriño, a proposta do PP faría perder posición ao noso país mesmo fronte a Andalucía, e relegaría o sentimento nacional á corrente nacionalista. Pero, segundo o presidente da Xunta, o clima político actual impediu que houbese o acordo de hai 22 anos, con Fernández Albor e Mariano Rajoy no goberno.
Touriño confirma que haberá reforma, pero agora non é o momento

Segundo Quintana, o PP non estaba disposto "nin sequera" a unha "igualdade xurídica entre o galego e o castelán" e en ningún momento aceptou que se recollese o deber de coñecer o noso idioma. "Teño para min que en toda a xornada de traballo de hoxe navegou por riba de nós unha situación política que non nos compete aos que estabamos na mesa, unha situación que se está a dar en Madrid"

O líder do PP dixo que no PP : "definimos a Galiza coma unha rexión hitórica occidental europea dende a idade media", indicando que "presentamos un Estatuto que facía guiños moi valentes ao nacionalismo"
Feijóo: "Avanzamos pero non foi posíbel"

As propostas de preámbulo do BNG, PSdG e PPdG polo miúdo.

Feijóo, ademáis de traer a ETA(aos medios) a Galiza despídese do seu futuro político na nosa terra. En Madrid será benvido. Que lle vaia tomalo pelo a outros, alí poderá facelo de xeonllos.

2.1.07

1 de Xaneiro

Collo o Vitrasa e? 1'03 €!! Así se apoia o transporte colectivo...
A imagem “http://www.lavozdegalicia.es/archivos/vinhetas/2006/12/pinchi30.jpg” contém erros e não pode ser exibida.
Xa é unha tradición viguesa.

"Fito importante no rumbo seguido polo Iraque para converterse nunha democracia que se poida gobernar, soster e defender"

"Saddam conduziu a Guerra contra o Irã entre 1980 e 1988. Contou com o apoio dos Estados Unidos, então governado por Ronald Reagan, que esperava a derrocada dos xiitas iranianos e de seu líder espiritual, o aiatolá Khomeini."
"Saddam também foi julgado por genocídio contra curdos iraquianos, cometido em 1980, com mais seis outros réus. Esse julgamento deve continuar mesmo após a morte do ex-presidente." Wikipedia en portugués

"O pasado 5 de novembro, o Tribunal Especial de Bagdad condenou a morte a Sadam Husein pola matanza, en
1982, de 148 chiíes na localidade de Dujail en resposta a un presunto intento de asasinato contra o entón presidente." GZnación

Quixen ilustrar este post cun debuxo aparecido nun xornal italiano, coa Estatua da liberdade sostendo unha soga, pero non a din atopado.

Actualizado 3-I-07 Recomendo Aberrante, Javier Ortiz
e máis polo miúdo A nosa complicidade morreu con el, de Robert Fisk(The Independent)