Mostrar mensagens com a etiqueta psdg. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta psdg. Mostrar todas as mensagens

9.9.09

Ti tampouco es de fiar

"Non haberá máis bipartitos" Vieiros

"Si se dan las circunstancias dentro de tres años y medio de que tenemos una mayoría sólida, aunque no absoluta, para gobernar, tomaríamos la decisión de gobernar. Y si no nos dejan gobernar, que lo haga quien tenga que hacerlo. Que el modelo del País Vasco está ahí ¿Qué puede darse? ¿Que aun no teniendo mayoría absoluta el PP pueda gobernar? Pues puede pasar. Y tampoco pasa nada, si lo deciden los ciudadanos." El País

E que o diga un que foi alcalde d'O Carballiño e conselleiro na Xunta grazas a bipartitos co BNG.
Senón hai un proxecto común nacional porqué o ía haber local? Hai unha ETA en Galiza? Os votantes e, ou os militantes do PSdG prefirirían que gobernase o PP antes que volver gobernar co BNG?

9.11.08

Que vergoña PSdG !!

"naceu hai un ano e ten varios dirixentes que foron nas listas electorais socialistas. Con todo, a Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) recibiu máis de cen mil euros este outubro. Coas subvencións logradas polos seus asociados, a suma é de 622.790 euros, o 54% do que repartiu a Xunta."

"A maioría dos 30 colectivos da FEGAMA foron creados esta lexislatura. A lista de socios é ben curiosa, pois cinco asociacións defínense como “naturistas”, o que popularmente se coñece como nudistas. Varias delas fundadas en lugares inhóspitos para andar espido, como Guitiriz ou Chantada. "

"A Xunta cambiou os criterios das axudas este ano
A FEGAMA acaba de acceder a un gran volume de subvencións, máis de cen millóns das antigas pesetas, xusto despois de que a Consellería cambiase profundamente os criterios da convocatoria. Por exemplo, un dos puntos máis valorados en 2007, “actividades desenvolvidas nos dous últimos anos” desapareceu. A Consellería tamén deixou de valorar outros baremos obxectivos, como o número de voluntarios ou a antigüidade.
A demais, a Xunta lanzou este ano por vez primeira liñas de axudas específicas para federacións; as que só puideron presentarse FEGAMA e FEG. O resultado é que a FEGAMA, sen sumar os seus asociados, recibirá case 180.000 euros. Os seguintes colectivos máis favorecidos na resolución, como a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), non chegan aos 30.000.
"
Un grupo próximo ao PSOE recibe o 54% das axudas. A Nosa Terra

"Non queremos un ecoloxismo fundamentalista e propoñemos unha forma distinta de facer as cousas" Medio Ambiente asigna 622 mil euros para "un ecoloxismo a medida". Vieiros

Ecoloxistas acusan a Medio Ambiente de "amañar" axudas para colectivos afíns. El País

Actualización(17-XI-2008). "É a primeira vez que nos presentamos a unha convocatoria pública e transparente e nas mesmas condicións que outros grupos."
"Levamos anos traballando pero nunca estivemos rexistrados nin saíamos nos medios. Porque todo o faciamos por vocación e ós únicos ós que timaños que renderlle contas era ás nosas familias ou amigos."
Miguel Acuña: "Fuximos do ecoloxismo de laboratorio na busca dun máis próximo ó medio rural e á súa xente" Galicia-Hoxe

22.4.08

En que mundo viven?

"¿Que se discute de fondo? Pois se discute un cambio de modelo nos concellos, como creo na Xunta de Galiza, no Estado e en Europa, pero creo nos concellos, nos grandes e os pequenos", recalcou. Sobre este suposto "cambio de modelo", preguntouse por "a necesidade de que se cren novos centros comarcais para dar servizos de benestar". "¿Seica non o sabemos facer ben os municipios?".
"Aquí o que existe politicamente son Goberno central, Xunta de Galiza e concellos. Non existen outros órganos, entón se a
quí queremos implantar a comarcalización que se supriman os concellos e as provincias, que creo que sería unha tolemia. Isto é o que se discute", exclamou.

Pero vostede sabe cantos concellos hai en Galiza? 315 Sr López Orozco, 315!! Cantos deses 315 concellos poden te-los servizos que ten un coma o seu de 93.853 habitantes? Cantos deses 315 perden poboación? Haberá algunha relación entre esa perda poboacional e a falta de servizos?
Bótelle unha ollada á prensa, o mesmo día(22-IV-08) no xornal La Voz de Galicia
Máis de 2.000 persoas maniféstanse en Lugo contra a supresión do primeiro ciclo de ESO en sete concellos
A poboación galega por encima de 65 anos duplicouse en tres decenios

Os nenos de ata catro anos apenas son a metade que ao comezo da democracia

Tamén lle informo que segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas.
Cal é a alternativa a centrarse nas comarcas no interior de Galiza? A emigración ás cidades? Non será vostede o que desexa a extinción dos concellos?
Iso explicaría que no seu PXOM aprobado inicialmente, redactado con maioría absoluta, previse en 10 anos a construción de 120.185 vivendas(76.370 en chan urbano e 43.815 en periurbano e rural) para 338.923 novos habitantes. Artigos 20.1 e 21.1
Explicación que expreso de forma retranqueira, porque en toda a provincia de Lugo hai 357.625 habitantes(contando os 93.853 da capital luguesa).
Non se pase co número de misas para ser coma Paco Vázquez, que con eses datos xa me lembraba a Marbella e Julián Muñoz.


marcou de novo as distancias co BNG ao advertir que a Xunta deberá reflexionar antes de pedir a transferencia de Salvamento Marítimo, considerando o gran custo do servizo, e que este está ademais rexido pola Lei de Portos e Mariña Mercante

"que non teñamos que volver facer un goberno de coalición". "Temos que liderar a onda de cambio para as autonómicas"

Elena Espinosa

Antes de nada, agradecerlle o seu cambio coa nosa lingua, agora semella expresarse en galego cando vén a Galiza e non teño coñecemento de pérolas do calibre das que dicía no 2005. (Cecais, até foi vostede esa visita que recibín dende o seu ministerio naquela data)
Agredecerlle o normal, como algunhas políticas normais en igualdade no século XXI do goberno español que preside o Sr Zapatero, e do que non coma votante e si coma de esquerdas, agardaba bastante máis, sen esquecerme do suposto federalismo do PSOE e recoñecemento coma nación do PSdG.

Con respecto ao Salvamento Marítimo, ou invisten mal os cartos ou teñen que investir máis, porque os espectáculos nos medios neste último ano, e as mortes que houbo non son para estar orgullosa. E con ese nome, "Salvamento Marítimo", de ser mariñeiro preferiría que a organización deses "salvadores" estiveran o máis preto de min. Paréceme que son competencias que con toda lóxica se debería encargar a Xunta, e neste momento, unha consellaría que leva o PSdG.

Eu, coma nacionalista tamén desexo que o BNG poida gobernar en solitario, pero son realista. E o seu partido tamén o debería ser, por exemplo, dos 868 votos que o PSOE ten na FEGAMP, 728 corresponden a alcaldías obtidas grazas a acordos co BNG.
E esa maioría que ten o PSdG, chuleada ao BNG, para que a emprega? Pois para dinamitar ou por trabas ás medidas que máis rachan cos tempos de Fraga.
Se xa a onda de cambio do BNG é de ría, a do PSdG é de lagoa. Céntrese nas persoas e non no reparto do poder, polo ben da maioría.