9.11.08
Islandia e os USA
Encantaríame unha Galiza á islandesa na educación, na sanidade, na lingua... e até a súa idea de familia. Viña sendo a nº1 no Índice de Desenvolvemento Humano pola ONU.
A ver como sae da crise e das débedas dos seus bancos.
A boa vida. El País
O máis parecido a outro planeta. La Voz de Galicia
O modelo islandés na campaña da Universidade de Vigo, Europa é plurilingüe, Quen sabe galego sabe máis
O primeiro en caer
Obama e a educación nos Estados Unidos. Eduardo González Viaña, Faro de Vigo
Os límites de Obama. Javier Ortiz, Público
5.11.08
O primeiro presidente negro...
Non parece branco? tampouco me parece negro... Ou ten máis importancia non ser branco "puro" a hora de ser ou non ser negro?
É afroamericano? si, por ter unha orixe africana, a do seu pai keniata, pero non por ter devanceiros que foran escravos nos USA.(
Si que me parece relevante, saber que un matrimonio coma o dos pais de Obama Jr. ,naquela época era ilegal nalgúns estados dos USA. E o froito desa parella hoxe chegou a presidente. É un paso necesario e simbólico para a historia dese país, e sendo na 1ª potencia, axudará moito na erradicación de tantas discriminacións no mundo, en Galiza tamén.
Tamén me chama a atención, que nos USA, haxa americanos que discriminen aos afroamericanos, cando, quitando aos indios das películas e das reservas, son todos descendentes de colonos. I en Galiza, con máis séculos de historia(xa había galegos antes do "achádego" de Colón e dos propios Reis Católicos), haxa galegos que se esforcen por non parecer galegos. Ignorancia para supramacistas e ignorancia para o autoodio.
A comparación de Xaquín Marín paréceme que si se axusta a algúns galegos

E tamén a de Beiras
"Érase un "habanero" que trouxo un rapaciño negro, como podía traer un papagaio ou un fonógrafo... O "habanero" morreu, e o negro chegou a mozo, e sinteu, como calisquera galego, a necesidade de percorrer mundos. I emigrou a Cuba; pero a morriña non-o deixaba vivir alí. E farto de chorar voltou â súa terra. Non traía cartos; pero traía un traxe novo, un baúl valeiro e moita ledicia no corazón. Aquel negro era galego"
Debuxos de negros(1939)
Sempre en Galiza(1935-1944)
Pero para min non é o mellor modelo de democracia, nen outra onde exista a pena de morte, nen o mellor modelo socioeconómico(nen tan sequera éticamente defendíbel). Poboacionalmente tería que compararme desde a UE.
Por iso non creo que o "change" sexa nen poida ser moito, din que é un demócrata moderado(vai contar no seu equipo co ex-ministro de exteriores Colin Powell). Tampouco creo, sen entrar en conspiranoias, que a política internacional de Bush puidera responder só as súas ocorrencias. O propio McCain se desmarcou del, como símbolo dunhas políticas fracasadas e de aí que teñan que considerar as súas políticas internacionais, sociais i económicas. Moi destacábel a súa felicitación a Obama(nun estado onde aínda hoxe Rajoy falou do Sr.Rodríguez Zapatero, e non do Presidente Rodríguez Zapatero).
Que mal o estará pasando Aznar(que quería pasar á historia así) e o resto da extremo dereita.(España tamén ten a súa Palin, Esperanza Aguirre.)
Aquí deixo o optimista discurso da vitoria
A obamanía que nos vai quedar nas campañas electorais pode chegar a extremos moi ridículos
24.9.08
Os nazis de Bolivia
pan e coitelo
XOSÉ MANUEL SARILLE ESCRITOR E PROFESORC oido que é en Kaputt onde Kurzio Malaparte reproduce este diálogo histórico: "-Que ten vostede nesa papeleira Caudillo, son ostras? Non, son os ollos que os meus soldados lles arrincan aos inimigos e que despois me regalan". Isto respóndeo no seu despacho Ante Palevic, o líder que instaurou o estado nazi independente de Croacia co apoio de Hitler.
Ao perderen a guerra, os Ustachas, que así se chamaban estes nazis católicos, fuxiron pola Rat Line, a ruta das ratas, que os levou para a América do Sur na compaña dos camaradas alemáns. Alí cambiaron de nome, igual que fixeron Klaus Barbie, Adolf Eichmann ou Mengele. Os croatas e moitos alemáns preferiron Bolivia e establecéronse sobre todo na rexión de Santa Cruz, onde con diñeiro fundaron negocios e lograron a hexemonía social, que procuraron fundamentar na ideoloxía nacional-socialista.
A actual xeración, tamén moi minoritaria e sen mesturas étnicas, herdou os métodos e os principios dos seus antecesores. Cales? O primeiro o racismo. "Viva a raza camba" puña unha das pancartas que estes días se vían pola televisión, mentres a Unión Juvenil Cruceñista e a Nación Camba rebentaban pola rúa aos indios collas, só por existiren. Era unha reprodución exacta do terror nazi dos anos trinta nas cidades alemás.
A suposta raza é no imaxinario deles unha indefiníbel mestura aria e croata con sangue puro español. É dicir un excremento teórico que serve para algo tan práctico como someter ós indios, que son os inferiores. E que no entanto son case toda a poboación.
Santa Cruz é agora unha rexión moi rica, da Media Lúa boliviana. (Por certo que a media lúa é un símbolo da resistencia croata no S. XVI fronte ao Imperio Otomán. Fronte aos turcos). Co diñeiro da extracción do gas o goberno central creou o bono escolar Juancito Pinto. Os alumnos reciben 20 euros ao ano, nun intento de frear a deserción; e os vellos trinta ao mes, para diminuír a indixencia da inmensa maioría. ¿Como van tolerar estes brancos que as rendas do petróleo as administre o goberno de Evo Morales, un indio ao que lle chaman mono, cando eles son a raza superior?
------------------------------