8.9.09

3'75 % é menos co 14 %

E aínda pode ser menos cos "muiñiños"

FRONTE AO 14% DE ACCIÓNS DO BIPARTITO
O canon eólico do PP é só o 3,75% da facturación A Nosa Terra

"A nova norma tamén marca como criterio a influencia no desenvolvemento da rede eléctrica"
"o Executivo autonómico que preside Alberto Núñez Feijóo decidiu, tras consultar á asesoría xurídica, botar abaixo esa fórmula, por considerala ilegal. Entenden que vulnera o artigo 38 da Constitución que proclama a liberdade de empresa"
"o Executivo espera recadar 22 millóns de euros anuais en canto entre en vigor o canon, cifra que aumentará ata os 30 millóns ao ano cando estean en funcionamento os novos parques e se alcancen os 6.500 MW que Galicia se fixou como meta para o 2015."
"O presidente de Ventonoso, organización que agrupa a propietarios afectados por parques eólicos, cifra o beneficio anual que a Administración obtería mediante a participación pública prevista en 73 millóns de euros, só cos novos parques, mentres que o canon recadará menos gravando todas as instalacións, as xa establecidas e as futuras." Galiciae.com

"liberdade de empresa", coma se calquera puidese ter un muiño na súa leira... e a deus grazas que non.

"está na súa man diminuír o pagamento do canon eólico. Investir en tecnoloxía e pór muiñiños que produzan a mesma enerxía supón diminuír o canon." Alberto Núñez Feijóo no Galicia-Hoxe


"La construcción de las nuevas plantas de San Esteban II, San Pedro II y Santa Cristina permitirá impulsar la inversión en energía eólica prevista en Galicia." Iberdrola


Investimento previsto cando aínda están redactando o anteproxecto para volver repetir o concurso eólico...

Actualizado 
os empresarios ratificaron que a suspensión do último concurso de adxudicación de potencia seguiu ''un procedemento inadecuado'', xa que, de ser ilegal, debería ser eliminado o decreto 242/2007, ao amparo do que se creou o concurso. Segundo a patronal, ''non procede'' suspender o concurso polo mero feito de que se vaia a presentar outra normativa.
Así mesmo, EGA declárase ''radicalmente en contra'' da imposición dun canon autonómico que resultará, segundo denuncia, ''discriminatorio'' se só se aplica aos parques e non a outras instalacións con iguais ou maiores supostos efectos paisaxísticos. Galiciae

Con este recurso, son xa seis os grupos aos que lle foron adxudicados megavatios co concurso eólico do Goberno bipartito os que confirmaron que acudirán ao Superior: Enerxías Renovables de Galicia, Aucosa, Ventos Cooperativos, Viraventos Energy, Inesgal e Ventos de Bentureira. Fontes xurídicas advirten que serán “moitos máis” os que acaben acudindo á vía contenciosa.

"La parálisis del sector eólico ya tiene sus víctimas, que se cuentan por centenares en la industria auxiliar, un subsector que llegó a emplear a 5.500 trabajadores y que ahora asiste a un goteo de expedientes de regulación de empleo, cierres y concursos de acreedores. La adjudicación de los 2.335 megavatios del bipartito, su posterior suspensión y el proceso de judicialización actual es, en muchos casos, la piedra angular de la crisis subyacente para los fabricantes de componentes, torres, palas y fustes."
"La patronal eólica EGA, que ha denunciado insistentemente durante los últimos meses la parálisis del sector, no ofrece datos exactos sobre la merma de empleos en la industria auxiliar, aunque asegura que los empleos generados se diezman de forma constante y progresiva desde hace año y medio. La industria auxiliar gallega llegó a generar el 80% de los componentes de los parques, de acuerdo con la misma fuente."

Malia que o conselleiro de Economía e Industria, Xavier Guerra, se comprometera a solicitarlle o informe sobre o anteproxecto de lei eólica ao Consello Consultivo, o PP preferiu encomendarlle o labor a un “prestixioso bufete de avogados de Madrid”, segundo denuncia o BNG.



O portavoz de industria do PSdeG e alcalde das Pontes é o xerente de Iberdrola en Galiza.
Artigo de Fernando Blanco Parga, ex-deputado do BNG responsable de enerxía, no que compara os dous anteriores decretos do PP que repartiran 4.200 Mw co decreto do BNG que licitou 2.325 Mw. Tamén desvela esta vinculación nas filas do PSdeG que podería gardar relación coas decisións e declaracións de Pachi coma conselleiro de Medio Ambiente.
O negocio eólico na Galiza. Galicia Confidencial

A través dun comunicado, a FEG cualificou de "burla" que o novo Goberno galego pretenda "vender" a repartición eólica de 2.300 megavatios como "algo novo e óptimo" cando se está "aproveitando" das "físgoas legais" do "desfasado plan de 1997". Unha repartición "de tal potencia" partindo dunhas "nulas" garantías ambientais baseadas, entre outros aspectos, na "rebaixa" do proceso de avaliación de impacto ambiental, a "simplificación" na tramitación, e o "desprezo" da Rede Natura 2000.
A Federación Ecoloxista Galega ve 'pésima' a lei eólica e nela os 'escuros intereses' do PP. A Nosa Terra

En plena recesión mundial, a economía de Bolivia, cos maiores índices de pobreza do continente americano, creceu a unha media do 5,2% desde que goberna o actual presidente, Evo Morales. O crecemento porcentual da economía do país andino en 2009 "é o máis alto do hemisferio" segundo un informe publicado polo centro estadounidense para a Investigación Económica e Política (CEPR, en inglés), e destaca un factor por encima de todos: "A recuperación do control dos recursos naturais por parte do Goberno".
A economía boliviana creceu con Evo máis que en tres décadas (a clave, facelo ao revés que Feijóo). Público



Unha firma investigada polo Consello de Contas reformou a web do Xacobeo polo menos 20 días antes de que a Xunta lle adxudicase este contrato.

Un dos socios de Hépotas S.L. é Juan Ramón Díaz; ex-director de La Voz de Galicia e actual vicepresidente de Editorial La Capital. Logrou o primeiro permiso para os muíños durante o Goberno Fraga, sen concurso e só meses despois de ser constituída o seu principal inversor.

In Galicia, the former head of industry and energy is facing charges of influence trafficking for granting approvals for seven wind parks developed by his brother-in-law.
(En Galiza, o ex responsábel de Industria e Enerxía afronta cargos de tráfico de influencia por dar licenza a sete parques eólicos desenvolvidos polo seu cuñado", en referencia ao ex director xeral de Industria Ramón Ordás Badía.) Vieiros

O 15% da compañía Medios Audiovisuales Gallegos do Grupo Voz é de Manuel Jove
¿Por qué el Señor Rey de La Voz ha pedido que se dejara para después de las elecciones el concurso eólico cuando a el le concedió la licencia de TDT un gobierno en funciones, que ya había perdido las elecciones?.
Relacións eólico-mediáticas. Galicia Confidencial

Concurso eólico, PP vs BNG “en lugar de fortalecer ás comunidades rurais colleuse o negocio e trasladóuselle gratuitamente a compañías multinacionais que nin sequera están vinculadas, directa ou indirectamente, co tecido empresarial galego”
os propietarios dos montes víronse indefensos fronte aos equipos de avogados destas multinacionais que acudían ás súas casas para dicirlles que naquel monte ían a instalar un parque eólico e que, ou aceptaban o acordo que lle propuñan ou ían a expropiar. “As empresas sempre xogaron coa espada da expropiación para propiciar acordos nalgúns casos ridículos” afirma Simón, que non dubida en dar varios exemplos sobre este tipo de “pactos”, “falo de casos coma, os de Acciona na Serra do Xistral onde comezou pagando 900 euros por muíño, e outros similares na zona do Barbanza coa empresa Gamesa, unha das principais operadoras”.

“ata o punto de que podemos afirmar que no 95% dos casos as empresas enganaron vilmente aos donos dos terreos. Cando imos a un parque e lle dicimos a ese propietario que ese parque facturou o ano anterior dez millóns de euros e que a empresa con 150.000 euros liquida aos propietarios, a sorpresa é maíscula”.

En relación ao novo decreto que regula a enerxía eólica en Galicia, publicado en decembro de 2007 pola Consellería de Industria (BNG), consideran que introduciu cambios importantes na xestión deste recurso. Sobre todo fan fincapé na limitación do desenvolvemento eólico nos espazos con valores ambientais e o establecemento dun método de concorrencia competitiva entre os distintos promotores, algo inexistente ata ese intre.

No que a rendas se refire salientan que co novo decreto hai promotores que ofreceron á Xunta ata o 15% da facturación total e hai tamén principios de acordo entre promotores e propietarios que cuadriplican o prezo medio pagado ata este momento.
SINALA A PASIVIDADE DA XUNTA DO PP COS ESPECULADORES
 
  
As sete diferenzas do novo concurso eólico http://feijoomente.blogaliza.org 


A lei autonómica actual, aprobada a finais de 2009, é tamén moi mellorable e contraditoria, considera o estudo. Crea o canon eólico, que penaliza o impacto ambiental destas instalacións, a pesar de que a eólica é unha enerxía de réxime especial, bonificada por unha normativa a nivel estatal.
"¿Bonificamos por un lado e penalizamos por outro? Non ten moito sentido", reflexiona Rosa María Regueiro. "

A lei eólica galega bonifica as actividades de repotenciación como elemento de menor impacto ambiental, unha valoración á que Rosa María Regueira ponlle peros.  "Debemos pensar se substituír un aeroxerador por outro de maior potencia implica menor impacto ou non. Un dos máis habituais en Galicia ten un diámetro de palas de 47 metros e unha potencia de 750 kilovatios. Outro modelo de 2,1 megavatios chega aos 56 metros de diámetro e os de 4,5, aos 112. Cos de 8 megavatios, que existen en Dinamarca, falamos dun diámetro de palas de 166 metros, é dicir, cada unha mide como a dun Airbus 380. Ten un impacto visual moito maior, e tamén acústico", detalla.
O cambio de muíños tamén xera novos danos no chan, xa que as zapatas dos vellos aeroxeradores non poden ser aproveitadas. 



Sem comentários: