13.2.06

Últimos achádegos na música galega

Misquious, pop electrónico con letras en inglés e en galego, un bo pulo á musica avanzada galega dende Ferrol.
Meu, pop "británico" e en inglés. Entrevista en Muzikalia
Cenk, punk-celta dende Lausanne, Suiza. Un coktail suizo-galego-irlandés, coa gaita de Xurxo, un fillo da emigración galega.

Ith, Rock da Montaña(Mesía, Frades, Boimorto....), ao estilo dos primeiros Suaves e en galego.
Skarmento, e de paso solidarízome con eles, hai cada subnormal.
Outros, non son recentes pero descoñecíaos
Cubala, "é un trío que emprega o pop, o deseño e a electrónica estourandoos da maneira que mellor lles convén para compoñelo seu discurso".
Maina, "Ola calma" ao Oceáno Atlántico.
Marful, "na procura do difícil caminho da emoçom e conseguir o equilíbrio no fio da ambiguedade a través da sua proposta musical".
En tódalas ligazóns dos grupos tedes música para descarregar

2 comentários:

Anónimo disse...

Cenk promete, sempre gostei do rock, ska, punk... e a música celta. Teño por ahi unhas cancións que misturan o ska e á música celta e non estan mal e tamén están os Dropkick Murphy's moi coñecidos en Eire que fan punk con gaitas e non estan nada mal.

A ver que tal.

Unknown disse...

Engadir a Igloo, Kimuru, Niño y Pistola, Apeiron. Ou mesmo os xa coñecidos Nadadora.