8.2.06

"Birretes" A Película

"En realidade, Pedro Campos, Telmo Martiño e Xosé Cuiña formaron durante longo tempo unha trinidad náutica, poderíase dicir que un trimarán económico para navegar polas ricas augas litorais de Sanxenxo.
Xosé Cuiña, política "alma mater" que fixo posible o invento dende a súa consellería, xa non está; pero segue estando doutro xeito. Pedro Campos, aínda mellor negociante que nauta, aparece por todos os sitios onde haxa beneficio. E Telmo Martiño, todo un clásico exemplo de alcalde do PP de Galicia, segue ao seu, o de sempre.
¿E a quen nomearon vicepresidente do Club Náutico da súa propiedade? Pois a Luís Rajoy Brey, notario de profesión e hermanísimo do outro. Un bo contacto para compensar o de Cuiña. Das cousas de Sanxenxo non dará fe, iso seguro." Náutico de Sanxenxo: bastante máis que un club (VigoEmpresa.com)

"Entre ambos(Louzán/Figueroa) manexan unha Deputación de Pontevedra onde actúan como parella de feitos habidos e por haber. Un organismo no cal dende fai tempo suceden cousas tirando a raras. Como o divulgado e grotesco caso do emprendedor chofer do compañeiro presidente, que en paralelo exerce de empresario de confianza, por dicilo así, obtendo xugosas contratas de vías e obras en toda a provincia mentres segue ao volante do coche oficial. Un episodio propio de película americana de república bananera. Ou de comedia bufa." Moi mal está o PP de Galiza
(VigoEmpresa.com)

Nigrán: Alfredo, Horacio Gómez, Florentino Pérez, Eugenio Eiroa... Monteferro, dous coches e unha casa queimada.

Namentres Núñez Feijoo xoga a galeguista

Sem comentários: